¿Onde está Morelos

 

Morelos é un dos estados mellor comunicados do país. Para chegar dende o Distrito Federal basta tomar a autopista Cuernavaca (95 D), e en 50 minutos estarás arribando á capital de Morelos. Para chegar dende outros puntos, Morelos conta ademais coa moderna autopista século XXI, que o conecta co estado de Puebla polo oriente. Se viaxa dende o sur, a autopista do Sol é o mellor camiño: Une a Morelos co estado de Guerrero, dende o porto de Acapulco.Dende outras cidades tamén parten autobuses quelevan a Cuernavaca e outros destinos do interior de Morelos.

 

Gastronomía de Morelos

A súa cociña é única no seu tipo, ten todo o que un padal fino podería desexar ou precisar e éncheos de orgullo ofrecer os produtos máis exquisitos, podemos asegurarlle que os seus pratos son frescos e preparados coa calidade máis excepcional.

Pratos tradicionais pódense gozar en lugares como Las Mañanitas, Los Colorines, La Hacienda de Cortés ou La India Bonita, onde se poden encontrar tortitas de tzompantle ou flor de colorín, sopa de tortilla, feixón ayocote (un tipo de feixón máis groso co común), mole pipián, a tradicional carne de chacina de Yecapixtla, servida con crema de queixo freso, entre outras delicias. Tamén é posible degustar pratos típicos de outras áreas de México, así como una ampla variedade de pratos internacionais. Polo tanto, Morelos é un paraíso para todo tipo de gustos, incluso do más exixente visitante".

 

Chefs de Morelos participantes en Xantar


O Estado de Morelos participará en todas as accións do salón presentando o mellor da súa gastronomía, tanto no seu restaurante como no programa de shoowcookings en directo. Morelos aposta forte polo seu papel en Xantar e despraza ata Expourense unha delegación de oito dos seus mellores chefs para que sexan os encargados de elaborar un menú que conxugará a tradición e a innovación que definen á cociña morelense.

 

Máis información sobre os chefs, aquí

 

Morelos, atoparse cun mesmo.

Cando Alfonso Reyes, pensador clave do México moderno, buscaba un respiro da súa intensa labor creativa, viaxaba ao estado de Morelos. De aí o fermoso soneto, no que o mesmo Reyes quere irse xa a Cuernavaca, a do doce retiro... Por suposto que o Monterrey universal, non era o único que sabía que o estado de Morelos é un val paradisíaco. Onde un pode relaxarse entre as árbores, flores, bolboretas e paxaros...

Podemos imaxinar a harmonía que sentiron os poboadores ancestrais, Maximiliano ou Alfonso Reyes no goce que lles provocaba a natureza, o descanso e o bo comer para despois reanimarse co vento da montaña, sopro dos volcáns nevados. Hoxe, as rutas de Morelos están impregnadas do espírito de Zapata; os seus pobos máxicos, da fragrancia a pan fresco e paisaxes salpicados de místicos conventos. Quén estea disposto ao asombro, encontrará en Xochicalco a alma da cultura, e para quen busquen o equilibrio da saúde, os balnearios e temazcales recibiranos cun sereno abrazo.

A abundancia do estado de Morelos está aberta a xoves que busquen aventuras na natureza, a quen queira pasearse durante os solpores morados bugambilia, a namorados cuxas vidas se unen ante o clima perfecto, a empresarios que buscan hoteis tranquilos para as súas reunións. Para todos, a alegría de tomarse un alento, porque Morelos é tradición, é saúde e felicidade. É a celebración a través da natureza, son o símbolo da identidade mexicana; o misticismo interesado en harmonía e paz, como flores que remiten un pasado milenario.

Morelos é orquídea, noiteboa, rosa, caravel e xeranio; a primavera alegre de México. Pero tamén chacina de Yecapixtla, soá de porco, froitas tropicais. Trinta e tres municipios onde a aventura, a cultura e o romance renacen. Morelos é reencontrarse cun mesmo.

 

A Primavera de México

Video sobre Turismo en Morelos: Consulte aquí.

 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017