Boletín Xantar
Nome:
Correo:

Página anterior
» A Confraría da Auga de Portugal homenaxea a Narciso Lopes

 

O pasado 9 de xaneiro de 2010, a Asociación de Probadores da Auga de Portugal, celebrou un capítulo da Confraría da Auga que levaba por título “Gala da Solidariedade”. O evento, que tivo lugar en Figueira da Foz (Coimbra), serviu para render homenaxe ao confrade Narciso Lopes, agora membro honorario desta Confraría.
 

Expourense estuvo presente en la gala celebrada por la Cofradía del Agua

A gala contou coa participación de distintas confrarías gastronómicas e enófilas procedentes de toda España e Portugal. Ademais da confraternización entre os seus membros, todas elas renderon homenaxe a unha das figuras máis carismáticas de todo o movemento de confrades. Fundador da Confraría Gastronómica “O Rabelo” e membro de diferentes confrarías portuguesas, Narciso Lopes é un asistente habitual a Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo que Expourense acolle do 3 ao 7 de marzo.

Desde fai xa varias edicións, Lopes participou no Encontro de Confrarías Gastronómicas e Enófilas de España e Portugal que ten lugar con motivo de Xantar. Este ano, o encontro chega á súa sexta edición e celebrarase entre os días 4 e 5 marzo.

A Confraría da Auga de Portugal é unha entidade que ten como misión o promover, defender e valorizar as augas minerais como un ben esencial máis e que xoga un papel importante na gastronomía. Por iso, todas as actividades que realiza gardan relación con este fin: degustación de augas, elaboración de cartas de auga, recomendacións sobre cales son as máis adecuadas para a elaboración de comidas, etc.

Para coñecer máis detalles sobre a Confraría da Auga da Asociación de Probadores da Auga de Portugal pulse aquí.

 



Fecha: 03-2-2010