Horario de apertura:

De Mércores a Sábado de 12.00 a 21.00 h.
Domingo de
12.00 a 18.00 h.

Acceso exclusivo con acreditación profesional.

 

Xantar 2017 presenta esta novidade na súa aposta firme por fomentar o consumo dos produtos de calidade procedentes do medio rural de Galicia. Este evento, que cumpre 18 anos, recibe cada edición miles de visitantes procedentes da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal, así como das comunidades limítrofes, e prescriptores de toda a Península Ibérica.

 

A principal motivación daqueles que visitan a feira é a procura dunha experiencia gastronómica, por tanto este escenario é idóneo para favorecer accións de sensibilización relacionadas coa promoción das deferentes clases de queixos con recoñecemento de calidade que existen na comunidade galega.

    OBXECTIVOS:

  • Potenciar o consumo dos produtos con Denominación de Orixe de Galicia.
  • Difundir as características propias de cada variedade.
  • Reflectir a imaxe de calidade dos produtores galegos.

    FUNCIONAMENTO E ESTRUTURA:

  • Acceso só para profesionais ou público obxectivo (prensa, asociacións de consumidores, gastrónomos,…).
  • Cada queixo exposto dispoñerá dunha ficha, cos datos máis relevantes.
  • Será un espazo atendido por camareiros profesionais, tanto na recepción como no servizo.

 

 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017