Ourense, 05/02/2010. Telefónica ratifica un ano máis o seu apoio patrocinando Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que esta compañía apoiou desde as súas orixes no ano 2000 e que celebrará a súa undécima edición en Expourense entre o 3 e o 7 de marzo de 2010.
 |
|
Imaxe dun comensal na anterior edición de Xantar usando o servizo habilitado por Telefónica de pago con tarxeta |
Telefónica será a responsable de que a vintena de restaurantes que servirán os seus menús en Xantar poidan ofrecer aos seus clientes os mesmos servizos que presta calquera restaurante ao uso. Cada un deles contará cunha liña de TPVS que lle permitirá ofrecer a posibilidade de cobrar a través dunha tarxeta de crédito e disporán tamén dun número de teléfono no que os comensais poderán realizar as súas reservas (o cal habilitarase uns días antes do inicio da feira).
Grazas a Telefónica, Xantar poderá chegar a calquera recuncho do planeta xa que, ademais do patrocinio, esta empresa colabora co salón instalando distintas liñas RDSI que permitirán que medios de comunicación televisivos e radiofónicos, nacionais e internacionais, poidan emitir os seus programas e realizar conexións en directo desde o recinto feiral de Expourense.

|