12-01-2017 Anticípate a San Valentín, convida a túa parella a Xantar e gaña unha viaxe a Azores

  • >> Conta coa colaboración do operador Yu Travel, e será unha viaxe que se deberá consumir no período de Semana Santa

Co obxectivo de estimular a participación de parellas, e dada a proximidade do Día de San Valentín, a organización de Xantar puxo en marcha un sorteo especial dunha viaxe do 16 ao 20 de abril a Azores para dúas persoas con voos desde Santiago de Compostela ata a Illa de San Miguel (Ponta Delgada) e estancia en hotel de 4 * en réxime de aloxamento e almorzo. Este sorteo é posible grazas á colaboración de Yu Travel.

Todas as parellas que acudan a Xantar a comer ou cear, poderán solicitar previamente, sen custo adicional, o seu Bono San Valentín que lles permitirá participar directamente no sorteo da viaxe.

As reservas pódense facer chamando ao 988 36 60 30 ou a través do mail info@xantar.org



 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017