O salón conta coa figura do País Convidado, unha iniciativa que ten moi boa acollida por parte do público asistente ao salón e unha gran repercusión entre os medios de comunicación.

A condición de País Convidado en Xantar leva implícito convertirse no eixo da comunicación da feria, protagonizando todas as mensaxes así como outras accións transversais do proxecto. Todo elo supón unha gran promoción dende un evento que é seguido por numerosos medios de comunicación tanto xeralistas como especializados en Turismo e Gastronomía de toda España e Portugal dada a singulariedade do salón.

Sen deixar de lado o seu obxectivo principal de promocionar a gastronomía e o turismo de Galicia, Xantar introduce esta figura na edición de 2007. O primeiro País Convidado foi México, que estivo representado polo Estado de Jalisco. Posteriormente ocuparon este papel: Portugal (2008), A Arxentina (2009), Francia (no ano 2011, de man da cidade de Ville de Quimper que está hermanada con Ourense), as Illas Azores (2012), Perú (2013), Cuba (2014) e Costa Rica (2015). En 2016 esta figura a ocupou o Estado de Morelos representado por segunda vez no salón a México. Nesta edición, os países convidados ata o de agora seguirán vencellados a Xantar que vai contar coa presenza de varios restaurantes de Portugal e dun de Costa Rica.

Dispuxeron dun espazo restaurante equipado con 75 postos e dun stand dende o que promocionar o seu destino e a súa gastronomía rexional entre os visitantes. O menú que ofreceu no seu restaurante estivo elaborado polos oito chefs que se desplazaron dende México e que ademáis realizaron diferentes receitas típicas en directo dentro do programa de showcookings.

Panamá participará como país convidado na próxima edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará entre o 1 e o 5 de febreiro de 2017, cun stand dende o que promocionará o destino turístico e dará a coñecer a súa oferta en distintos segmentos. A presenza de Panamá neste evento mundial ten o obxectivo de situarse como "destino cosmopolita e sustentable, conxugando tradición e modernidade" e espertar o interese dos europeos para que gocen dos seus múltiples atractivos turísticos.

 

 

 

 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017