23-03-2017 - Ourense protagoniza o Día de Galicia na 50ª Feira AGRO de Braga

Braga - Portugal, 23/03/2017.- A 50ª edición de AGRO, a Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación, que se celebra dende hoxe e ata o vindeiro domingo na localidade portuguesa de Braga, celebrou nesta xornada inaugural, o Día adicado a Galicia que estivo representada por Ourense. Contou cunha visita institucional integrada pola delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, polo vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense e presidente do INORDE, Rosendo Fernández Fernández (ambos os dous membros do Padroado da Fundación), polo director xerente...


09-03-2017 - Xantar 2017 superou o índice de satisfacción de expositores e visitantes respecto de edicións anteriores

A un mes da celebración da 18ª edición de Xantar, a organización xa analizou os resultados das distintas enquisas de satisfacción realizadas durante a feira a expositores e visitantes. A valoración xeral obtida da mostra realizada entre as máis de 24.000 visitas  cualifican a Xantar 2017 cun 8,6 de media. As actividades e showcookings e a calidade tanto dos expositores como dos menús ofertados foron os aspectos máis valorados polos visitantes. Polo que respecta aos expositores, estes outorgan unha nota de 8 puntos de media ao salón.Nestas...


02-03-2017 - Xantar participa na presentación en Ourense da campaña "Março con sabor a Mar" de Esposende

A Cámara Municipal de Esposende, coa que Expourense mantén unha estreita relación de cooperación transfronteiriza, presentou esta mañá en Ourense a súa campaña turístico-gastronómica que, baixo o título "Março con sabores do mar", ten o obxectivo resaltar volos seus produtos máis típico como o polbo, o marisco ou a lamprea, ademais do viño verde. Esta campaña quere fomentar o turismo de proximidade para que os galegos desprácense este mes ata Esposende e gozar in situ destes pratos. Esposende é un expositor habitual de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico...


05-02-2017 - 24.000 visitas para celebrar a maioría de idade de Xantar

Ourense, 05/02/2017.- Xantar pecha esta tarde as portas da súa 18ª edición cuns datos que o sitúan como un gran punto de encontro internacional para o turismo e a gastronomía. Ao redor de 24.000 visitas acompañaron na celebración da súa maioría de idade ao único salón especializado en turismo gastronómico de España con categoría de Feira Comercial Internacional.Con 232 expositores, 15 restaurantes e 21 menús e ofrecendo máis de 200 experiencias para “vivir Xantar”, o salón conclúe despois de cinco xornadas de intensa actividade que estiveron...


04-02-2017 - Xantar consolidade como o mellor escaparate para promocionar o mellor de cada destino

Ourense, 04/02/2017.- “Xantar converte a Ourense e a Galicia no epicentro da enogastronomía a nivel nacional e internacional”. Con estas palabras definía ao salón internacional a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, durante a súa intervención no acto central do día de hoxe que estivo dedicado á provincia de A Coruña, aos concellos de Viveiro e A Veiga, ás cámaras municipales portuguesas de Esposende y Felgueiras y a la Fundación Amigos de Galicia.Pasado xa o ecuador da 18ª edición da feria que esta fin de semana xa está...


03-02-2017 - A conselleira de Mar reivindica en Xantar o papel das feiras na dinamización da economía

Ourense, 03/02/2017.- Xantar atravesa o ecuador da súa 18ª edición celebrando o día dedicado ao Mar coa presenza da conselleira Rosa Quintana quen quixo aproveitar a súa presenza en Expourense para reivindicar o papel dinamizador da economía que xogan eventos como este Salón Internacional. Indicou que "citas como Xantar constitúen uno polo de atracción de empresarios, consumidores e turistas, que permiten a xeración de riqueza social, laboral e económica dos lugares nos que se desenvolven". Fiel á súa cita con Xantar desde que está no goberno autonómico, a conselleira de Mar...


02-02-2017 - Xantar, plataforma para promover Galicia como destino turístico a nivel internacional

Ourense, 02/02/2017.- Xantar converteuse nunha plataforma de promoción internacional de Galicia como destino na que queda patente o bo momento que atravesa o turismo en Galicia. Durante esta xornada celebrouse o Día dedicado ao Turismo coa presenza da responsable deste campo da Xunta de Galicia, Nava Castro, quen destacou "o sector turístico é un dos alicerces fundamentais da economía da nosa comunidade e supón un 11% do PIB galego. Xantar potencia a importancia da gastronomía para o noso turismo, xa que constitúe un dos elementos culturais que máis nos identifica. Somos un destino...


01-02-2017 - Panamá lánzase en Xantar a conquista dos paladares galegos

Ourense, 01/02/2017.- Xantar estrea a súa maioría de idade presentando a súa edición máis internacional e contando con Panamá como país invitado e protagonista  pero tamén convertido no mellor escaparate para promocionar Galicia como destino gastronómico de calidade. A inauguración desta edición correu a cargo da conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, quen destacou que "é importante dar a coñecer a gran calidade dos produtos galegos porque ademais dun sinal de identidade propia é unha gran fonte de riqueza para a economía da nosa comunidade,...


30-01-2017 - Xantar cumpre a maioría de idade celebrando a súa edición máis internacional

Ourense, 30/01/2017.- Entre o 1 e o 5 de febreiro o Salón Internacional de Turismo Gastronómico acada a maioría de idade presentando a súa edición máis internacional e ofrecéndolle ao visitante 200 actividades para “vivir a experiencia Xantar” dende unha perspectiva saudable e sostible. Expourense converterase no epicentro da enogastronomía e o turismo reunindo a 232 expositores (un 10% máis que na edición anterior) procedentes de 11 países (España, Portugal, Panamá, Costa Rica, México, Ecuador, Paraguai, Francia, Perú, Cuba e A Arxentina).A 18ª...


29-01-2017 - Presentación en Panamá da participación deste país como convidado en Xantar 2017

Panamá es país Invitado Especial en Xantar 2017, la única feria de Turismo Gastronómico en EuropaLa Autoridad de Turismo de Panamá, ha apostado por la promoción del destino a través de su Gastronomía y con el apoyo del Club Gastronómico de Panamá  participa,  por primera vez, en Xantar 2017 y ofrecerá un menú panameño a más de 20 mil personas.La XVIII versión Xantar 2017 se celebrará en Ourense (Galicia-España) del 1 al 5 de febrero. A la  comitiva que representará al país, se sumó desde el primer momento...


27-01-2017 - A Consellería de Sanidade impartirá dous obradoiros en Xantar

A Consellería de Sanidade impartirá dous talleres o xoves 2 no marco de Xantar, centrados na elaboración de menús axustados ás recomendacións da Axencia española de consumo, seguridade alimentaria  e nutrición (AECOSAN); e na valoración dos menús ofertados na restauración colectiva pública e privada.Na actualidade hai suficiente evidencia científica que sustenta a relación entre dieta e saúde, nuns casos para confirmar o seu papel como factor protector e noutros como factor de risco. Por tanto unha alimentación saudable, é dicir unha alimentación...


26-01-2017 - O INORDE presente un ano máis en Xantar

O INORDE coa colaboración da Xunta a través da Axencia de Turismo estará no 18 Salón Internacional de Turismo Gastronómico- XANTAR. Seguimos contando nesta edición, coa colaboración de empresas ourensás líderes na súa actividade e no sector agroalimentario. COREN, CUEVAS e VIÑA COSTEIRA, son as empresas de agroalimentación que xeran máis emprego e máis valor engadido á economía ourensá.Nesta 18 edición súmase a IXP CASTAÑA DE GALICIA, que achega un selo de calidade extraordinario coa valorización deste produto no seu empeño por recuperar a insignia...


25-01-2017 - A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense participará en Xantar

Con motivo da maioría de idade da feira internacional de Turismo Gastronómico, unha sección da Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense, formará parte do acto inaugural de Xantar, no que participarán numerosas autoridades e representantes nacionais e dos destinos turisticos representados na feira.A actuación será ás 12 horas do mércores 1 de febreiro no recinto feiral de Expourense. Alí poñerán a banda sonora e darán a benvida ás diferentes delegacións nacionais e internacionais chegadas desde diferentes puntos de España, Panamá,...


25-01-2017 - O Concello de Ourense reforza a súa colaboración co Salón Gastronómico Xantar, que este ano alcanza a 18 edición

Ourense, 25 de xaneiro de 2017.- “Estamos, un ano máis, ás portas do Salón Gastronómico Xantar, que leva, con este, 18 anos demostrando que a boa mesa fai grandes amigos. E é que a cociña é un dos tesouros patrimoniais desta cidade, algo do que nos sentimos especialmente orgullosos e do que presumimos alá por onde imos”. Así avanzou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a presentación das accións do Concello no Salón Gastronómico Xantar, na que tamén participaron o concelleiro de Turismo, Jorge Pumar; o presidente do comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada; e...


24-01-2017 - O Túnel do viño de Xantar contará coa presenza de bodegas da Denominación de Orixe Rías Baixas

El objetivo de Xantar de servir de escaparate internacional al vino gallego no ha pasado desapercibido para los consejos reguladores de Galicia que, para el Túnel del Vino de Xantar 2017, contará con la presencia de todos los consejos reguladores de la comunidad.  En esta ocasión ha sido el C.R.D.O. Rías Baixas el que ha confirmado su participación. Bajo esta denominación de origen participarán numerosas bodegas que presentarán sus últimas cosechas tanto en variedades blancas como tintas. La participación del Consejo en Xantar también incluye una...


23-01-2017 - Panamá presentou en FITUR a súa participación como país convidado en Xantar

FITUR/MADRID, 21/01/2017.- O ministro de Turismo de Panamá, Gustavo Him, presentou onte no marco de FITUR a nova campaña turística do país dirixida ao mercado internacional e que presta especial atención a Estados Unidos, Canadá e España. Este acto, ao que asistiron medios de comunicación especializados de varios países, incluíu a presentación da participación de Panamá como país convidado na próxima edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Ourense entre o 1 e o 5 de febreiro.O ministro de Turismo estivo...


23-01-2017 - Xantar, novo membro da Confraría Tesouros de Morelos de México 

Xantar suma un novo recoñecemento aos seus 18 anos de traxectoria defendendo a calidade da gastronomía de Galicia pero tamén dos países que participaron como convidados. Froito da participación do Estado de Morelos representando a México na edición de 2016, creouse a Confraría de Tesouros de Morelos co obxectivo de promover e protexer o patrimonio da Primavera de México a través da calidade turística.A directiva desta confraría quixo aproveitar a presenza en FITUR- Madrid de profesionais destacados do turismo e da gastronomía de todo o Mundo para celebrar...


23-01-2017 - Xantar acollerá a final do concurso "Cociñar con viño" de Adegas do Campo

Os días 1 e 2 de febreiro e no marco do salón gastronómico XANTAR, celebrarase a fase final do  V Concurso Gastronómico Viña do Campo "Cociñar con viño", edición 2017, convocado por Adegas Docampo.O día 1 desenvólvese a final para as receitas finalistas na modalidade de Afeccionados e o día 2 a correspondente a alumnos de centros e escolas de Hostalería.FINALISTASAs receitas finalistas na modalidade de Afeccionados son PERAS Ao VIÑO TINTO CON BISCOITO DE MEL E NOCES de ANABEL RODRÍGUEZ;  FILLOAS DE PITO CON CHAMPIÑÓNS...


22-01-2017 - Aceites Abril, a calidade do aceite de oliva galego que non falta en Xantar

Aceites Abril volve mostrar o seu apoio a Xantar converténdose un ano máis en patrocinador/partner do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebrará en Expourense do 1 ao 5 de febreiro de 2017. A empresa ourensá, presente en todas as edicións, promocionará entre os miles de visitantes a súa ampla gama de produtos. Contarán cunha caseta desde o que ofrecer información de primeira man aos visitantes e tamén organizarán algunha actividade relacionada cos seus aceites como foi o caso da última edición na que organizaron, con gran éxito de convocatoria, varias exhibicións...


21-01-2017 - Esposende divulgará en Xantar a súa excelente oferta gastronómica 

Despois de acudir como expositor en anteriores edicións, a Cámara Municipal de Esposende, pertencente á rexión Porto e Norte de Portugal, reforzará a súa presenza na próxima edición de Xantar organizando un completo programa de actividades que servirán para situar a esta poboación como destino de proximidade de calidade grazas á promoción da súa excelente oferta gastronómica, un factor diferenciador da súa oferta turística, baseada, sobre todo, en peixes, mariscos, viños, lácteos e repostería.Esposende, espazo de excelencia ambiental, é o resultado...


20-01-2017 - Xantar sorteará ceas no Centro Comercial Ponte Vella

Xantar 2017 comezará o venres 20 de xaneiro a promoverse no Centro Comercial Ponte Vella de Ourense. Durante esta fin de semana e a próxima, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2017 contará cun stand informativo dende o que se darán a coñecer as actividades e os menús que se ofrecerán en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro. En horario de tarde poderán atopar neste centro comercial toda a información pertencente a Xantar 2017.Os clientes do centro comercial poderán recoller o díptico cos menús que se poderán degustar nesta edición...


20-01-2017 - IV Encontro de Bloggers Gastronómicos de Xantar

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrará en Expourense entre os días 1 e 5 de febreiro de 2017, prepara para na súa nova edición un novo capítulo gastronómico dirixido aos blogueiros. Despois do éxito da pasada edición, con máis de dez blogueiros nacionais presentes, Xantar promoverá este ano o cuarto encontro de bloggers gastronómicos cun día adicado especialmente a eles, con iso Xantar se propón volver a romper récords de visita e de participación este vindeiro ano.Nesta nova edición do encontro esperase a maior participación...


19-01-2017 - Xantar sorteará ceas no Carrefour Planet de Ourense

Xantar 2017 comezará este venres 20 de xaneiro a promocionarse no Carrefour Planet de Ourense. Durante os próximos fins de semana, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico contará cunha caseta informativa desde o que se darán a coñecer as actividades e os menús que se ofrecerán en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro. O horario será os venres de 18:00 a 22:00 e os sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 21:30. No caso do Carrefour Planet, a acción prolongarase ata o luns 30 de xaneiro, onde a caseta informativa de Xantar estará activo en horario...


19-01-2017 - Costa Rica estará en Xantar 2017 promoviendo una gastronomía contemporánea con esencia costarricense

Costa Rica participará con demostraciones culinarias y conferencias sobre Gastronomía Costarricense Sostenible y Saludable, en la próxima edición de la feria Xantar 2017. Esto se llevará a cabo en Galicia, España en la décimo séptima edición de la feria, del 1 hasta el 5 de febrero de 2017. Su principal objetivo será el de potenciar a Costa Rica como destino gastronómico único y diferenciado, amigable y sostenible. El año 2015 Costa Rica fue el país invitado especial, y este año nuevamente recibe invitación para que en conjunto con España, Portugal...


