09-03-2017 Xantar 2017 superou o índice de satisfacción de expositores e visitantes respecto de edicións anteriores

  • >> Os visitantes outórganlle unha valoración xeral de 8,6 (sobre 10) e os expositores un 8,0

    >> O restaurante de Maceda e o de Panamá foron os mellor valorados polos comensais 

A un mes da celebración da 18ª edición de Xantar, a organización xa analizou os resultados das distintas enquisas de satisfacción realizadas durante a feira a expositores e visitantes. 

A valoración xeral obtida da mostra realizada entre as máis de 24.000 visitas  cualifican a Xantar 2017 cun 8,6 de media. As actividades e showcookings e a calidade tanto dos expositores como dos menús ofertados foron os aspectos máis valorados polos visitantes. Polo que respecta aos expositores, estes outorgan unha nota de 8 puntos de media ao salón.

Nestas enquisas tamén se preguntou pola calidade dos menús que ofrecían os 15 restaurantes participantes nesta edición. Todos eles obtiveron unha nota superior aos 8 puntos, sendo o do concello de Maceda, cunha nota de 9,6 o máis valorado.  Os bos resultados obtidos foron os que levaron á organización de Xantar a concederlle o premio ao “Mellor Restaurante” da 18ª edición. O restaurante de Panamá ocupa o segundo posto cunha valoración de 9,3 puntos.




Imágenes asociadas

 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017