Boletín Xantar
Nome:
Correo:

Página anterior
» A Asociación de Sumilleres de Galicia fixo entrega dos Distinguidos Gallaecia 2010 durante Xantar

 

Ourense, 08/03/2010. Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, foi o lugar elixido pola Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia" para entregar os seus premios "Distinguidos Gallaecia 2010".

Así, no último día do salón, o domingo 7 de marzo, celebrouse o XII Aniversario Gallaecia e fíxose a entrega dos "Distinguidos Gallaecia 2010". Estes premios recoñecen o labor daquelas empresas, institucións e persoas que ao longo de 2009 levaron a cabo accións en beneficio do viño galego e que, polo tanto, son merecedoras deste recoñecemento.

Os galardoados con esta distinción foron:

- Premio Socia de Honra: María Soledad Bueno. Ex - presidenta do Consello Regulador Rías Baixas.

- Personaxe Distinguido do Viño: Joaquín Suárez. Viticultor.

- Adega Meritoria: A Coroa, Denominación de Orixe de Valdeorras.

- Adega Con Tradición: Ladairo (Verín).

- Enólogo Distinguido: José Manuel Xusto. Presidente dos Enólogos de Galicia.

- Medio de Comunicación Distinguido: A Rexión.

- Artesán Distinguido: Antonio Muiños. Empresa Portomuiños.


A Asociación de Sumilleres de Galicia, fundouse en 1997 co obxectivo de dar un tratamento especial aos Viños no sector da restauración así como ás nosas Augas Minerais e aos Bagazos de Galicia. Actualmente conta con máis dun centenar de socios repartidos polas catro provincias galegas.



Fecha: 08-3-2010