Boletín Xantar
Nome:
Correo:

Página anterior
» A denominación Ribeiro realiza unha intensa campaña promocional en Estados Unidos

>> Os viños ourensáns protagonizaron un programa con 7,4 millóns de espectadores

A delegación formada polo consello regulador da denominación de orixe Ribeiro e sete adegas: Coto de Gomariz, Casal de Armán, Sanclodio, Viña Meín, Nairoa, Adegas Docampo e Viña Costeira, que participou nunha nova acción promocional en Estados Unidos presentando os seus viños na Washington D.C. Food and Wines Festival cumpriron os seus obxectivos ao lograr contactos na importación e nas cadeas de distribución locais, así como mostrar un viño que sorprendeu pola súa calidade aos máis escépticos, segundo fontes do propio consello.

A denominación vitivinícola ourensá estivo tamén presente no restaurante "Jaleo" do prestixioso cociñeiro asturiano José Andrés en Washington DC, e no showcooking que José Andrés ofreceu en directo a máis de duascentas persoas no transcurso da feira e na degustación do diario Washington Post «TastePost».

Destaca ademais o protagonismo do viño do Ribeiro no programa televisivo, líder de audiencia nas mañás neoiorquinas, con máis de 7,4 millóns de espectadores, The Today Show, o día de San Valentín, polo que Jonathan Pogasth, do Library Hotel en Nova York City, recomendou os viños do Ribeiro aos espectadores para celebrar a noite dos namorados.

Poucos días de promoción pero dunha intensa actividade para facer chegar ao público americano un produto que cada vez abre máis e novos mercados coa calidade como bandeira e a defensa da súa elaboración con variedades autóctonas como aval e garantía desa calidade pola que aposta a denominación.


Fonte: La Voz de Galicia. Domingo, 21 de febreiro de 2010.



Fecha: 22-2-2010