19-01-2017 O CRAEGA organiza unha xornada de comercialización de produtos ecolóxicos de Galicia

  • >> Será o 27 de xaneiro, de 10 a 17h, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro (Praza de España, 3) en Monforte de Lemos (Lugo) 

O C.R.A.E.G.A. - Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia - organiza unha xornada de formación en comercialización de produtos ecolóxicos. Será o 27 de xaneiro, de 10 a 17h, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos (Lugo).

A xornada pretende dar impulso á comercialización dos produtos ecolóxicos de Galicia a nivel nacional e internacional, expoñendo diferentes puntos de vista sobre o mercado da produción ecolóxica, centrándose en aspectos relacionados coa xestión comercial e o márketing.

As persoas interesadas en asistir poden solicitar a súa praza nos números de teléfono 982 405 300 / 678 645 549, ou a través dun correo electrónico (AQUÍ) ou dun formulario de inscrición específico (AQUÍ).



 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017