Horario de apertura:

De Mércores a Sábado de 12.00 a 21.00 h.
Domingo de
12.00 a 18.00 h.

Acceso exclusivo con acreditación profesional.

 

Xantar 2017 contará de novo con Túnel do Viño na sua aposta firme por fomentar a cultura vitivinícola de Galicia. Este evento, que cumpre 18 años, recibe cada edición milleiros de visitantes procedentes da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal, así como das comunidades limítrofes, e prescriptores de toda a Península Ibérica.

A principal motivación de aqueles que visitan a feira é a búsqueda dunha experiencia gastronómica, polo tanto este escenario é o idóneo para favorecer accións de sensibilización relacionadas coa producción vitivinícola da nosa área xeográfica.

     

     

     

     

     

    OBXECTIVOS:

  • Fomento da Cultura Vitivinícola de Galicia.
  • Potenciar o consumo dos viños de Denominación de Orixe de Galicia.
  • Difundir as características propias das variedades autóctonas galegas.
  • Reflectir a imaxe innovadora e de calidade pola que están apostando numerosas bodegas e produtores galegos.

 

    FUNCIONAMENTO E ESTRUTURA:

  • O acceso será só para profesionais ou públicos obxetivo (prensa, asociacións de consumidores, gastrónomos, etc).
  • Cada viño exposto disporá dunha ficha, cos datos máis relevantes, que deberán ser aportados polo produtor.
  • Será un espazo atendido por persoal da organización, tanto na recepción como no servizo de copas para a degustación nesta área.
  • equipamento constará nun área destinada a cada Consello Regulador, dotado de vitrinas de exposición para as botellas, e mesas equipadas para a degustación, dotadas de enfriadores.
  • Punto de ubicación de publicidade de cada Denominación de Orixe.
  • Espazo de promoción destinado aos participantes na web de Xantar, redes sociais e Libro de Xantar 2017.


Consellos Reguladores xa confirmados:

  • C.R.D.O. Monterrei
  • C.R.D.O. Ribeiro
  • C.R.D.O. Valdeorras
  • C.R.D.O. Ribeira Sacra
  • C.R.D.O. Rías Baixas

 

Bodegas e referencias confirmadas -> aquí

 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017