18-01-2017 - Vila Real volve a Xantar para promocionarse como destino gastronómico próximo e de calidade

O Municipio portugués de Vila Real vai participar, por cuarto ano consecutivo, de forma activa e protagonista en Xantar, un salón internacional cuxo obxectivo é defender a cultura da calidade gastronómica situándoa como un importante factor de atracción turística e situarse como punto de encontro dos recursos turísticos de todos os destinos que participan como expositores.Este é o caso do Municipio de Vila Real que chega a Xantar para promocionar o menor que esta rexión ten para ofrecer. Desde a súa excelente cociña aos seus viños, pasando polos grandes...


18-01-2017 - Xantar cumple a súa maioría de idade convertido en motivación turística para visitar Galicia e Ourense

FITUR/MADRID, 18/01/2017.- Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, alcanza a súa maioría de idade convertida nunha motivación turística en se mesma desenvolvendo accións que dinamicen o turismo interno e de proximidade reforzando así un dos obxectivos principais desta cita: promocionar o turismo a través da gastronomía. Esta cita celebrarase en Ourense entre o 1 e o 5 de febreiro.A 18ª edición de Xantar foi presentada esta tarde en FITUR nun acto ao que acudiron representantes públicos e privados de España e de Portugal, de Panamá (país...


17-01-2017 - O Chef Charlie Collins impartirá as catas e os showcookings de Panamá

Panamá participará en 2017 como país convidado en Xantar, Salón internacional de Turismo Gastronómico, que se celebra en Ourense - España entre o 1 e o 5 de febreiro. Durante o salón, Panamá contará cunha presenza moi activa e importante que incluirá ademais dun restaurante, un completo programa de showcookings e catas comentadas, que estarán guiadas polo prestixioso chef panameño Charlie Collins.Se algo caracteriza ao Chef Charlie Collins e a súa cociña é ser o estandarte da "Nova Cociña Panameña", unha cociña que, aínda que está influenciada...


17-01-2017 - Xantar organiza un concurso de Entroido

Expourense, no marco de Xantar “Salón Internacional de Turismo Gastronómico”, convoca un concurso de disfraces para a noite do Xoves 2 de febreiro, co que se pretende exaltar o Entroido ourensán, festa que goza dunha larga tradición popular na nosa comunidade, e que está recoñecida en moitos municipios como Festa de Interese Turístico.Durante a noite do Xoves, os participantes poderán cear nos restaurantes de Xantar a un prezo especial. Os participantes deberán facer unha exhibición o mércores 3 de febreiro dentro do salón a partir das 21.00 horas....


16-01-2017 - The Singular Kitchen equipará unha das aulas gastronómicas de Xantar 2017

The Singular Kitchen equipará unha das aulas gastronómicas de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, nas que se realizarán exhibicións de cociña en directo impartidas por prestixiosos cociñeiros galegos ou de Portugal e do país invitado, Costa Rica. As actividades que se desenvolven en Xantar 2017, engloban ademais conferencias, talleres, catas ou degustacións.Dentro desas aulas elaboraranse diariamente un prato representativo da súa gastronomía, completamente en directo a través dunha temática innovadora que os converte nuns pratos únicos....


15-01-2017 - Xantar contará un año más, con el sabor inconfundible de Estrella Galicia

El Grupo Hijos de Rivera ha confirmado un año más su presencia en la décimo octava edición de Xantar, Salón Internacional de turismo Gastronómico, en el que de nuevo los miles de visitantes que acudan a la feria podrán degustar la gran variedad de productos de que disponen: agua, cerveza, sidra, sangría, tinto de verano…Actualmente, el Grupo Hijos de Rivera dirige su plan de expansión hacia el mercado internacional. La cuarta generación de este Grupo empresarial abre nuevos y grandes frentes comerciales. Los más destacados son la filial “Rivera-Shanghai”...


14-01-2017 - Os viños de Valdeorras estarán presentes en Xantar

O Túnel do Viño de Xantar 2017 volverá servir de escaparate internacional ao viño galego non pasou desapercibido para o consello regulador de Valdeorras e xa confirmaron a presenza nesta actividade.A principal motivación daqueles que visitan a feira é a procura dunha experiencia gastronómica, por tanto este escenario é idóneo para favorecer accións de sensibilización relacionadas coa produción vitivinícola da nosa área xeográfica.O Túnel do Viño é un espazo que ten o obxectivo de potenciar o consumo do viño de calidade producido en...


13-01-2017 - Gadis colaborará con Xantar un ano máis

Gadis confirmou un ano máis a súa participación como entidade colaboradora de Xantar 2017, sumándose así á lista de importantes firmas galegas que apoian cada ano ó Salón Internacional de Turismo Gastronómico que celebrará a súa próxima edición entre o 1 e o 5 de febreiro. Gadis confía en Xantar, unha cita visitada cada ano por máis de 20.000 persoas, coma un espacio no que promocionarse como unha das marcas máis recoñecibles do seu sector en Galicia e como líder en distribución no Noroeste Peninsular gañándose a confianza cada ano de máis...


13-01-2017 - O Grupo Cuevas e Xantar organizan o Concurso Gourmet “Jóvenes Centenarios”

Ourense, 13/01/2017.- Con motivo do seu 150 aniversario, o Grupo Cuevas abandera o 5º Concurso Gourmet "Jóvenes Centenarios" que Expourense organiza no marco de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que terá lugar entre o 1 e o 5 de febreiro. Aberto tanto a cociñeiros profesionais como a afeccionados, o prazo de recepción de receitas conclúe o 24 de xaneiro e os finalistas elaborarán os seus pratos en directo na feira.As bases de participación deste concurso viran ao redor das máximas que construíron a identidade de Grupo Cuevas ao longo...


12-01-2017 - Panamá presentou o menú que será degustado en Xantar 2017

Esta semana, o Club Gastronómico de Panamá e o INADEH, en consenso coa Autoridade de Turismo de Panamá, presentaron o menú que será degustado na caseta de Panamá no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrará en Galicia, España, do 1 ao 5 de febreiro próximo.En preparación desta importante feira gastronómica, a delegación panameña que representará a Panamá escolleu, entre 11 opcións, 5 pratos típicos dun menú suxerido por 13 chefs do club e 8 estudantes egresados do INADEH.Os pratos seleccionados...


12-01-2017 - Anticípate a San Valentín, convida a túa parella a Xantar e gaña unha viaxe a Azores

Co obxectivo de estimular a participación de parellas, e dada a proximidade do Día de San Valentín, a organización de Xantar puxo en marcha un sorteo especial dunha viaxe do 16 ao 20 de abril a Azores para dúas persoas con voos desde Santiago de Compostela ata a Illa de San Miguel (Ponta Delgada) e estancia en hotel de 4 * en réxime de aloxamento e almorzo. Este sorteo é posible grazas á colaboración de Yu Travel.Todas as parellas que acudan a Xantar a comer ou cear, poderán solicitar previamente, sen custo adicional, o seu Bono San Valentín que lles permitirá participar...


12-01-2017 - Xantar 2017 lanza o paquete Tren dende A Coruña, Santiago e Vigo para disfrutar dunha xornada gastronómico-termal en Ourense

Xantar 2017 lanza unha nova edición do seu Paquete Tren AVANT que ten o obxectivo de convidar os habitantes da provincia da Coruña e Pontevedra a achegarse ata Ourense para gozar dunha xornada gastrónomico-termal durante o sábado 4 de febreiro. Este "Paquete Tren" inclúe viaxe de ida e volta no AVANT ata Ourense desde A Coruña, desde Santiago e desde Vigo, recollida na estación, visita guiada á ribeira termal do Miño con baño opcional, entrada ao recinto de Expourense, comida nun dos restaurantes de Xantar, participación nas distintas actividades do salón, visita...


11-01-2017 - Cafés Lisboa, 18 anos apoiando a Xantar

Cafés Lisboa, un dos expositores clásicos do salón XANTAR, continuará participando activamente na feira ofrecendo durante a próxima edición de 2017, diversas degustacións de café. Esta empresa ourensá, é un dos patrocinadores máis emblemáticos do Salón e sempre é das primeiras en mostrar o seu incondicional apoio a Xantar. O seu café é xa un clásico da Feira e é o mellor broche final despois dunha boa comida ou cea no salón. Durante os 5 días ofrece café de modo gratuíto a todos os visitantes e ademais fornéceo a todos os restaurantes da feira.Edición...


11-01-2017 - A Federación de Empresarios de Hostalería de Ourense será un dos colaboradores de Xantar

Entre o 1 e o 5 de febreiro de 2017 Xantar cumprirá en Expourense dezaoito anos adicados a defender a calidade da gastronomía e da hostalería de Galicia ó tempo que promove a competividade na restauración, na elaboración dos pratos e no servizo. Ademais, este salón convértese cada ano en cita obrigada e punto de encontró  para os profesionais do sector para os que se organiza un completo programa de actividades e que supoñen un 35% dos visitantes totais de Xantar. Outra das metas de Xantar 2017 é a de promover o turismo, sobre todo o de proximidade, a través da gastronomía,...


10-01-2017 - Coren e Xantar, 18 anos traballando xuntos

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, celebra en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro de 2017 o seu décimo oitava edición dedicado á promoción da gastronomía de calidade. Dezaoito anos que son posibles grazas ao apoio de grandes marcas do sector agroalimentario como é o caso de Coren.Así, Xantar conta un ano máis co patrocinio dunha das cooperativas agroalimentarias máis importantes do panorama nacional. Os visitantes que se acheguen ata Expourense durante os días de feira, poderán degustar un menú elaborado cos produtos de Coren no restaurante...


10-01-2017 - Radio Turismo adica un informativo diario a Xantar 2017

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, conta cun espazo diario no marco do programa "España ás seis", da emisora Radio Turismo.Este espazo, cunha duración aproximada de 5 minutos, ofrece información sobre as últimas novidades que rexerán nesta décimo oitava edición do Salón: menús, actividades sinaladas, programa de animación, actos especiais, promoción do salón noutras feiras e cidades... Ademais desta información diaria, Juan Manuel Madrigal, Maito, director de Radio Turismo, estará presente en Xantar 2016 desde...


10-01-2017 - Reunión do comité asesor de Xantar 2017

Ourense, 10/01/2017.- Unha vintena de expertos vencellados coa gastronomía e o turismo dende distintos ámbitos reuníronse esta mañá en Expourense para perfilar as distintas accións profesionais da vindeira edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará entre o 1 e o 5 de febreiro. Durante este encontro déronse os detalles da próxima acción promocional do salón que será a presentación en FITUR prevista para o mércores 18 de xaneiro ás 16.30 h. no stand de Galicia. Nesta reunión foron presentados, entre outros...


09-01-2017 - Presentación de Xantar 2017 en FITUR-Madrid, o mércores 18 de xaneiro ás 16.30 h. no stand de Galicia

Xantar presentará a súa edición de 2017 en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebrará en Madrid este mes de xaneiro. Este acto terá lugar o mércores 18 de xaneiro ás 16.30 h. no stand de Galicia (Pavillón 9).Estarán presentes representantes do Goberno Galego, do Concello de Ourense e das comunidades e país invitado, ademais de membros do Comité Asesor de Xantar e do Padroado de Expourense. A este acto están convidados todos os profesionais do turismo gastronómico e medios de comunicación.O Salón Internacional de Turismo...


09-01-2017 - Panamá, país convidado na 18ª edición de Xantar

Panamá participará como país convidado na próxima edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Expourense en Galicia, España, entre o 1 e o 5 de febreiro de 2017, cunha caseta desde o que promocionará o destino turístico e dará a coñecer a súa oferta en distintos segmentos.A presenza de Panamá neste evento mundial ten o obxectivo de situarse como "destino cosmopolita e sustentable, conxugando tradición e modernidade" e espertar o interese dos europeos para que gocen dos seus atractivos.A...


05-01-2017 - La Diputación de A Coruña promocionará en Xantar la riqueza gastronómica de sus ayuntamientos

A Deputación Provincial da Coruña participará en Xantar 2017 cunha caseta institucional desde o cal se dará a coñecer a oferta turística e gastronómica da provincia.O obxectivo da institución a través da súa presenza no Salón é contribuír ao desenvolvemento económico da provincia, prestando apoio aos equipos técnicos dos gobernos locais mediante a implementación de modelos territoriais que xeren riqueza, fomenten o emprego, e melloren a calidade de vida dos cidadáns da provincia.A promoción turística articularase ao redor dos...


04-01-2017 - Parada de Sil promocionará en Xantar a gastronomía, o viño e o patrimonio natural da Ribeira Sacra

O concello ourensán de Parada de Sil repite un ano máis a súa presenza en Xantar para promocionarse activamente ante os milleiros de visitantes como o corazón da Ribeira Sacra. Contará cun restaurante que ofrecerá un menú composto por produtos autóctonos e de calidade como a castaña, a bica ou os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Ademais, o concello terá un stand dende o que promocionar os seus recursos turísticos e onde ofrecerá degutacións. A participación de Para de Sil completarase con algunha presentación dalgunha campaña ou...


03-01-2017 - Xantar volve a contar coa presenza de Morelos

Despois de representar a México como país convidado na pasada edición, o estado mexicano de Morelos volverá este ano ao Salón Internacional do Turismo Gastronómico para presentarse como un destino turístico e gastronómico internacional.Con esta participación na que se promocionará a través dun stand en feira, o estado mexicano busca seguir vinculado a esta feira ao considerar que lles axudan a cumplir os seus obxectivos de promoción internacional, e que ademáis é un gran pulo para posicionarse internacionalmente como un gran destino culinario.En...


02-01-2017 - O Túnel do Viño de Xantar contará coa presenza de bodegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

O obxectivo de Xantar de servir de escaparate internacional ao viño galego non pasou desapercibido para os consellos reguladores que xa empezaron a confirmar a súa participación no túnel do Viño de Xantar 2017.  Nesta ocasión foi o C.R.D.O. Ribeira Sacra o que confirmou a súa presenza na feira. Baixo esta denominación de orixe participarán numerosas adegas que presentarán as súas últimas colleitas tanto en variedades brancas como tintas. A partipación do Consello en Xantar tamén inclúe unha cata comentada dos seus viños.O Túnel do...


30-12-2016 - O Concello de Vila de Cruces volverá a presentar a súa gastronomía en Xantar 

O concello de Vila de Cruces volverá estar presente un ano máis en Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, para promocionar a estrela da súa gastronomía: o galo de curral. O concello contará cunha caseta promocional no que presentará os seus recursos turísticos e no que realizará degustacións de produtos da zona, e ademáis volverá a estar presente cun restaurante propio.Vila de Cruces coñece os segredos do galo de curral, e desde o ano 93 compárteos a través dunha cita gastronómica que inclúe, ademais da degustación popular deste produto, un programa...


29-12-2016 - A gastronomía da provincia de Valladolid promocionaráse en Xantar

A Deputación de Valladolid participará activamente na próxima edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Ourense entre o 1 e o 5 de febreiro de 2017. A entidade rexional estará presente cunha caseta desde o que ademais de promocionarse como un destino de proximidade, dará a coñecer entre os visitantes os recursos eno-gastronómicos da rexión.Esta acción enmárcase dentro dos obxectivos da Deputación para situarse como un gran destino turístico-gastronómico. A través desta presenza, os municipios valisoletanos darán a...


