23-03-2017 Ourense protagoniza o Día de Galicia na 50ª Feira AGRO de Braga

  • >> A delegada territorial da Xunta de Galicia, o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense e o diretor xerente de Expourense encabezaron a comitiva galega

    >> Expourense conta cun stand no que promociona as súas citas nas que a cooperación transfronteiriza xoga un papel fundamental e que foi visitado polo ministro de Agricultura de Portuga, Luis Capoulas

Braga - Portugal, 23/03/2017.- A 50ª edición de AGRO, a Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación, que se celebra dende hoxe e ata o vindeiro domingo na localidade portuguesa de Braga, celebrou nesta xornada inaugural, o Día adicado a Galicia que estivo representada por Ourense. Contou cunha visita institucional integrada pola delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, polo vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense e presidente do INORDE, Rosendo Fernández Fernández (ambos os dous membros do Padroado da Fundación), polo director xerente de Expourense, Alejandro Rubín Carballo, e por medios de comunicación ourensáns. 

O acto oficial de inauguración estivo presidido polo Ministro de Agricultura de Portugal, Luis Capoulas Santos, e incluíu ademais a intervención da delegada territorial da Xunta de Galicia que destacou a importancia das relacións de cooperación transfronteiriza entre Ourense e o Norte de Portugal. Participaron ademais o presidente da Cámara Municipal de Braga, Ricardo Rio, e o presidente de Invest Braga, a entidade propietaria do Parque de Exposicións de Braga e promotora de AGRO, Carlos Oliveira.

Durante o percorrido inaugural, a comitiva detívose no stand de Expourense onde o vicepresidente da Deputación e membro do Padroado de Expourense, Rosendo Fernández, fíxolle entrega ao presidente da Invest Braga, dunha placa conmemorativa e felicitou á organización por este 50 aniversario dunha cita que desenvolve un relevante papel de promoción e divulgación dos produtos e que serve de punto de encontro das empresas agroalimentarias de todo Portugal (e tamén algunhas galega) recibindo máis de 100.000 visitas en catro días.

En virtude dos convenios de cooperación transfronteiriza que Expourense mantén con distintas entidades do Norte de Portugal entre as que se atopa o Parque de Exposiçoes de Braga, o recinto feiral ourensán conta cun stand dende o que está a promocionar as súas vindeiras citas vencelladas ó sector primario e ó turismo e nas que o mercado portugués xoga un importante papel. Ambas as dúas entidades colaboran para garantir a promoción dos seus recursos nos eventos organizados pola outra e que están vencellados co termalismo, a gastronomía ou o viño, potencialidades que comparten as dúas áreas da Eurorrexión. 
Durante a visita da comitiva inaugural ó stand de Expourense, ofreceuse unha degustación de produtos galegos de empresas colaboradoras da como é o caso das Denominacións de Orixe Ribeiro e Monterrei ou de Aceites Abril. Tamén se fixo promoción de dos produtos de calidade de Galicia recoñecidos con D.O. ou I.X.P. e dos viños premiados nas distintas catas oficiais organizadas pola Xunta de Galicia.

As citas que Expourense está a promocionar en AGRO estes días son:

- VINIS TERRAE, 7º Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade – 3 e 4 de abril de 2017.

- TERMATALIA, 17ª Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar – 20 a 23 de setembro de 2017.

- XANTAR, 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico – 31 de xaneiro a 4 de febreiro de 2018.

Con esta participación en AGRO, Expourense reforza as súas relacións de cooperación transfronteiriza especialmente enfocada ao ámbito agroalimentario e ó turismo de proximidade co obxectivo de fomentar a competitividade das empresas galegas e, dun xeito especial, dos pequenos produtores ou cooperativistas.





Imágenes asociadas

 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017