Costa Rica participará para promocionarse como “destino gastronómico único, diferenciable, amigable e sostible”, algo que coincide cun dos principales obxectivos da próxima edición de Xantar.

A participación de Costa Rica como país convidado materialízase a través do impulso da empresa de auga mineral “X-PINNER WATER” que conseguiu a colaboración para participar neste evento da Cámara Costarricense de Restaurantes e Afins (CACORE), a principal asociación empresarial do sector do país con máis de 350 asociados. Esta entidade está amparada polo Instituto Costarricense de Turismo (ICT), xa que ambos traballan na execución do Plan Nacional de Gastronomía Sostible e Saudable.

Costa Rica estará presente en todas as acciones previstas para esta 16ª promocionando  a súa gastronomía, turismo e produtos agroalimentarios. Contará cun restaurante propio dentro do salón que estará liderado polo prestixioso chef, Luis Guillermo Castro Pérez, natural deste país. Es Chef Instructor Certificado pola Asoiación Mundial de Chefs, ten dirixido, adestrado ou auditado a máis de 50 restaurantes no Caribe, Centro e Sur de América. 

 

 

A empresa responsable “X-PINNER”, auga mineral Premium xurdida das montañas costarricenses, viu en Xantar unha boa oportunidade para introducir o seu produto no mercado ibérico. Este auga, que destaca pola súa gran calidade e pureza, está concibida para “deportes extremos” e poderá ser degustada no salón.

 

Amplíe información sobre “X-PINNER Water, Aquí.

 

 

 

 

Costa Rica únese así á lista de países convidados en Xantar reforzando o carácter internacional do salón e o seu vencello con América Latina. Antes de Costa Rica, participaron como convidados Cuba, Perú, Francia, A Arxentina, Portugal (e Illas Azores) e México.

 

Gastronomía de Costa Rica

Costa Rica é un pequeno e fermoso país de Centroamérica, que destaca mundialmente por non ter exército, xa que ten como principio fundamental a paz, o respeto e a soberanía. 

Ademais,  conta co privilexio de gañar en forma consecutiva, polo Índice Happy Planet, o primeiro lugar como o país máis feliz do mundo.  Para isto mídense o benestar dos habitantes, a esperanza de vida ó nacer e a pegada ecolóxica.

 

 

A gastronomía pertence a lista de atractivos utilizados polo Instituto Costarriqueño de Turismo (ICT) para fomentar a visita de turistas ao país e é un dos piares da súa Marca País "Esencial Costa Rica" que, ademais de estar enfocada na riqueza natural e a sostibilidade, engloba outros conceptos como a música, a artesanía ou a danza.

Costa Rica é o primeiro exportador mundial de piña, e ocupa os primeiros postos na exportación de banana, iuca ou melón e cada vez adquiren maior fama os seus cafés e licores. A cociña deste país é xeralmente bastante saudable e equilibrada, con carnes e vexetais frescos, herbas e especias.

O arroz e os feixóns constitúen os ingredientes básicos en case toda a cociña costarriqueña e a comida non adoita ser picante como a de países vecinos. Una comida típica é o "Casado", que consiste de arroz e feixóns, carne ou peixe, plátanos fritos e ensalada de repolo e tomate.

 

 

Outro prato tradicional é a "Pota de carne", un delicioso cocido preparado con carne, papas, cenorias, chayote, plátanos e iuca. A sopa negra é unha sopa sinxela feita con feixóns negros. A sopa demondongo é un opíparo prato preparado con calos e vexetais. O "patí" é un pastelillo picante de carne que se asemella a unha empanada. O "rondón" é unha sopa de peixe con plátanos, froita de pan, pementos e especias.

 

 

Enlaces de interese

Cámara Costarricense de Restaurantes y Afines: www.cacore.cr
Instituto Costarricense de Turismo: www.visitcostarica.com

 

 

 

 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017