28-12-2016 - Xantar ratifica o seu selo de internacionalidade

Ourense, 28/12/2016.- A Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade do Goberno de España publicou no Boletín Oficial do Estado do martes 27 de decembro o calendario de "Feiras Comerciais Internacionais de 2017". Neste recóllese unha vez máis a Xantar e a Termatalia, ambos os proxectos promovidos por Expourense.En total identifícanse 90 salóns que se consideran internacionais no conxunto do Estado, dos cales cinco son de ámbito turístico. Xunto a outras feiras de recoñecido prestixio como é o caso de FITUR en...


27-12-2016 - Concello e Expourense xa traballan no 18 Xantar e no calendario da promoción turística e termal da cidade

O concelleiro de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense, Jorge Pumar, e o xerente de Expourense, Alejandro Rubín, veñen de realizar a primeira das reunións para a planificación das actividades de promoción turística e termal da cidade para o ano 2017. Neste sentido, a primeira das grandes citas será o 18º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará do 1 ao 5 de febreiro en Ourense e que, como cada ano, espera a visita de milleiros de visitantes. O turismo gastronómico, malia ser un dos puntais da oferta da nosa cidade, non foi...


26-12-2016 - Xantar 2016 convoca o VII Concurso de Carteis de Festas Gastronómicas de Galicia e Portugal

A décimo oitava edición de Xantar, que terá lugar en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro de 2017, xa abriu o prazo de inscrición para o sétimo Concurso de Carteis de Festas Gastronómicas de Galicia e Portugal.Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico inaugurará o calendario das máis de 300 festas gastronómicas celebradas ao ano en Galicia, prestando especial atención ao entroido e tamén a aquelas declaradas de Interese Turístico.Ao concurso de carteis poderanse presentar os autores dos carteis, concellos ou comisións de festas,...


23-12-2016 - O C.R.D.O. Monterrei formará parte do Túnel do Viño de Xantar

Xantar 2017 volve apostar por fomentar a cultura vitivinícola de Galicia e repite nesta edición a creación dun Túnel do Viño. O obxectivo de Xantar de servir de escaparate internacional ao viño galego non pasou desapercibido para os consellos reguladores que xa empezaron a confirmar a súa participación.  O primeiro deles foi o C.R.D.Ou. Monterrei. Baixo esta denominación de orixe participarán numerosas adegas que presentarán as súas últimas colleitas tanto en variedades brancas como tintas. A partipación do Consello en Xantar tamén inclúe unha cata...


22-12-2016 - BOAGA promocionará en Xantar as Razas Autóctonas

BOAGA- A Federación de Razas Autóctonas de Galicia e as asociacións integradas nela, participarán un ano mais en Xantar onde contarán cun stand no que se poderá obter información sobre as razas autóctonas galegas: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega. Tamén se atopará información das distintas actividades encamiñadas á promoción e á tipificación das súas producións baixo unha forma de produción sostible e ao mesmo tempo rendible, das múltiples posibilidades culinarias e das distintas estratexias de comercialización deste...


21-12-2016 - Xantar 2017 terá un restaurante coa gastronomía de Ponte de Lima

Despois de participar en varias edicións cun stand no que daban a coñecer os seus atractivos turísticos, o municipio portugués de Ponte de Lima dá un paso máis na súa promoción e contará por primeira vez cun restaurante que ofrecerá un menú baseado en produtos autóctonos e de calidade, espazo que será atendido pola escola de hostalería - Escola Superior Agrária de Ponte de Lima.Ademais do restaurante, Ponche de Lima contará cun stand desde o que promocionarse como destino turístico completo e de proximidade. Ponche de Lima súmase así á lista de concellos...


19-12-2016 - Costa Rica participará en Xantar 2017 cun restaurante

Costa Rica volverá a repetir experiencia en la edición de este año del Salón de Turismo Gastronómico de Ourense participando activamente para posicionarse como un destino turístico y gastronómico internacional. Esta promoción se materializará con un restaurante en el cual los visitantes podrán degustar un menú elaborado con lo más representativo de la gastronomía de este país.“Este evento nos permite demostrarnos que tenemos una gastronomía de la cual sentirnos orgullosos, tenemos un país privilegiado por sus productos y el recurso humano, aprovechémoslo y...


16-12-2016 - Maceda participará por primeira vez con un restaurante en Xantar

Maceda - Ourense, 16/12/2016.- El Ayuntamiento de Maceda participará por primera vez con un restaurante en Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Expourense entre el 1 y el 5 de febrero de 2017. Después de haber participado en varias ediciones con un stand en el que daban a conocer atractivos turísticos como el Entroido (carnaval), este ayuntamiento dá un paso más en su promoción y contará con un restaurante que ofrecerá un menú basado en productos autóctonos y de calidad como el cabrito da Serra de San Mamede, el lechón, las setas o la Bica....


15-12-2016 - Viana do Castelo volverá a estar presente en Xantar para promocionarse como destino de proximidad

La ciudad portuguesa de Viana do Castelo ha confirmado un año más su presencia en Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Expourense entre el 1 y el 5 de febrero de 2017. Esta cámara municipal acude a la feria para promocionarse como destino gastronómico y cultural completo y de proximidad para los gallegos.Contarán con un stand desde el que presentar sus atractivos turísticos y sus vinos y repostería tradicional. Tendrán un día dedicado y como es habitual incluirá la visita de representantes institucionales de la cámara...


13-12-2016 - A Consellería do Mar ofrecerá obradoiros gastronómicos de produtos do mar en Xantar

A Consellería do Mar promocionará os produtos pesqueiros de Galicia na décimo octava edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico organizado por Expourense, que se celebrará entre o 1 e o 5 de febreiro de 2017. Despois da gran acollida dos showcookings organizados pola consellería na última edición, este ano volverán a ter un aula propia na que renombrados chefs galegos mostrarán todos os días, o recetario da nosa gastronomía con produtos do mar en dous horarios diferentes: áss 13 horas para o público xeral, e ás 18 horas...


03-12-2016 - Xantar participa en la inauguración de la segunda “Mostra 100% Alto Minho” 

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, representado por su director, Alejandro Rubín, participó ayer en el acto inaugural de la segunda edición de la"Mostra 100% Alto Minho” que se celebra hasta mañana en el Centro Cultural del Alto Minho en Viana do Castelo. El director de Xantar estuvo acompañado por el presidente Confederación Empresarial del Alto Minho (CEVAL), José Luis da Rocha, y la Comunidad Intermunicipal del Alto Minho (CIM) y presidente de la Cámara Municipal de Vianan do Castelo, José María Costa. Expourense...


01-12-2016 - Abierto el plazo de inscripción para participar en el XIII Encuentro Internacional de Cofradías Gastronómicas y Enófilas de Xantar

Ya se ha abierto el plazo de inscripción para el Encuentro Internacional de de Cofradías Gastronómicas y Enófilas que este año cumplirá su 13ª edición en Xantar, el Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará en Expourense entre el 1 y el 5 de febrero. Como siempre, esta cita tendrá lugar el jueves del salón, es decir, el 2 de febrero de 2017.Este encuentro, que reunirá a agrupaciones de España, Portugal y Francia principalmente volverá a ofrecer un amplio programa de actividades entre los que se encuentra el ya tradicional desfile...


28-11-2016 - Xantar 2017 acollerá a final do V Concurso Cociñar con Viño de Bodegas Docampo

Entre o 1 e o 5 de febrero de 2017, no marco do Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR, celebrarase a fase final do V Concurso Gastronómico Viña do Campo “Cociñar con viño” que organiza Bodegas Docampo. Haberá dúas categorías: afeccionados e alunos de centros ou escolas de hostaleríae tres finalistas de cada modalidade.Os concursantes durante a presentación do prato ante o xurado deberán explicar a súa composición  así como sus características. É obrigatorio maridar os pratos con calquier viño, branco ou tinto, de Bodegas Docampo....


16-11-2016 - Xantar 2017 promociónase no programa “Ourense Exporta” que promove a CEO e que trae a importadores e prescriptores de China, Colombia e México

A Confederación Empresarial de Ourense, CEO, promove ao longo desta semana unha misión comercial inversa centrada no sector agroalimentario e turismo na que participarán unha ducia visitantes internacionais: importadores, chefs, prescriptores e axencias de viaxes de China, Colombia e México.Durante a xornada de hoxe celebrouse un foro aberto ao público centrado no sector agroalimentario no que expertos e importadores darán as claves para a internacionalización a estes tres mercados. Nesta xornada estivo presente Expourense promovendo a súa próxima cita relacionada...


09-11-2016 - O Hotel San José Palacio de Costa Rica recolle o nomeamento ao Prato de Ouro 

O Hotel Barceló San José Palacio situado na capital de Costa Rica recibiu a semana pasada o nomeamento aos Premios Pratos de Ouro de Radioturismo. O director de Xantar, Alejandro Rubín, fixo entrega deste nomeamento ao director do hotel, Carlos Ruiz, quen se comprometeu a recoller a distinción durante a próxima edición de Xantar, que terá lugar en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro de 2017.Costa Rica participou como país convidado en Xantar 2015 e seguirá moi vinculado a este salón confirmada xa a presenza de empresarios do sector da gastronomía e o...


02-11-2016 - Promoción internacional de Xantar 2017 no 1ª Cume de Gastronomía de Costa Rica

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, está a participar no 1ª Cume Costarriqueño da Gastronomía celebrada no Pobo Antigo de san José e organizada pola Cámara Costarriqueño de Restaurantes, CACORE, socio estratéxico da feira neste país. Ademais de contar cunha caseta promocional, o director de Xantar, Alejandro Rubín, formou parte do panel de relatores internacionais cunha conferencia sobre "a importancia da gastronomía como produto turístico en Galicia".O obxectivo deste primeiro Cume Costarriqueño da Gastronomía é impulsar a gastronomía...


27-10-2016 - Turismo Porto e Norte será un dos grandes protagonistas de Xantar 2017

Porto, 27/10/2016.- Turismo Porto e Norte de Portugal será un dos grandes protagonistas da vindeira edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Ourense entre o 1 e o 5 de febreiro de 2017. A Entidade de Turismo Porto e Norte de Portugal (TPNP) e Expourense asinaron esta tarde en Porto un convenio de cooperación transfronteiriza que, entre outros temas, confirma a presenza de forma masiva e activa da rexión de turismo e das cámaras municipais integradas nela en Xantar 2017. Ademais, contempla accións estratéxicas...


26-10-2016 - Xantar participou na presentación da campaña turística de Ponte de Lima

Ourense, 26/10/2016.- La cuenta atrás para la celebración de Xantar, la feria internacional de turismo gastronómico de Expourense, ya ha comenzado. Ayer, el salón realizó una acción de promoción transfronteriza tomando parte activa en la presentación de la campaña turística de la localidad portuguesa de Ponte de Lima. El director gerente de Expourense y presidente de la Asociación Gallega de Ferias y Eventos, Alejandro Rubín, participó en la presentación de esta campaña que incluye la organización de varios eventos gastronómicos a lo largo de los próximos meses, durante...


01-09-2016 - Expourense, la fundación que organiza Xantar, ha firmado un convenio con el Servicio Nacional de Aprendizaje de Colombia

Colombia, 01/09/2016.- El pasado fin de semana Expourense firmó un convenio de colaboración y asesoramiento en Colombia con la institución encargada de la formación profesional a nivel estatal, el Servicio Nacional de Aprendizaje (SENA) en en la localidad de Santiago de Cali, capital del Departamento del Valle del Cauca. La firma del acuerdo tuvo lugar en las instalaciones del Complejo Salomia, durante la celebración del Concurso Académico “Cocina Gourmet Colombiana”. Esta iniciativa, dirigida por el programa de “Técnico en Cocina” que imparte...


12-08-2016 - XANTAR representou á gastronomía galega no Festival Gastronómico Bife de Espadarte en Vila Praia da Âncora

Vila Praia de Áncora, 12/08/2016.- Xantar, o  Salón Internacional de Turismo Gastronómico, comezou a promoción da súa próxima edición, a décimo oitava, participando como invitado especial representando a gastronomía galega no Festival Gastronómico do Bife de Espadarte (peixe espada), en Vila Praia de Âncora, en Portugal, que se celebra ata o próximo domingo día 21. Ó acto de inauguración deste evento asistiron o alcalde do Municipio de Caminha, Luís Miguel da Silva Mendonça Alves, que destacou que o festival “celebrase na vila...


09-08-2016 - O Festival do Bife de Espadarte presentouse en Expourense

Ourense, 09/08/2016.- Por primeira vez en Galicia, as instalacións de Expourense foron o escenario elixido para a presentación oficial internacional da nova edición do Festival do Bife de Espadarte. Esta festa gastronómica adicada ao peixe espada celebrarase en Vila Praia de Âncora (Municipio de Caminha) do 11 ao 21 de agosto, e contará con Xantar como representante da gastronomía galega.Durante a presentación interviron o alcalde do Municipio de Caminha, Luís Miguel da Silva Mendonça Alves, que destacou que o festival “celébrase na vila máis galega...


26-07-2016 - O Director de Xantar, Alejandro Rubín, nomeado cofrade da Cofradía da Cigala de Marín

Alejandro Rubín recibiu o nomeamento como cofrade da Cofradía da Cigala de Marín durante a XXII Festa da Cigala celebrada esta fin de semana en Marín (Pontevedra) como representante e director da Feira Internacional de Turismo Gastronómico Xantar e que organiza a Fundación Expourense. Ademais Xantar promocionouse entre o público que se achegou ás instalacións onde se desenvolveu esta festa gastronómica  dedicada a un dos produtos de calidade da gastronomía galega e que organiza a Asociación de Comerciantes de Marín, ACIMA.  O pregoeiro...


22-07-2016 - Xantar promocionase na Festa da Cigala de Marín

O principal obxectivo de Xantar, Salón internacional de turismo gastronómico, é promocionar e defender a calidade da gastronomía galega, por iso non faltan a esta cita representacións das catro provincias galegas e das máis de 300 festas gastronómicas máis populares celebradas na comunidade, entre as que se atopa a festa da cigala de Marín.


07-06-2016 - Turismo de Galicia achega 100.000 euros para a promoción da provincia de Ourense como destino

Turismo de Galicia achegará 100.000 euros para a dinamización turística da provincia de Ourense. Así se recolle nun convenio de colaboración asinado esta mañá entre a directora do organismo autonómico, Nava Castro, e o presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE), Rosendo Fernández, nun acto que contou tamén coa presenza da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.Nava Castro explicou que o acordo pretende impulsar os recursos turísticos propios da provincia como o termalismo, a enoloxía ou a natureza...


09-05-2016 - O viño do Ribeiro e Ribadavia viviron a súa tradicional Feria do Viño do Ribeiro

Ribadavia celebrou a súa tradicional Feria do Viño do Ribeiro, que chegou a sía edición número 53; ademais das súas actividades de dinamización neste evento decidíronse e coñecéronse os gañadores da súa cata popular. Pasemos ao reparto de premiados. Na categoría de Viños Brancos de Adegas o escollido como mellor viño Priorato de Razamonde 2015, de Viña da Cal. Na categoría Viños Brancos de Colleiteiros, levou o primeiro premio Cuñas Davia 2015 de Adegas Valdavia, o viño Pazos de Albor 2015 de Mónica Albor López recibiu o segundo premio e o terceiro...


