Con motivo de Xantar, a organización da feira preparou para a súa nova edición un novo capítulo gastronómico dirixido aos blogueiros.  Despois do éxito da pasada edición, e co obxectivo de recoñecer o traballo que realizan estas persoas para poñer en valor e difundir a gastronomía galega -algo que Xantar defende desde hai xa 18 anos-, organizouse o IV Encontro de Blogueiros Gastronómicos Xantar cun día dedicado especialmente a eles.

Á vez na que se desenvolven en Expourense máis dun centenar de actividades, estes prescriptores especializados participarán nun programa confeccionado para achegarlles as propostas enogastronómicas que estarán presentes no salón. Entre as actividades organizadas destaca o showcooking que ofrecerán tres dos participantes no encontro o venres 3 de febreiro de 2017 ás 17:00 na aula Gastronómica Media Rural/Cuevas.

 


Participantes confirmados no IV Encontro de Blogueiros Xantar 2017:
(20/01/2017)

 

Coa colaboración de:

 

 

 

 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017