Boletín Xantar
Nome:
Correo:

Página anterior
» A Feira do Viño de Chantada acolle a súa 28 edición

 

>> Terá lugar a fin de semana do 13 e 14 de marzo

>> Como novidade se celebran as primeiras Xornadas Técnicas e de Promoción da feira


Como é xa tradicional por estas datas, o próximos mes de marzo Lugo celebra a Feira do Viño de Chantada que este ano chega ao seu 28 edición. O evento terá lugar no fin de semana do 13 e 14 e presenta como novidade unhas Xornadas Técnicas previas á feira.

Así, o concello de Chantada organiza, previo á Feira do Viño, as Primeiras Xornadas Técnicas e de Promoción "Feira do Viño de Chantada". Entre as actividades haberá catas, proxección de películas e conferencias. As xornadas, que se desenvolverán no Telecentro de Chantada, comezan xa o vindeiro luns 1 de marzo e esténdense ata o venres, 12 de marzo. Así mesmo, as actividades terán lugar a última hora da tarde.

Deste modo, este programa de actividades profesionais relacionadas co mundo do viño constitúen a principal novidade deste ano.

A Feira do Viño de Chantada, que celebrou a súa primeira edición en 1983, conxuga de xeito tradicional o espírito das festas dos nosos antepasados coas máis modernas técnicas de elaboración e venda aplicables a un sector que nos últimos anos sufriu un gran crecemento.

Pode consultar  aquí o programa.



Fecha: 22-2-2010