09-05-2016 - A Confraría da Cigala de Marín promove Xantar entre as confrarías gastronómicas de España

A confraría da Cigala de Marín, fiel participante do Encontro de Confrarías Gastronómicas de  Xantar, está realizando diversos hermanamentos con outras organizacións de Galicia como a de a Lamprea de Arbo ou a do Polbo de  Carballiño co fin de promover a gastronomía de Galicia e os seus produtos como un elemento de unión entre diferentes puntos da xeografía galega. A súa vez, esta confraría también está en contacto con outros grupos gastronómicos de España, aos que sempre anima a asistir ao Encontro de Confrarías que promove Xantar.Nos vindeiros...


31-03-2016 - Expourense protagoniza o Día de Galicia na 49ª Feira AGRO de Braga

Braga - Portugal, 31/03/2016.- A 49ª edición de AGRO, a Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación, que se celebra ata o vindeiro domingo na localidade portuguesa de Braga, celebrou hoxe, xornada inaugural, o Día Adicado a Galicia que contou cunha visita institucional integrada pola delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, polo director xerente de Expourense, Alejandro Rubín Carballo, e por medios de comunicación ourensáns. Trátase da edición número 49 desta feira, case cinco décadas décadas nas que esta cita desenvolve un relevante papel...


04-03-2016 - Video resumo de Xantar 2016

Deixamos aquí o enlace ó video que intentou resumir todo o acontecido durante a última edición de Xantar celebrada en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro e que contou coa presenza de México como país convidado, representado polo Estado de Morelos. Consulte o video, AQUÍ.


25-02-2016 - O Entroido de Xinzo de Limia postulouse en Xantar para ser recoñecido de Interese Turístico Internacional

A última edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, celebrada en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro pasados, estivo especialmente adicada a poñer en valor a festa do Entroido como atractivo turístico na comunidade galega e, en especial, na provincia de Ourense. Entre os actos dedicados a esta celebración cabe destacar a postulación, en colaboración co Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE), do Entroido de Xinzo de Limia (localidade ourensá) para ser recoñecido como Festa de Interese Turístico Internacional. Trátase dun dos entroidos...


07-02-2016 - Xantar 2016 pecha consolidado como dinamizador do sector agroalimentario galego

Ourense, 07/02/2016.- Xantar pecha esta tarde as portas da súa decimosétima edición, a terceira como cita internacional e especialmente adicada ó Entroido, logo de cinco días de intensa actividade que estiveron dirixidas a estreitar a cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal e a Iberoamericana a través da participación de México, país convidado, representado polo Estado de Morelos. Xantar 2016 remata contando coa fidelidade dos profesionais do sector e do público xeral tanto de Galicia como de Portugal. A falta de contabilizar as visitas desta tarde, a organización...


06-02-2016 - Xantar consolida á gastronomía como eixo fundamental da oferta turística de Galicia

Ourense, 06/02/2016.- “Xantar pon en valor a calidade dos nosos profesionais, as posibilidades culinarias e nutricionais que achegan os produtos galegos agrarios e do mar, e o atractivo turístico de Galicia contribuíndo ó obxectivo de superar en 2016 os 5 millóns de visitantes”. Estas foron as palabras do conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, durante a celebración do día adicado ó Turismo en Xantar. Conde resaltou “o importante papel Xantar xoga na dinamización económica de Galicia, xa que consegue involucrar aos diferentes axentes económicos...


05-02-2016 - Xantar estreita a cooperación transfronteriza entre Galicia e Portugal

Cooperación transfronteiriza e interrexional. Estas foron as palabras máis repetidas durante esta terceira xornada de Xantar nas que quedou patente que o Norte de Portugal aposta polo salón como escaparate promocional dos seus recursos enogastronómicos, para fortalecer o turismo de proximidade e as relación comerciais coas empresas galegas. Durante o acto central de hoxe quedaron patentes as boas relacións existentes entre as dúas áreas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, “a máis dinámica da Unión Europea”, tal e como explicou o Secretario de Estados das Comunidades Portuguesas,...


04-02-2016 - Máis de 40 confradías enogastronómicas reúnense en Xantar para defender os produtos autóctonos de calidade 

Ourense, 04/02/2016.- A segunda xornada de Xantar 2016 estivo protagonizada pola presenza de máis de 40 confradías Gastronómicas e Enófilas procedentes de distintas partes de España, Portugal e Francia que converteron un ano máis a este encontro no segundo máis participativo do Mundo en canto a entidades representadas. O acto central do día estivo adicado, ademáis de ás confradías, á Deputación Provincial de A Coruña, ó Concello de Parada de Sil, a Entidade de Turismo Porto e Norte e á Cámara Municipal de Vila Real. Contou coa participación da delegada territorial da Xunta...


03-02-2016 - Xantar 2016 reflicte o bo momento que vive o turismo e a gastronomía de Galicia

Xantar 2016 abriu esta mañá as portas da súa 17ª edición posicionado como o mellor escaparate para reflectir o bo momento que vive o sector do turismo, a hostalería e a gastronomía en Galicia. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo presidía esta mañá o acto inaugural apostando “pola calidade e a diversificación para consolidar a marca Galicia como destino único e chegar así aos 5 millóns de visitantes este ano”. O presidente fixo un repaso polos bos datos que rexistra o sector da enogastronomía en Galicia xa que “así o testemuñan as trece estrelas Michelin que...


02-02-2016 - Cinco restaurantes Ourensáns participan na campaña “Xantar na Cidade”

Seguindo o espíritu do Salón Gastronómico e promocionando nesta ocasión o Entroido, deste xeito, os restaurantes Ourensáns A Taberna, Atarazana, O Lar do Leitón, A Feira e Portovello Auria participan en Xantar 2016, pero dunha forma diferente, xa que ofrecen menús nos seus propios restaurantes.Os menús ofrecidos por estes locais serán os seguintes:RESTAURANTE  A  TABERNA  -...


02-02-2016 - A Deputación da Coruña promociona en Xantar a riqueza gastronómica dos concellos

A Deputación da Coruña e os concellos convidados mostrarán os seus mellores produtos e iniciativas neste escaparate do turismo gastronómico. O deputado da área de Cultura, Xosé Regueira, e a directora adxunta de Expourense, Enma González, presentaron en roda de prensa a participación da Deputación da Coruña en Xantar. A través da Deputación da Coruña, distintos concellos da provincia levarán a Xantar os seus mellores produtos e iniciativas gastronómicas que serán presentadas non só no stand senón por medio de distintas...


02-02-2016 - A D.O. Ribeiro participa activamente en XANTAR 2016

A D.O. Ribeiro será un dos participantes máis activos no Salón Internacional de Turismo Gatronómico, con numerosas actividades, destacando as seguintes:Túnel do ViñoMáis de 20 referencias D.O. Ribeiro presentes no Túnel do Viño: Adeus 2014, Alberte 2014, Gran Alanís 2014, Canción de Elisa 2014, 1594 Treixadura 2014, Veiga Miño 2014, Beade Primacía 2014, Señorío de Beade 2014, Terra do Castelo Selección 2012, Terra do Castelo Treixadura 2014, Viña Costeira 2014, Colección 68 2014, Leira Viñoa 2014, Pazo Casanova 2014,...


02-02-2016 - A representación de Portugal acada número record en Xantar 2016

No Salón Gastronómico haberá unha significativa representación portuguesa con cerca de tres decenas de Stands. En máis un ano, a Entidade de Turismo do Porto e Norte de Portugal marca honrosa presenza a par dos Municipios e outros socios públicos e privados da súa rexión de intervención, o Norte de Portugal. A proximidade coa veciña Galicia, é oportunidade para o longo dos cinco días e, diariamente integraranse no Programa Oficial Xeral de Xantar, máis de seis decenas de momentos dedicados a Portugal, dende Showcookings, Catas de Viños, Presentación de eventos, Festas, Actividades,...


01-02-2016 - Hijos de Rivera presenta un programa completo de actividades en Xantar 2016.

Un ano máis, Hijos de Rivera aposta pola súa presenza neste Salón Gastronómico, que se consolida como unha cita imprescindible no calendario de todo o público.  A través dun completo stand multiproducto e unha intensa axenda de catas e degustacións abertas ao público, a compañía dará a coñecer a súa gama de bebidas entre todos os visitantes. A cervexa será un dos grandes eixos divulgativos da súa actividade en Xantar, non só a través das súas marcas máis recoñecidas como Estrella Galicia ou a gama de 1906 senón tamén das exclusivas...


01-02-2016 - O Inorde presente un ano máis en Xantar

Conta nesta edición, coa colaboración de tres empresas ourensás líderes na súa actividade e no sector agroalimentario.Coren, Cuevas e Cooperativa do Ribeiro Viña Costeira, son as empresas de agroalimentación que xeran máis emprego e máis valor engadido á economía ourensá.Esta colaboración, demostra que sumando sinerxias público - privadas conséguense fitos que dificilmente se alcanzarían a nivel individual.No Restaurante INORDE - COREN, creamos unha cociña tradicional,  baseada en “produtos...


01-02-2016 - A Cañiza presenta en Xantar o 50 aniversario da Feira do Xamón

Posteriormente a dita presentación,  realizaráse unha degustación do seu mellor produto, o xamón,  a cargo do cortador profesional Víctor Burgos, especialista de corte e cortador oficial do Hotel Balneario de Mondariz, director e organizador do Concurso de cortadores profesionais de xamón que participan na Feira que se celebrará o 15 de agosto vindeiro. Esta foi declarada Festa de InterésTurístico pola Xunta de Galicia no ano 2013.En A Cañiza existe tradición xamoneira dende fai máis de un século, posto que hai varios factores que fan que o...


31-01-2016 - The Singular Kitchen súmase unha vez máis a Xantar 

A empresa especializada na fabricación e montaxe de cociñas, The Singular Kitchen, colaborará por segundo ano consecutivo en Xantar equipando unha das aulas gastronómicas do salón. Nesta ocasión, será a reservada para celebrar as actividades organizadas pola Consellería do Mar, entre outras. The Singular Kitchen convértese así en colaborador de Xantar como reflicte o convenio asinado entre a directora adxunta de Expourense, Emma González, e a representante da filial da empresa en Ourense, Josefa López.A Aula Gastronómica...


30-01-2016 - Xantar 2016 participa no acto inaugural da 8ª Feira do Porco e as Delicias de Sarrabulho, en Ponte de Lima

Xantar 2016 promocionaouse onte no acto de apertura da 8ª Feira do Porco e as Delicias de Sarrabulho  que se celebra esta fin de semana en Expolima, o recinto feiral de Ponte de Lima e que está incluída na súa campaña de promoción do turismo de proximidade “Em época baixa, Ponte de Lima en Alta”. O presidente do comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada, e o director de Xantar, Alejandro Rubín, participaron no acto inaugural desta importante cita gastronómica acompañados polo presidente da Cámara Municipal, Vitor Mendes. Esta participación está enmarcada dentro...


29-01-2016 - Presentación en rolda de prensa de Xantar 2016 como plataforma de internacionalización do turismo enogastronómico de Galicia

Ourense, 29/01/2016.- A presenza do Estado de Morelos representando a México como país convidado e a celebración dunha edición especial adicada ó Entroido, marcarán a Xantar 2016, Salón Internacional de Turismo Gastronómico de España que se celebra en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro. A 17ª edición convocará en Expourense a vindeira semana a 166 expositores que ocuparán 12.000 metros cadrados de superficie e entre os que destacan 14 restaurantes que ofrecerán una vintena de menús con prezos comprendidos entre os 12 e os 30 euros baseados nos produtos autóctonos e de calidade...


29-01-2016 - Xantar 2016 crea un Túnel do Viño para promocionar o viño galego

Xantar repite nesta edición a creación dun Túnel do Viño que amplía con respecto á experiencia do ano anterior. O obxectivo é servir de escaparate internacional ao viño galego e poderán consultarse e probarse referencias das cinco denominacións de orixe de viño de Galicia. É un espazo que ten o obxectivo de potenciar o consumo do viño de calidade producido en Galicia entre os visitantes profesionais que cada ano chegan ata Expourense procedentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como das comunidades limítrofes, ademais de contar...


28-01-2016 - Turismo Porto e Norte de Portugal protagonista en Xantar 2016

A Entidade Turismo Porto e Norte de Portugal estará presente un ano máis en Xantar 2016, onde pretende promover o turismo de proximidade a través da presenza de numerosas Cámaras Municipais portuguesas, que realizarán diferentes actividades durante os días que se celebra o Salón Gastronómico Xantar 2016. As actividades que realizarán as Cámaras Municipais alí presentes serán as seguintes:Mércores 3 de febreiroSTAND TPNPO 3 de febreiro de 12:00 a 13:00 horas no stand TPNP terá...


28-01-2016 - Xantar sorteará ceas no Centro Comercial Ponte Vella

Xantar 2016 comezará o venres 29 de xaneiro a promoverse no Centro Comercial Ponte Vella de Ourense. Durante esta fin de semana, e os tres primeiros días da celebración da feira, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2016 contará cun stand informativo dende o que se darán a coñecer as actividades e os menús que se ofrecerán en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro. En horario de tarde poderán atopar neste centro comercial toda a información pertencente a Xantar 2016.


27-01-2016 - Xantar conta un ano máis coa colaboración de Ecovidrio, apostando pola reciclaxe do vidro no sector hostaleiro

Un ano máis, Ecovidrio colabora con Xantar, para impulsar sobre todo, a reciclaxe no sector hostaleiro, tendo presenza nesta feira con contedores e diferentes actividades.Ecovidrio é unha entidade sen ánimo de lucro encargada dende 1998 da xestión do reciclado dos residuos de envases de vidro en España. A compañía ofrece un servizo público, universal e gratuíto para o cidadán, mediante o que xestiona toda a cadea de reciclado: a recollida selectiva, o transporte e o tratamento...


27-01-2016 - A gastronomía costarricense, presente tamén en Xantar 2016

Costa Rica, despois de ser o país convidado en Xantar 2015, volve repetir a súa experiencia na feira deste ano participando activamente na mesma promovendo unha gastronomía sustentable e saudable.Este ano a delegación costarricense participará nas seguintes actividades:17º Encontro Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2016.XI Encontro Internacional sobre Dieta e Saúde.


26-01-2016 - Xantar acollerá a final do concurso "Cociñar con Viño"

Ourense, 26/01/2016.- Os días 3 e 4 de febreiro no marco do Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR, celebrarase a fase final do IV Concurso Gastronómico Viña do Campo “Cociñar con viño” que organiza Bodegas Docampo.O día tres, a partir das cinco da tarde, se desenvolverá a final para as recetas finalistas na modalidade de Afeccionados e o día catro a correspondente a alumnos de centros e escolas de Hostalería.FinalistasAs recetas finalistas na modalidade de Afeccionados son "Torrijas de viño...


