XANTAR 2017 continuará promovendo o Turismo a través da Enogastronomía, desde un destino como é Galicia no que este produto constitúe un dos principais atractivos para os viaxeiros. Na décimo oitava edición do salón participarán moitos outros destinos enogastronómicos destacados do noroeste de España e Portugal, así como tamén de América Latina como son Panamá (País invitado), Costa Rica e México.

Neste marco, e coa colaboración de Turismo de Galicia, celébrase por primeira vez o I WORKSHOP DE TURISMO GASTRONÓMICO XANTAR que terá lugar o xoves 2 de febreiro.  Esta acción está enfocada a promover encontros B2B entre operadores e axencias especializadas en turismo gastronómico cos representantes dos destinos participantes na feira.

Participantes no I Workshop de Turismo Gastronómico:

 

 

 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017