En cada edición de Xantar edítase un libro/revista de preto de 100 páxinas que pretende ser unha completa guía de todo o que o visitante pode atopar no salón (listado de expositores, plano de feira, menús, programa de actividades, programa do Encontro Internacional de Gastronomía Saúdable e Sostible, país convidado, etc.)

Ademais de presentar a información da feira, esta publicación recolle a actualidade do sector turístico-gastronómico de toda Galicia, Portugal, Comunidades Autónomas participantes e país convidado.

Teñen polo tanto cabida no libro de Xantar todas aquelas institucións, entidades ou empresas que queiran promocionar as súas accións en materia turística, gastronómica, servizos hosteleiros, equipamento, etc.

Libro Xantar 2017

Máis de 90 páxinas con toda a información da decimo oitava edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico.

 

Datos Xerais:

  • 12.000 m2 de Exposición
  • 232 Expositores
  • 15 Restaurantes e 21 Menús
  • 17.800 Comidas e Cenas
  • Máis de 22.000 Visitantes na pasada edición

Pode consultar o libro da edición 2017,

 

 

 

 

Edicións anteriores:

  • Libro XANTAR 2016 - ver
  • Libro XANTAR 2015 - ver
  • Libro XANTAR 2014 - ver
  • Libro XANTAR 2013 - ver
  • Libro XANTAR 2012 - ver

 

 

 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017