26-01-2016 - Un ano máis, Gadis colabora con Xantar

Gadis confirmou un ano máis a súa participación como entidade colaboradora de Xantar 2016, sumándose así á lista de importantes firmas galegas que apoian cada ano ó Salón Internacional de Turismo Gastronómico que celebrará a súa próxima edición entre o 3 e o 7 de febreiro vindeiros. Gadis confía en Xantar, unha cita visitada cada ano por máis de 20.000 persoas, coma un espacio no que promocionarse como unha das marcas máis recoñecibles do seu sector en Galicia...


25-01-2016 - Última reunión do comité asesor de Xantar

Expourense acolleu esta mañá a última reunión do comité asesor de Xantar 2016 á que asistiron destacados axentes do turismo e a gastronomía de Galicia e na que foron perfilados os detalles dunha edición que estará dedicada dun modo especial ao Entroido e na que se primarán as actividades de carácter profesional. Por primeira vez, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico contará con tres aulas gastronómicas nas que se impartirán de forma continua showcookings e exhibicións de cociña en directo por parte de destacados chefs de Galicia, Portugal,...


25-01-2016 - Xantar organiza o III Encontro de Bloggers gastronómicos

No marco de XANTAR,  Salón Internacional de Turismo Gastronómico, unha feira que alcanza a súa decimoséptima edición do 3 ao 7 de febreiro de 2016, terá lugar o III Encontro de Bloggers Gastronómicos que se celebrará o xoves día 4 de febreiro ás 16:30 horas e contará coa implicación de grandes blogueiros como Alfonso López, do blog “Recetas de rechupete”. Despois do éxito da pasada edición, con 21 blogueiros nacionais presentes, Xantar promoverá este ano o terceiro encontro de bloggers gastronómicos cun día adicado especialmente a eles.Á...


22-01-2016 - Xantar converterase no punto de encontro internacional das confrarías gastronómicas

No marco de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, celebrarase o 12º Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas, cuxos actos oficiales están previstos para o xoves día 4 de febreiro no Recinto Feiral de Ourense. Este encontro, que reunirá a agrupacións de España, Portugal, Francia e Ecuador volverá a ofrecer un amplo programa de actividades entre os que se atopa o xa tradicional pasarrúas polo casco vello da cidade seguido dunha recepción oficial no concello.Así mesmo presentaranse as novas confrarías e cofrades, e...


22-01-2016 - Xantar promociónase esta fin de semana na 25ª Feira do Fumeiro e Presunto de Barroso de Montealegre

A Cámara Municipal de Montalegre e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) asinaron onte pola tarde no municipio portugués un convenio de colaboración para o desenvolvemento e promoción conxunta de ambas entidades nos eventos que éstas organicen. A sinatura deste convenio, na que participaron o presidente da Cámara Municipal, Orlando Álves, e a directora de Administración de Expourense, Cristina Álvarez Bermejo, tivo lugar no marco da inauguración da XXV Festa do Fumeiro e Presunto de Barroso, que se celebra no municipio portugués ao longo desta fin de semana...


21-01-2016 - O municipio portugués de Felgueiras participará activamente en Xantar

Despois de ter acudido como expositor en anteriores edicións, a Cámara Municipal de Felgueiras, pertencente á rexión Porto e Norte de Portugal, reforzará a súa presenza na 17ª edición de Xantar organizando un completo programa de actividades que servirán para posicionar a esta poboación como destino de proximidade de calidade grazas á promoción do seu excelente oferta gastronómica.Dentro do XI Encontro Ibérico de Dieta e Saúde o municipio impartirá numerosos showcookings por prestixiosos restauradores da zona como o chef Vitor Carvalho ou a chef Susana...


20-01-2016 - O Chef Pepe Solla participará en Xantar da man de Repsol

Xantar, Salón internacionalde Turismo Gastrononómico, contará por primeira vez con tres aulas gastronómicas nas que prestixiosos chefs de Galicia, Portugal e México (país convidado) farán exhibicións de cociña en directo. Unha destas aulas estará liderada por Repsol. Destaca o programa de showcookings que ofertará este patrocinador de Xantar xa que achegará ata o recinto de Expourense a Pepe Solla, gañador dunha Estrella Michelin e tres soles Repsol. O recoñecido Chef impartirá dous showcookings, un o mércores 3 ás 12:30 horas, e outro o venres 5 ás 13:00 horas.Pepe...


20-01-2016 - Xantar 2016, única feira internacional de turismo gastronómico de España

FITUR - MADRID, 20/01/2016.- Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, celebrará en Ourense entre o 3 e o 7 de febreiro de 2016 a súa 17ª edición posicionando á gastronomía como motivación turística de primeiro nivel e ofreciendo ao visitante a posibilidade de asomarse a esta ventá gastronómica internacional que presenta os sabores de España, Portugal e de México, que este ano será o país convidado representado polo Estado de Morelos. Esta cita ratificou por terceiro ano consecutivo o selo de “Feira Comercial Internacional” otorgado polo Ministerio de...


19-01-2016 - Presentación de Xantar 2016 en FITUR-Madrid, mañá mércores 20 de xaneiro ás 17.00 h. no stand de Galicia

Xantar presentará a súa edición de 2016 en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebrará en Madrid este mes de xaneiro. Este acto terá lugar mañá mércores 20 de xaneiro ás 17.00 h. no stand de Galicia (Pabellón 9). Esta edición estará especialmente dedicada ao Entroido.Participarán nesta presentación a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; a Secretaria de Turismo do Estado de Morelos- México (país convidado), Mónica Reyes; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o director de Marketing de Turespaña, Rafael Chamorro; o...


19-01-2016 - Anticípate a San Valentín, convida a túa parella a Xantar e gaña unha viaxe a Madeira

Co obxectivo de estimular a participación de parellas, e dada a proximidade do Día de San Valentín, a organización de Xantar puxo en marcha un sorteo especial dunha viaxe de 6 días / 5 noites a Madeira para dúas persoas con voos dende Porto ata Funchal e estancia en hotel de 4 * en réxime de aloxamento e almorzo. Este sorteo é posible grazas á colaboración de Yu Travel.Todas as parellas que acudan a Xantar a comer ou cear, poderán solicitar previamente, sen custo adicional, o seu Bono San Valentín que lles permitirá participar directamente no sorteo da...


18-01-2016 - BOAGA presentará en Xantar o seu selo “100% Raza Autóctona”

BOAGA- A Federación de Razas Autóctonas de Galicia e as asociacións integradas nela, participarán un ano mais en Xantar onde contarán cun stand no que se poderá obter información sobre as razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega, e das distintas actividades encamiñadas á promoción e á tipificación das súas producións baixo unha forma de produción sostible e ao mesmo tempo rendible, das múltiples posibilidades culinarias e das distintas estratexias de comercialización deste tipo de produtos únicos...


18-01-2016 - Grupo Cuevas repite como partner de Xantar

Xantar continúa sumando apoios de grandes empresas do sector agroalimentario e, tamén, como neste caso, da distribución. O Grupo Cuevas convértese un ano máis en patrocinador/partner do Salón Internacional de Turismo Gastronómico.Cun total de 25 establecementos e case 18.000 metros cadrados de superficie conxunta, e con actividade ininterrompida dacabalo de tres séculos, a marca Cuevas é un referente no sector da distribución en Galicia.A piques de cumprir 150 anos de percorrido, a compañía ourensá mantén a súa aposta pola...


15-01-2016 - Xantar e YU Travel lanzan un paquete turístico para gozar da gastronomía de Galicia 

Xantar 2016 puxo en marcha diversos paquetes turísticos que teñen o obxectivo de fomentar o turismo interno e de proximidade estimulando ao público final a visitar Ourense e Galicia reforzando así un dos obxectivos principais desta cita: promocionar o turismo a través da gastronomía. A partir de 69 euros, este paquete comercialízase a través da organización (info@xantar.org ou 988 36 60 30) e de axencias de viaxes (a través do operador Yu Travel).Este paquete inclúe aloxamento en réxime de A.D.  en hotel 4* no centro de Ourense (69 euros) ou nun hotel...


15-01-2016 - Ribeiro, Valdeorras e Monterrei confirman a súa participación no Túnel de Viño de Xantar 2016

Xantar 2016 aposta firme por fomentar a cultura vitivinícola de Galicia e repite nesta edición a creación dun Túnel do Viño que mellora e amplía con respecto á experiencia do ano anterior. O obxectivo de Xantar de servir de escaparate internacional ao viño galego non pasou desapercibido para os consellos reguladores e Ribeiro, Valdeorras e Monterrei, xa confirmaron a presenza nesta actividade.A principal motivación daqueles que visitan a feira é a procura dunha experiencia gastronómica, por tanto este escenario é idóneo para favorecer accións de sensibilización...


14-01-2016 - Presentación de Xantar 2016 en FITUR-Madrid, o mércores 20 de xaneiro ás 17.00 h. no stand de Galicia

Xantar presentará a súa edición de 2016 en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebrará en Madrid este mes de xaneiro. Este acto terá lugar o mércores 20 de xaneiro ás 17.00 h. no stand de Galicia (Pabellón 9). Esta edición estará especialmente dedicada ao Entroido.Estarán presentes representantes do Goberno Galego, do Concello de Ourense, de Turespaña, e das comunidades, do Estado de Morelos, que representa a México como país invitado e de Portugal, como país sempre vinculado a esta cita. Acompañarán ademais de membros do Comité Asesor...


14-01-2016 - O INORDE e Coren únense para ofrecer en Xantar un menú autóctono de Ourense

O INORDE e Coren volven unirse para ofrecer en Xantar un menú completo e baseado nos produtos de calidade e autóctonos da provincia de Ourense como o Porco Celta, as castañas ou as patacas da Limia. En total, o menú está composto por seta pratos onde se poderán degustar tamén as especialidades de Coren como os produtos da gama “Selecta”, o polo de curral ou os callos.Como é habitual, o Instituto de Desenvolvemento Económico de Ourense (INORDE) contará cun restaurante en Xantar no que ofrecerá un completo menú a un prezo reducido de 12 euros. Dispoñible...


14-01-2016 - Esposende divulgará en Xantar a súa excelente oferta gastronómica baseada en peixes e mariscos, viños e repostería

Despois de acudir como expositor en anteriores edicións, a Cámara Municipal de Esposende, pertencente á rexión Porto e Norte de Portugal, reforzará a súa presenza na próxima organizando un completo programa de actividades que servirán para situar a esta poboación como destino de proximidade de calidade grazas á promoción da súa excelente oferta gastronómica, un factor diferenciador da súa oferta turística, baseada, sobre todo, en peixes, mariscos, viños, lácteos e repostería.O Municipio de Esposende acode a Xantar contando coa colaboración da súa...


13-01-2016 - Xantar sorteará ceas en Carrefour

Xantar 2016 comezará o venres 22 de xaneiro a promoverse no Centro Comercial Carrefour de Ourense. Durante as dúas próximas fins de semana (venres e sábados), o Salón Internacional de Turismo Gastronómico contará cun stand informativo dende o que se darán a coñecer as actividades e os menús que se ofrecerán en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro. O horario será os venres de 17:45 a 21:45 e os sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 21:30. Esta acción manterase os dous días previos a Xantar en horario de 17:30 a 21:30.Os clientes de Carrefour poderán...


13-01-2016 - Presentación de Xantar 2016 no Estado de Morelos, que representará a México como país convidado

O Estado de Morelos representará a México como país invitado en Xantar 2016, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Expourense (Ourense-Galicia-España) entre o 3 e o 7 de febreiro. A capital do estado, Cuernavaca, acollía onte a presentación oficial do país na única feira internacional de turismo gastronómico celebrada en España.Nun acto que contou con gran participación de representantes institucionais, empresarios do sector da hotelería e a gastronomía, profesionais e medios de comunicación, o director de Xantar 2016,...


12-01-2016 - Hijos de Rivera, 17 años fieis a Xantar

Un clásico que non pode faltar en Xantar. A empresa Fillos de Rivera volve confiar no Salón Internacional de Turismo Gastronómico converténdose en patrocinador/partner do mesmo. Despregarán un ano máis o seu stand multiproduto en Xantar co obxectivo de gozar con todos os visitantes a este salón gastronómico e dar a coñecer a súa ampla gama de bebidas. Ademais, os seus produtos serán os protagonistas de diversas actividades como catas ou degustacións que achegarán ao público tanto ao seu proceso de elaboración como ás súas características.  Do...


12-01-2016 - Xantar 2016 lanza o paquete Tren para gozar dunha xornada gastronómico-termal en Ourense

Xantar 2016 lanza unha nova edición do seu Paquete Tren AVANT que ten o obxectivo de convidar aos habitantes da provincia de A Coruña a achegarse ata Ourense para gozar dunha xornada gastrónomico-termal durante a fin de semana do salón, é dicir, os días 6 e 7 de febreiro. Este “Paquete Tren” inclúe viaxe de ida e volta no AVANT ata Ourense dende A Coruña ou dende Santiago, recollida na estación, visita guiada á ribeira termal del Miño con baño opcional, entrada ó recinto de Expourense, almorzo nun dos restaurantes de Xantar, participación nas...


11-01-2016 - ANFACO-CECOPESCA promoverá en Xantar o consumo de conservas de peixe e mariscos

A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos, ANFACO-CECOPESCA, colaborará un ano máis con Xantar para promover nesta cita o consumo, as propiedades nutritivas e saudables e as enormes posibilidades culinarias de consérvalas. Como é habitual, organizarán varias actividades con este objetico dirixidas, por unha banda aos profesionais da hostelería e, por outro, ao público final, incluíndo tanto a adultos como a nenos. ANFACO-CECOSPESCA súmase así a lista de entidades colaboradoras de Xantar 2016, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará...


11-01-2016 - Vila Praia de Âncora, capital do Espadarte (peixe espada), contará cun restaurante en Xantar 2016

O Festival Gastronómico Bife de Espadarte que cada ano ase celebra no mes de agosto en Vila Praia de Âncora, na cámara municipal de Caminha, participará por primeira vez cun restaurante en Xantar no que ofrecerá un menú no que o Espadarte (peixe espada) brillará como protagonista.VILA PRAIA DE ÂNCORA - MENÚ CAPITAL DO ESPADARTE- Pan Tradicional- Chorinha de Espadarte (Caldo)- Vinagreta de Espadarte- Polbo ao estilo Praia de Âncora Praia- Bife de Espadarte- Caldeirada de Espadarte-...


08-01-2016 - Aceites Abril, a calidade do aceite de oliva galego que nunca falta en Xantar

Aceites Abril volve mostrar o seu apoio a Xantar converténdose un ano máis en patrocinador/partner do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebrará en Expourense do 3 ao 7 de febreiro de 2015. A empresa ourensana, presente en todas as edicións, promocionará entre os miles de visitantes a súa ampla gama de produtos. Contarán desde o que ofrecer información de primeira man aos visitantes e tamén organizarán algunha actividade relacionada cos seus aceites como foi o caso da última edición na que organizaron, con gran éxito de convocatoria,...


08-01-2016 - Coren, outra gran empresa que se suma a Xantar

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, celebra en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro de 2016 a súa décimo sétima edición adicada á promoción da gastronomía de calidade. Dezasete anos que son posibles grazas ao apoio de grandes marcas do sector agroalimentario como é o caso de Coren que achegará parte dos seus produtos ao menú que elaborará o INORDE no seu restaurante na feira. Así, Xantar conta un ano máis co patrocinio da cooperativa agroalimentaria máis importante do panorama nacional.Un dos obxectivos do Salón Internacional de...


07-01-2016 - Convenio de colaboración entre Xantar e MeSabe, o festival de gastronomía máis importante de Ecuador

Xantar, única feira internacional especializada en turismo gastronómico de España, continúa sumando socios estratéxicos e apoios internacionais para reforzar o seu carácter de cita única na que cada ano refórzase a cooperación transfronteriza e a iberoamericana.Expourense, a entidade que organiza Xantar, acaba de asinar un importante convenio de colaboración co Grupo empresarial EKOS, entidade que organiza “MeSabe”, o maior festival de gastronomía e comida popular do Ecuador. Trátase dun evento que reúne cada ano a miles de ecuatorianos e que convoca...


05-01-2016 - A Cofradía dos Viños de Rías Baixas participará no XII Encontro Internacional de Cofrarías de Xantar

Os membros da Cofradía dos Viños de Rías Baixas, de Pontevedra, participarán activamente no XII Encontro Internacional de Cofrarías Gastronómicas e Enófilas, que se celebrará entre o 4 e 5 de febreiro de 2016 no marco de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico.As cofradías enogastronómicas ennoblecen coa súa presenza multitude de festas nas que se exaltan produtos de calidade venvellados a unha determinada zona xeográfica. Os seus coloridos traxes aportan vistosidade aos actos, e realzan a fiesta dende un punto de vista social e mediático...


04-01-2016 - A Cámara Municipal de Montalegre aposta por Xantar

Logo da súa ampla e exitosa participación durante a edición de 2015, a Cámara Municipal de Montalegre, repite a súa aposta por este salón organizando toda unha serie de actividades que contribuirán a promocionar a este concello portugués ubicado moi preto de Ourense e co que Expourense mantén distintos convenios de colaboración transfronteiriza.Segundo o acordado con vicepresidente de Montalegre, Dr. David Teixeira, esta localidade contará cun amplo protagonismo en Xantar 2016 e Terán un día adicado, o venres 5 de febreiro, que incluirá a visita de representantes...


30-12-2015 - Xantar 2016 convoca a cuarta edición do Concurso Xantar Gourmet

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico inaugurará o calendario das máis de 300 festas gastronómicas celebradas ao ano en Galicia, prestando especial atención ao Entroido. A décimo séptima edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que terá lugar en Expourense entre o 3 eo 7 de febreiro de 2016, xa abriu o prazo de inscrición para o cuarto Concurso Xantar Gourmet, este ano vencellado ao Entroido.Este concurso naceu co obxectivo de difundir a gastronomía autóctona a través do emprego de materias primas galegas de calidade e...


29-12-2015 - Xantar ratifica o seu Selo de Internacionalidade para a edición de 2016

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, ratifica a súa consideración de "Feira Comercial Internacional" para a súa edición de 2016, segundo a resolución da Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España, adoptada o pasado 19 de decembro de 2015 e publicada no Boletín Oficial do Estado o luns 28 de decembro.Esta resolución outorga á feira a internacionalidade por terceira vez consecutiva e recoñece a traxectoria de Xantar incorporando edición tras edición a participación de novos países....


28-12-2015 - Vila Real acude a Xantar 2016 para promocionarse como destino gastronómico próximo e de calidade

O Municipio portugués de Vila Real vai a participar, por tercer ano consecutivo, de forma activa e protagonista en Xantar, un salón internacional cuxo objetivo é defender a cultura da calidad gastronómica posicionándoa como un importante factor de atracción turística e posicionarse como punto de encontro dos recursos turísticos de todos os destinos que participan como expositores.Este é o caso do Municipio de Vila Real que chega a Xantar para promocionar o mellor que esta rexión ten para ofrecer. Dende a súa excelente cociña aos seus viños, pasando polos...


23-12-2015 - Bodegas Docampo incorpórase como colaborador de Xantar 2016

Ourense 23/12/2015.- O xerente de Bodegas Docampo, Jerónimo Docampo, e o director xeral de Expourense, Alejandro Rubín, firmaron esta mañá un convenio de colaboración entre as dúas entidades que se desenvolverá durante a celebración de Xantar 2016. Iniciase así un marco de colaboración para promover accións promocionais da bodega no ámbito do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar que este ano celebra a súa 17ª edición.Deste xeito, a Bodega reforza a súa presenza en Xantar participando en numerosas actividades.  O Concurso Cociñar...


22-12-2015 - A Cofradía Gastronómica del Cocido con Pelotas participará no XII Encontro Internacional de Cofrarías de Xantar

O XII Encontro Internacional de Cofrarías Gastronómicas e Enófilas, que se celebrará entre o 4 e 5 de febreiro de 2016 no marco de Xantar, contará por vez primeira coa presenza da Cofradía Gastronómica del Cocido con Pelotas de Valencia.A Cofradía Gastronómica del Cocido con Pelotas nace das inquedanzas dun grupo de persoas interesadas  pola conservación dos hábitos, costumes, cultura e tradicións de Torrevieja, que escolleron o camiño da Gastronomía como elemento de unión e traballo co fin de que nestes tempos de Cultura Globalizada, as ancestrais...


18-12-2015 - Unha delegación de oito dos mellores chefs do Estado de Morelos faranse cargo do restaurante de México en Xantar 2016

O Estado de Morelos representará a México como país invitado en Xantar 2016, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro próximos. Morelos participará en todas as accións do salón presentando o mellor da súa gastronomía, tanto no seu restaurante como no programa de shookcookings en directo.Morelos aposta forte polo seu papel en Xantar e despraza ata Expourense unha delegación de oito dos seus mellores chefs para que sexan os encargados de elaborar un menú que conxugará a tradición e a innovación...


18-12-2015 - Xantar 2016 acollerá a final do IV Concurso Cociñar con Viño de Bodegas Docampo

O Concurso Cociñar con Viño organizado por Bodegas Docampo volve a Xantar para celebrar a súa cuarta edición. Coas bases para participar xa convocadas, os interesados teñen de prazo para apuntarse ata o 11 de xaneiro. As seis recietas finalistas Terán a oportunidade de realizar o seu prato en directo e ante un xurado profesional en Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro de 2016.Ademais de organizar a final deste concurso no salón, Bodegas Docampo contará cun stand promocional e organizará...


17-12-2015 - Presentación de Xantar e Termatalia México 2016 á Directora Xeral de Turespaña

A Directora Xeral de Turespaña, Marta Branco Quesada, mantivo onte unha reunión co director xeral de Expourense, Alejandro Rubín, entidade que organiza Xantar e Termatalia, dúas das cinco feiras internacionais de turismo celebradas na actualidade en España e as únicas especializadas en turismo gastronómico e turismo de saúde, respectivamente. Estas dúas citas contan co recoñecemento de “Feira Comercial Internacional” do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España e contribuíron a situar a nivel mundial dous dos grandes recursos turísticos de Galicia: a gastronomía...


16-12-2015 - Vila de Cruces volve confiar en Xantar para promocionar a súa gastronomía protagonizada polo Galo de Curral

O concello de Vila de Cruces volverá a estar presente un ano máis en Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, para promocionar a estrela da súa gastronomía: o galo de curral. O concello estará representado cun restaurante no que os visitantes do salón poderán degustar diferentes formas de cociñar esta xoia da gastronomía galega e que estará xestionado polo Refuxio de Merza. Ademais, contará cun stand promocional no que presentará os seus recursos turísticos.Vila de Cruces coñece os segredos do galo de curral, e dende o ano 92 compárteos...


15-12-2015 - Penafiel incorpórase a Xantar

Xantar 2016 segue sumando e atraendo a novos destinos turísticos e gastronómicos de proximidade que queren aproveitar esta cita internacional para dar a coñecer os seus atractivos ante un público potencial integrado polas miles de persoas que cada ano visitan o salón.Nesta ocasión é a localidade de Penafiel, en Portugal, a 20 minutos da cidade de Porto, a que aposta por Xantar participando por primeira vez e facéndoo ademais, ao grande. A Cámara Municipal de Penafiel contará cun stand promocional desde o que dar a coñecer o seu vasto patrimonio cultural...


12-12-2015 - Primeira reunión do comité asesor de Xantar 2016

Esta semana celebrouse a primeira reunión do comité asesor de Xantar 2016 que para perfilar o programa de actividades da vindeira edición incluíndo tanto ás accións dirixidas a público profesional como a público xeral. A participación de México como país e o Entroido serán os grandes protagonistas da vindeira edición de Xantar, 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro, precisamente coincidindo cos primeiros días fortes desta festa. México estará representado polo Estado de Morelos e participará en todas...


09-12-2015 - Xantar 2016 promocionouse na Feira de Mostras de Autónomos de Galicia, FEMAGA

Entre o 4 e o 8 de decembro, Xantar 2016 se promocionó na Coruña na XXII Feira de Mostras de Autónomos de Galicia, FEMAGA e deu a coñecer aos visitantes os detalles da súa próxima edición que se celebrará entre o 3 e o 7 de febreiro.FEMAGA é un punto de encontro entre profesionais de diferentes sectores e aberto ao público cuxo fin é ofrecer produtos ao consumidor final e é unha valiosa ferramenta para expositores que proxecten “a marca” das súas empresas.A edición deste ano incorporou distintos salóns que podería ser...


03-12-2015 - Viana do Castelo volve confiar en Xantar para promocionarse como destino de proximidade

A cidade portuguesa de Viana do Castelo confirmou un ano máis a súa presenza en Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro de 2016. Esta cámara municipal acode á feira para promocionarse como destino gastronómico e cultural completo e de proximidade para os galegos.Contarán cun stand desde o que presentar os seus atractivos turísticos e os seus viños e repostería tradicional. Terán un día dedicado que será o sábado 6 de febreiro e como é habitual incluirá a visita de representantes...


01-12-2015 - Xantar 2016 convoca o I Concurso de Disfraces de Entroido

A vindeira edición de Xantar terá lugar entre o 3 e o 7 de febreiro de 2016, datas que coinciden cos primeiros días fortes do Entroido en Galicia, polo que se organizará unha edición especial adicada a esta festa tradicional. Para animar aos visitantes a celebrar o Entroido dentro do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, a organización convocou o 1º Concurso de Disfraces de Xantar no se poderá participar de xeito individual ou en comparsa (mínimo 4 persoas).Os participantes deberán facer unha exhibición o mércores 3 de febreiro dentro do salón...


30-11-2015 - Xantar 2016 presentouse na reunión anual do Plan de Gastronomía Sostible e Saudable de Costa Rica

Logo da súa participación como país invitado na última edición de Xantar celebrada en marzo de 2015, Costa Rica segue estrechamente vinculada ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico, e tamén a outros proxectos internacionais organizados por Expourense.Este vencello queda patente a través de eventos como a presentación de Xantar 2016 que o director da feira, Alejandro Rubín, realizou a pasada semana no marco da reunión anual do Plan de Gastronomía Sostenible e Saudable, PGNCSS, celebrado no Hotel San José Palacio da capital do país. Este encontro...


20-11-2015 - Parada de Sil volverá promocionar en Xantar a  súa gastronomía, viños e patrimonio natural e histórico

O concello ourensán de Parada de Sil repite un ano máis a súa presenza en Xantar para promocionarse activamente ante os milleiros de visitantes como o corazón da Ribeira Sacra. Contará cun restaurante que ofrecerá un menú composto por produtos autóctonos e de calidade como a castaña, a bica ou os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. A 17ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrarse en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro e contará con México-Estado de Morelos como país convidado.Ademais, o concello terá un stand...


13-11-2015 - Xantar celebrará unha nova edición do Concurso Xantar Gourmet

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no cuarto Concurso de cociña “Xantar Gourmet” que naceu co obxectivo de difundir a gastronomía autóctona a través do emprego de materias primas galegas de calidade e produtos gourmet transformándoos en pratos tradicionais ou innovadores. Este concurso divídese en dúas categorías: profesionais e afeccionados. Os concursantes deberán preparar unha receita que conteña un produto gourmet galego e dous produtos de calidade da lista que se achega a continuación. Poderase participar a título individual...


10-11-2015 - Xantar 2016 convoca o VI Concurso de Cartaces de Festas Gastronómicas de Galicia e Portugal

A décimo sétima edición de Xantar, que terá lugar en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro de 2016, xa abriu o prazo de inscrición para o sexto Concurso de Cartaces de Festas Gastronómicas de Galicia e Portugal.Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico inaugurará o calendario das máis de 300 festas gastronómicas celebradas ao ano en Galicia, prestando especial atención ó Entroido e tamén a aquelas declaradas de Interese Turístico.Ao concurso de cartaces se poderán presentar os autores dos cartaces, concellos ou...


04-11-2015 - Cafés Lisboa tampouco faltará a súa cita con Xantar en 2016

Cafés Lisboa, un dos clásicos do salón XANTAR, continuará participando activamente na feira ofrecendo durante a próxima edición de 2016, diversas degustaciones de café. Esta empresa ourensá, é un dos patrocinadores máis emblemáticos do Salón e sempre é das primeiras en mostrar a súa incondicional apoio a Xantar. O seu café é xa un clásico de Xantar e é o mellor broche final logo dunha boa comida ou cea no salón. Durante os 5 días ofrece café de modo gratuito a todos os visitantes e ademais fornéceo a todos os restaurantes da feira. Edición...


27-10-2015 - Xantar patrocinó la categoría de “Gastronomía y Vinos” en el Festival Internacional de Cine Turístico ART & TUR

Fruto del convenio de colaboración transfronteriza entre Expourense y el Festival Internacional de Cine Turístico ART & TUR, el director gerente de la Fundación y director de Xantar, Alejandro Rubín, participó este fin de semana en Porto en el acto oficial de entrega de premios de la edición 2015 de este festival cuya categoría “Gastronomía y Vinos” estuvo patrocinada por Xantar.La Gala de entrega de premios contó con la presencia de más de 200 participantes procedentes de una treintena de países y premió a las mejores producciones audiovisuales...


17-10-2015 - A cooperación transfronteiriza con Expourense, peza clave na promoción do turismo de proximidade en Ponte de Lima

“A relación de cooperación transfronteiriza entre Ponte de Lima e Expourense é perfecta e ten sido fundamental para dinamizar o turismo de proximidade na nosa cidade. Dende que participamos en Xantar somos conscientes do importante que é organizar eventos que poñan en valor os produtos endóxenos e de excelencia do noso territorio vendo como a través deles dinamizamos a economía local e da rexión do Alto Minho”. Con estas palabras definía o presidente da Cámara Municipal de Ponte de Lima, Enx. Vitor Mendes, a relación de cooperación existente entre esta cidade portuguesa e...


14-08-2015 - Expourense representa a Galicia como comunidade convidada no Festival Gastronómico Bife de Espadarte en Praia Vila de Áncora - Caminha (Portugal)

Vila de Áncora 14/08/2015.- Expourense participou como convidado especial representando á gastronomía galega no Festival Gastronómico do Bife de Espadarte, en Vila Praia de Âncora, en Portugal, inaugurado onte 13 de agosto e organizado pola entidade de Turismo Porto e Norte, a Cámara Municipal de Caminha en conxunto con entidades privadas. A Fundación Expourense e o Municipio de Caminha representados respectivamente por Alejandro Rubín e o alcalde Luís Miguel da Silva Mendonça Alves firmaron un convenio de colaboración para a promoción mutua e pola cal se confirmou a presenza...


11-08-2015 - A comida tradicional mexicana é declarada Patrimonio Cultural Intanxible da Humanidade pola UNESCO

A cociña tradicional de México foiinscrita pola UNESCO na denominada ‘Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade’.A cocina de México é factor fundamental de identidade cultural, cohesión social, e un factor de desenvolvemento comunitario. México aporta ao mundo unha gran cantidade de produtos con Denominación de Orixe Calificada: tequila, mezcal, mango ataulfo Chiapas, café de Veracruz, charanda e café de Chiapas.O país conta cunha importante oferta gastronómica que contribue á economía do país:...


06-08-2015 - Aceites ABRIL, fiel colaborador de Xantar,ofrecerá este sábado 8 de agosto o seu espectáculo "Maxia Verde" no Festival Música no Claustro de Tui 

Aceites Abril, empresa colaboradora coa feira internacional Xantar, ofrecerá en Tui este sábado 8 de agosto  ó redor das 21.30 horas o seu espectáculo "Maxia Verde". A actuación englóbase dentro da amplia programación do 11º Festival Música no Claustro que se desenvolverá entre os días 7 e 9 deste mes na catedral del Tui.Empregando como fio condutor o lema do festival, #Contrastes, o Mago Teto ofrecerá unha sesión onde a ilusión e a boa cociña serán os principais protagonistas. Os incríbles xogos de maxia que ofrecerá este recoñecido mago con...


31-07-2015 - Expourense estreita a súa  rede no Norte de Portugal co municipio de Mondim de Basto 

Mondim de Basto, 31/07/2015.- Desde que se iniciara un marco xeral de cooperación establecido entre Expourense e Turismo Porto e Norte de Portugal,  ambas entidades continúan traballando para materializar contactos entre a Fundación ourensá e os municipios do norte luso, co fin de executar proxectos concretos e fomentar a promoción dos eventos internacionais de Turismo como é o caso de Termatalia e Xantar. Así, un paso máis foi a sinatura dun convenio de colaboración e promoción mutua coa cámara municipal de Mondim de Basto, ubicada no distrito de Vila Real. A sinatura...


02-06-2015 - Xantar 2016 presente na XIX Festa do viño Albariño D.O Rías Baixas celebrada en Palma de Mallorca.

Xantar 2016 promocionouse da man da Asociación de Amigos da Cociña Galega, AMICOGAL, na XIX festa do viño Albariño D.O Rías Baixas que tivo lugar o pasado 14 de maio no Hotel Cristóbal Colón, en Palma de Mallorca.Nesta edición, unhas 55 bodegas da D.O Rías Baixas presentaron arredor dun centear de viños . Unha mostra ecolóxica convertida xa  polo seu fundador e presidente do consello de administración do citado hotel, Antonio Seijas, nunha cita obrigada para os afeccionados ó viño na illa.A festa ,contou ademáis co patrocinio...


30-05-2015 - Expourense engade dous socios á súa rede de cooperación transfronteiriza co Norte de Portugal

Expourense ampliou onte a súa rede de cooperación transfronteiriza co Norte de Portugal asinando un convenio de colaboración a tres bandas coa Confederación Empresarial do Alto Minho (CEVAL) e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM). Súmanse así á lista de entidades e institucións do Norte de Portugal cos que o recinto feiral mantén distintos acordos para a promoción de proxectos vencellados con distintos sectores, pero sobre todo en materia de turismo, gastronomía e termalismo. A sinatura deste convenio tivo lugar no marco do acto inaugural...


28-05-2015 - Expourense participará na “Mostra 100% Alto Minho” que comeza mañá en Viana do Castelo

Expourense será un dos protagonistas da primeira edición da "Feira Mostra 100% Alto Miño", cita promovida pola Entidade de Turismo Porto e Norte, que se celebrará entre o 29 e o 31 de maio no Centro Cultural do Alto Minho en Viana do Castelo, en Portugal. Unha delegación integrada por representantes institucionais e empresariais e medios de comunicación participará na xornada inaugural que estará presidida polo Secretario de Estado de Alimentación de Portugal, Nuno Vieira de Brito.A participación de Expourense na Feira do Alto Minho incluirá a firma dun...


28-04-2015 - Costa Rica fai balance da súa participación como país invitado en Xantar 2015

O coordinador do Plan Nacional de Gastronomía Costarricense Sostible e Saudable e director executivo da Cámara Costarricense de Restaurantes (CACORE), Alejandro Madrigal, presentou ante as institucións turísticas do seu país un informe que resume a súa participación como país invitado na última edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrou en Expourense o pasado mes de marzo. Madrigal foi un dos profesionais ó frente da delegación costarricense que estivo amparada pola presenza da auga X-PINNER e de CACORE.


16-04-2015 - Expourense promocionou  Vinis Terrae 2015 e Xantar 2016 no Salón de Gourmets  de Madrid

Expourense promocionou estos días no salón Gourmets de Madrid as súas dúas citas relacionadas ca gastronomía, alimentación e viticultura. Aqueles que se achegaron ata o stand da Consellería de Medio Rural e Mar da Xunta de Galicia, puderon obter información sobre VINIS TERRAE, Salón do Viño e Licores Galego de Calidade, que celebrará a súa vición en vindeira edición en Ourense os días 25 e 26 de maio. Ata alí tamén se desprazaron representantes da organización de Expourense co obxetivo de contactar con profesionais da distribución que puderan ter interese...


01-04-2015 - México participará como país invitado en Xantar 2016 representado polo Estado de Morelos

O Estado de Morelos representará a México como país invitado na próxima edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Expourense entre o 2 e o 6 de marzo de 2016. Esta participación materializouse coa firma dun convenio de colaboración entre Expourense e a Secretaría de Turismo de Morelos que tivo lugar no marco do Tianguis Turístico de México, celebrado fai uns días en Acapulco e convertido na cita turística máis importante do país. A firma correu a cargo do director de Xantar, Alejandro Rubín, e do director xeral e Fideicomiso do World...


27-03-2015 - Expourense protagoniza el Día de Galicia en la 48ª Feria AGRO de Braga

Braga - Portugal, 27/03/2015.- La 48ª edición de AGRO, la Feria Internacional de Agricultura, Ganado y Alimentación, que se celebra desde ayer y hasta el próximo domingo en la localidad portuguesa de Braga, celebró hoy el Día dedicado a Galicia que contó con una visita institucional integrada por representantes de Expourense, entre los que destacaba el presidente de su comité ejecutivo y presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada, la directora adjunta de Exporuense, Emma González, el representante de la Asociación Gallega de Cooperativas Agrarias (AGACA)...


08-03-2015 - Xantar 2015 volve contar coa fidelidade do público galego e portugués

Ourense, 07/03/2015.- Xantar pecha esta tarde as portas da súa decimosexta edición, a segunda como cita internacional, logo de cinco días de intensa actividade que estiveron dirixidas a promocionar a gastronomía sostible e saudable e onde Costa Rica exerceu de protagonista como país convidado presentándose como “destino único, diferenciado, amigable e sostible”. Xantar 2015 remata contando coa fidelidade dos profesionais do sector e do público xeral. A falta de contabilizar as visitas desta tarde, a organización estima que o salón acadou as 22.000 visitas e o número de comidas...


07-03-2015 - A gastronomía como eixo fundamental para promocionar o turismo de Galicia

Ourense, 07/03/2015.- “A actividade xerada polo turismo en Galicia ascende a máis de 6 mil millóns de euros, o que representa preto do 11% do PIB da nosa comunidade, polo que o turismo constitúe un dos piares fundamentais na economía de Galicia”. Con estes datos celebraba a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o día adicado a este sector en Xantar especificando que no caso de Galicia, turismo e gastronomía deben de ir da man. “A nosa materia prima conxugada co traballo realizado polos profesionais cociñeiros galegos converten a nosa boa mesa e os nosos afamados...


06-03-2015 - A Concellería de Turismo presenta no Xantar #saboresdeourense como marca paraugas para a promoción da gastronomía local

A concelleira de Turismo do Concello de Ourense, Mónica Vázquez, vén de presentar no 16 Salón Internacional Xantar a marca promocional #saboresdeourense para a promoción da gastronomía local. A imaxe, que acompañará calquera actividade do Concello de Ourense que teña que ver coa cociña e a restauración, tivo uns padriños de luxo no restaurante do Concello de Ourense, xestionado nesta ocasión por sete dos locais gañadores das últimas edicións do concursos de pinchos (Atarazana, Fuentefría, A Feira, A Gula, Estación de Loman, Tapa Negra e Portovello).Julio...


06-03-2015 - Galicia, a mellor “tenda gourmet” de España.

Ourense, 06/03/2015.- “Galicia é a mellor tenda gourmet de España e a comunidade  con máis produtos do agro e do mar recoñecidos son selos de calidade e Xantar é o mellor escaparate para a promoción internacional de todos eles”. Con estas palabras inauguraba a conselleira Rosa Quintana, a terceira xornada de Xantar que estivo adicada ó Medio Rural e o Mar pero tamén ó Concello de Lugo, contando coa presenza de seu alcalde, Xosé Clemente López Orozco, á Cámara Municipal de Ponte de Lima e a  rexión Centro de Portugal protagonizada por Dao-Lafoes.A...


06-03-2015 - Ampla asistencia ó showcooking de Aceites Abril en Xantar 2015

Ourense, 6 marzo de 2015. - Un falso ovo de mirabel con queixo do país e aceite de Oliveiras Galegas. Esta foi a sorprendente receita que se mostrou no showcooking que Aceites Abril desenvolveu esta mañá no seu posto na Feira Xantar 2015, que se desenvolve no recinto feiral de Expourense. O xefe de cociña Luís Vidal de SG Tino Igrexas foi o encargado de dirixir esta actividade que contou cun gran número de asistentes.No taller denominado Aceites Abril Oliveiras Galegas. Cata e degustación, o xefe de cociña realizou unha presentación e unha cata do novo produto...


05-03-2015 - Xantar convértese en punto de encontro internacional das confrarías gastronómicas

Ourense, 05/03/2015.- Xantar consolídase como espazo que exerce de punto de encontro entre os produtos do sector agroalimentario galego, moitos deles foito do cooperativismo, e o consumidor final. Esta foi a idea sobre a que xirou o acto central da segunda xornada de Xantar 2015, adicada ó Cooperativismo, ás confrarías, a Turismo Porto e Norte e ó Concello de Parada de Sil. Estes actos estiveron presididos polo presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, quen estivo acompañado pola directora xeral de Traballo e Economía social, Carmen Bouso; o secretario de...


05-03-2015 - O Consello Regulador da Denominación de Orixe de Monterrei, novo colaborador de Expourense

O presidente do C.R.D.O. Monterrei, Antonio Ángel Méndez Atanes, e o director xeral de Expourense, Alejandro Rubín, firmaron esta mañá un convenio de colaboración para o ano 2015.Iniciase así un marco de colaboración para promover accións promocionais da denominación no marco dos proxectos de Expourense, no ámbito das feiras propias así como nos eventos que a organización realice no exterior.Deste modo, a Denominación de Orixe Monterrei reforza a súa presencia en Xantar, tendo previstas para hoxe as seguintes actividades:O...


04-03-2015 - Xantar consolídase como plataforma de internacionalización da gastronomía galega

Ourense, 04/03/2015.- Xantar abriu hoxe as portas da súa 16ª edición centrada na promoción da gastronomía sostible da que Costa Rica, país convidado, é un referente mundial. Contando coa presenza no salón de 10 países representados, Xantar comeza a súa segunda edición como a única feira de turismo gastronómico de España o que a posiciona como “unha ferramenta imprescindible para a internacionalización da gastronomía e do turismo galegos”, tal e como comentou o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante o acto inaugural que tamén indicou que “Xantar abre...


03-03-2015 - Xantar aposta polo reciclado de vidro no sector hostaleiro contando coa colaboración de Ecovidrio

Ecovidrio é unha entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión do reciclado dos residuos de envases de vidro en España dende 1998. A compañía ofrece un servizo público, universal e gratuíto para o cidadán, mediante o que xestiona toda a cadea de reciclado: a recollida selectiva, o transporte e o tratamento dos envases de vidro, así como a súa posterior comercialización.Na súa aposta por impulsar a reciclaxe de vidro no sector hostaleiro e consciente da importancia de Xantar, Ecovidrio alcanzou un acordo con Expourense para ter presenza neste 16º Salón...


03-03-2015 - Hijos de Rivera nunca falta a súa cita con Xantar

Hijos de Rivera desprega un ano máis o seu posto multiproduto en Xantar co obxectivo de gozar con todos os visitantes a este salón gastronómico e dar a coñecer a súa ampla gama de bebidas. Ademais, os seus produtos serán os protagonistas de dúas actividades que achegarán ao público tanto ao seu proceso de elaboración coma ás súas características:- Unha colaboración co taller-degustación denominado "A Gastronomía Costarriqueña, innovación con identidade propia" impartido polo Chef Luis Guillermo Castro o mércores 4 ás 12:15 h. na Aula Covas.- Unha cata...


02-03-2015 - Xantar consolídase como a única cita internacional de España especializada en turismo gastronómico

Xantar 2015, que se celebra en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo, centrarase na promoción de destinos gastronómicos baseados nunha cociña sostible e saudable como o demostra a elección do país convidado, Costa Rica, e a organización das máis de 100 actividades profesionais orientadas a conseguir este obxectivo. A 16ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, convocará en Expourense esta semana a 140 expositores que ocuparán 12.000 metros cadrados de superficie e entre os que destacan 17 restaurantes que ofrecerán 25 menús con prezos comprendidos entre os 12 e...


02-03-2015 - Os restaurantes da cidade de Ourense súmanse a Xantar 

Os restaurantes da cidade de Ourense súmanse ó proxecto “Xantar na cidade” e ofrecen 13 propostas pensadas para ampliar a oferta culinaria da feira gastronómica que se celebra en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo. Estes son os menús que se poderán saborear en Ourense, convertida nun gran restaurante con menús para todos os gustos.A TabernaRúa Julio Prieto Nespereira, 32988 24 33 32Queixo fresco do país con AnchoasEnsalada...


02-03-2015 - Vila Real acude a Xantar para presentarse como destino gastronómico próximo e de calidade

El Municipio portugués de Vila Real va a participar, por segundo año consecutivo, de forma activa y protagonista en Xantar, un salón internacional cuyo objetivo es defender la cultura de la calidad gastronómica posicionándola como un importante factor de atracción turística y posicionarse como punto de encuentro de los recursos turísticos de todos los destinos que participan como expositores.Este es el caso del Municipio de Vila Real que llega a xantar para promocionar lo menor que esta región tiene para ofrecer. Desde su excelente cocina a sus vinos, pasando...


01-03-2015 - Beealia presentará as súas carnes de calidade no salón Xantar

Beealia, empresa galega de referencia no sector cárnico de calidade, presentará as súas marcas de calidade CORDEIRO e CABRITO ATLÁNTICO este xoves 5 de marzo ás 14:15 en Xantar (Salón Internacional de Turismo Gastronómico) da man de Alvaro Villasante (cociñeiro do Grupo Nove).As carnes de Beealia caracterízanse por un sabor especial, resultado do seu sistema de crianza. Ideal para momentos nos que o cliente busque unha carne deliciosa e diferente a vez. A carne de Cordeiro e Cabrito Atlántico é  saudable, sostible e próxima....


01-03-2015 - Volven a Xantar os sabores e aromas de Lamego e de Douro.

O día 5 de marzo ás 14:30 horas terá lugar a presentación de produtos e delicias propias de Lamego por parte da EHTD-L. Algunhas desas exquisiteces son a Broa de Millo de Lalim, a Cereixa de Penajóia, os embutidos Beira Lamego e as mazás de Montanha. A Escola de Hostalería e Turismo portuguesa espera deixar encantados ós participantes do seu taller, no cal realizarán intervencións innovadoras e que deixan claro que os seus produtos son da mellor calidade. De este xeito, esperan que o público quede con ganas de coñecer mellor a súa cidade, a súa...


27-02-2015 - The Singular Kitchen equipará unha aula gastronómica de Xantar 2015

The Singular Kitchen equipará unha das aulas gastronómicas de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, nas que se realizarán exhibicións de cociña en directo impartidas por prestixiosos cociñeiros galegos ou de Portugal e do país invitado, Costa Rica. As actividades que se desenvolven en Xantar 2015, engloban ademais conferencias, talleres, catas ou degustacións.Dentro desas aulas elaboraranse diariamente un prato representativo da súa gastronomía, completamente en directo a través dunha temática innovadora que os converte nuns pratos...


27-02-2015 - Concello de Ourense e Expourense asinan un convenio de colaboración para a promoción e o desenvolvemento conxunto do turismo da cidade

Ourense, 27 de febreiro de 2015 | A Concellería de Turismo do Concello de Ourense e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) asinaron esta mañá un convenio de colaboración para o desenvolvemento e promoción conxunta do turismo en 2015. As accións principais deste acordo plasmaranse na feira gastronómica internacional Xantar, que se celebrará dos vindeiros 4 ao 8 de marzo, e na que o departamento de Turismo desenvolverá un labor de promoción da cidade de Ourense, contando ademais cun stand propio e un restaurante de 70 metros cadrados denominado #saboresdeourense.O...


26-02-2015 - Presentación de Xantar 2015 en la BTL de Lisboa

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, se presentó ayer en la BTL de Lisboa en un acto en el que el director del salón estuvo arropado por el presidente de la Entidad Turística de Porto e Norte de Portugal, Melchior Moreira, uno de los estrechos colaboradores y que ha realizado un año más una importante apuesta por  la feria. Asistieron además a este acto empresarios del sector y medios de comunicación.Portugal, presente desde la primera edición de Xantar, volverá a ser uno de los protagonistas de esta cita gastronómica. En el área...


26-02-2015 - Presentación de Xantar 2015 en Lugo

Esta mañá tivo lugar na casa consistorial lucense a presentación da 16.ª edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Galicia. No acto participaron a directora adxunta de Expourense, Emma González; o alcalde de Lugo, José López Orozco; a concelleira de Turismo, Carmen Basadre, e o presidente da Apehl, Cheché Real. Xantar celebrarase do 4 ao 8 de marzo no recinto de Expourense e, nesta ocasión, a gastronomía lucense estará representada polo Mesón de Alberto, radicado na rúa da Cruz da cidade das...


25-02-2015 - Máis de 100 actividades profesionais en Xantar 2015

Ourense, 25/02/2014.- Máis de 100 actividades que apostan pola profesionalización do sector hostaleiro e que promocionarán a gastronomía sostible e saudable poñendo en valor ademais a calidade dos produtos agroalimentarios e do mar de Galicia, Portugal e Costa Rica. Isto é o que ofrece o programa do 10º Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde que se celebra no marco de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo. Este programa de actividades incluirá tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en...


25-02-2015 - A Cámara Municipal portuguesa de Montealagre participará en Xantar 2015

O concello de Montealegre (Portugal) participará en Xantar 2015 a través de dúas actividades que se realizarán durante a feira en Expourense:- Sábado (07 de marzo):20.30. – “Queimada do venres 13" – Montalegre. Actividade desenrolada por: o “Bruxo Queiman” e Andrea Pousa.Información sobre a "Queimada do venres 13".O ano 2015 Montalegre foi bendicido con tres venres 13: en febreiro, marzo e novembro. O venres 13, a noite das meigas,...


25-02-2015 - A Eurocidade Chaves-Verín súmase a Xantar 2015 

A Eurocidade Chaves-Verín participará en Xantar 2015 cun stand que promocionará as súas actividades e productos entre potenciais operadores turísticos.Coa celebración de Xantar 2015, Expourense acollerá a un gran número de visitantes e prensa especializada da zona norte de Portugal e Galicia, entre outras rexións, o que garantizará unha grande expectación por parte do público que acudirá durante os catro días, tanto a gozar dos restaurantes como a informarse nos diversos expositores que se encontren ao seu arredor.A Eurocidade...


24-02-2015 - Xantar anima ós afeccionados do COB e do Leyma Básquet Coruña a asistir a súa décimo sexta edición

Este sábado 28 de febreiro no Pavillón Paco Paz de Ourense tendrá lugar o partido entre o Club Ourense Baloncesto, COB, e o Leyma Básquet Coruña ás 18:30 horas. O encontro perfílase coma a ocasión perfecta para que miles de afeccionados dos dous equipos se decanten por coñecer Xantar 2015, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, celebrado en Ourense entre o 4 e o 8 de marzo.Com noutras noutras edicións, a firma do convenio entre Expourense e o equipo local permite que as dúas entidades se promocionen mutuamente. Desta forma, no recinto deportivo repartiranse folletos...


24-02-2015 - Xantar promociona a participación de Portugal no programa Espaço Douro da Universidade FM Rádio de Vila Real

Portugal será sen dúbida un dos grandes protagonistas de Xantar 2015. A través do delegado do salón en Portugal, Antonio García, estase realizando unha intensa campaña de promoción por distintas cidades co obxectivo de chamar a atención do público portugués para que, entre o 4 e o 8 de marzo, se acheguen ata Expourense.A última destas promocións foi a participación no programa Espaço Douro da Universidade FM Rádio de Vila Real na que o delegado de Xantar estivo acompañado por Pedro Lisboa, o representante do restaurante Quinta do Paço que será o...


23-02-2015 - 4 de marzo, Noite do Deporte en Xantar 2015.

Xantar volve realizar outro ano máis á Noite do Deporte. Dentro do programa de Días Adicados, o mércores día 4 terá lugar a cita entre os deportistas da provincia e o Salón de Turismo Gastronómico. Unha noite diferente e chea de sorpresas, na que se podrán disfrutar 12 menús a un prezo entre 12 e 20 €, que contará con animación e sorteos para todos os asistentes. Están convidados todos os clubes, asociacións e fundacións deportiva da provincia e dos arredores.Máis información na páxina de Xantar.


20-02-2015 - Xantar sorteará ceas no C.C. Ponte Vella e no Carrefour.

Xantar 2015 comezará este venres 20 de febreiro a promoverse no Centro Comercial Ponte Vella e no Carrefour de Ourense. Durante as dúas próximas fins de semana, o Salón Internacional de Gastronomía e Turismo contará cun stand informativo dende o que se darán a coñecer as actividades e os menús que se ofrecerán en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo. O horario será os venres de 17:45 a 21:45 e os sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 21:30.No caso do Carrefour, a acción prolongarase durante o luns e o martes, 2 e 3 de marzo respectivamente, onde o stand...


20-02-2015 - Xantar 2015 convoca o V Concurso de Cartaces de Festas Gastronómicas de Galicia e Portugal.

A décimo sexta edición de Xantar, que terá lugar en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo de 2015, xa abriu o prazo de inscrición para o quinto Concurso de Cartaces de Festas Gastronómicas de Galicia e Portugal.Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico inaugurará o calendario das máis de 300 festas gastronómicas celebradas ao ano en Galicia, prestando especial atención a aquelas declaradas de Interese Turístico.Ao concurso de cartaces se poderán presentar os autores dos cartaces, concellos ou comisións de festas, sempre...


19-02-2015 - Galicia Calidade súmase á lista de colaboradores de Xantar 2015

Xantar 2015 confirma outra importante entidade colaboradora a súa lista de firmas galegas para a súa edición número 16, que se celebrará en Expourense entre o próximo  4 e 8 de marzo. Nesta cita non podía faltar esta importante marca galega, buscada pola maioría dos consumidores que recoñecen nela confianza, prestixio e calidade.  Este selo estará presente en distintas áreas do salón como a de Produtos Gourmet ou o Túnel do Viño.Galicia Calidade conta cunha serie de auditorías e ensaios que garanten que os produtos e servizos galegos superen os controis...


19-02-2015 - Xantar estará presente na BTL de Lisboa

O próximo día 25 de febreiro ás 18:30 horas terá lugar a presentación de Xantar 2015, inserido no programa de Animación de Turismo de Porto e Norte de Portugal, no ámbito da Bolsa de Turismo de Lisboa, que se celebra entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo de 2015.A presentación levarase a cabo coa intervención do Director Xeral de Expourense, D. Alejandro Rubín, e o Sr. Presidente da TPNP, DR. Melchior Moreira. Esta acción servirá tamén para reforzar a relación existente entre o turismo gastronómico luso e o galego, os cales unen lazos para promocionar os seus produtos de calidade.


18-02-2015 - Xantar 2015 presentouse en Avilés, Asturias

Xantar 2015 se presentó ayer en Avilés en el marco de SALENOR, Salón de la Alimentación y del Equipamiento del Norte de España, y un año más estuvo arropado por medios de comunicación y representantes de las distintas cofradías asturianas que este año participarán activamente en el Salón Internacional de Turismo Gastronómico.  Asturias estará representado además por varias empresas del sector agroalimentario que participarán como expositores.En esta presentación, el director de Xantar, Alejandro Rubín, estuvo acompañado por el director de Salenor...


18-02-2015 - A experta en gastronomía sostible Marianne Jolande impartirá a conferencia inaugural do X Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde, en Xantar

A experta en gastronomía da rede europea de cidades URBACT "Sustainable Food in Urban Communities", Marianne Jolande Karstens, pronunciará a conferencia inaugural do X Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde, que terá lugar do 4 ao 8 de Marzo no marco de Xantar e no cal participarán expertos de renome do sector alimentario. Trátase dunha experta de recoñecido prestixio a nivel mundial, polo que este relatorio se enmarca dentro dun dos obxectivos principais da próxima edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico: promover a gastronomía sostible e saudable.Marianne...


16-02-2015 - Gadis colabora un ano máis con Xantar

Gadis confirmou un ano máis a súa participación como entidade colaboradora de Xantar 2015 sumándose así á lista de importantes firmas galegas que apoian cada ano ó Salón Internacional de Turismo Gastronómico que celebrará a súa próxima edición entre o 4 e o 8 de marzo vindeiros. Gadis confía en Xantar, unha cita visitada cada ano por máis de 20.000 persoas, coma un espacio no que promocionarse como unha das marcas máis recoñecibles do seu sector en Galicia e como líder en distribución no Noroeste Peninsular gañándose a confianza cada ano...


13-02-2015 - As entidades que integran o comité asesor de Xantar traballan na promoción do salón para atraer a milleiros de visitantes

Expourense acolleu a última reunión do comité asesor de Xantar 2015 durante a cal lles foi presentada aos seus membros a estrutura do salón, o programa de actividades profesionais e as distintas acción destinadas a atraer ó público. Todos os integrantes da vintena de entidades públicas e privadas que conforman este comité manifestaron o seu compromiso de difundir esta cita entre os seus contactos co obxectivo de captar visitantes.Deste xeito, entidades como a Axencia Galega de Turismo, levan xa meses promocionando en todas as feiras internacionais ás que...


12-02-2015 - Xantar crea o I Concurso ó menú máis saudable en colaboración coa Consellería de Sanidade

Dentro do obxectivo marcado para Xantar 2015 de promocionar a gastronomía saudable e sostible, a organización do Salón Internacional de Turismo Gastronómico ven de crear, en colaboración coa Consellería de sanidade da Xunta de Galicia, o I Concurso “Menú máis saudable de Xantar”. O obxectivo é recoñecer e premiar ao menú máis san de todos os que se ofrecerán na vindeira edición que se celebrará en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo. A valoración correrá a cargo da Xefatura Territorial de Sanidade e da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.Os...


11-02-2015 - A Galiña de Mos será  a protagonistas das actividades que a Federación de Razas Autóctonas de Galicia, BOAGA, realizará en Xantar 2015

Un dos obxectivos da vindeira edición de Xantar será promocionar a gastronomía sostible. Dentro deste marco, pódense incluir a expositores que traballan neste eido. Este é o caso da Federación de Razas Autóctonas de Galicia, BOAGA, que contarán cun stand promocional onde técnicos e criadores, asesorarán a profesionais y público xeral  sobre as razas autóctonas e os seus produtos derivados, publicitando os distintos xeitos de cómo e ónde adquirir este tipo de carne.Promocionarán así as cualidades das razas coas que traballan e que constitúen...


09-02-2015 - Xantar 2015 presentouse na VII Feira do Porco e Delicias de Sarrabulho en Ponte de Lima

Ponte de Lima celebrou este fin de semana a súa festa gastronómica dedicada ao prato por excelencia da vila máis antiga de Portugal, a VII Feira do Porco e Delicias de Sarrabulho e Xantar estivo aí presente para promover a súa edición de 2015. O acto de inauguración deste evento contou coa presenza do delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, o presidente de Expourense, Juan Carlos Parada, e o director de Xantar e director xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Ademais das autoridades locais de Ponte de Lima, encabezadas polo presidente da Cámara Municipal, Vitor...


06-02-2015 - Aberto o  prazo de inscrición para o III Concurso de Cociña “Xantar Gourmet”

Está aberto o prazo de inscrición para participar no terceiro Concurso de cociña “Xantar Gourmet” que naceu co obxectivo de difundir a gastronomía autóctona a través do emprego de materias primas galegas de calidade e produtos gourmet transformándoos en pratos tradicionais ou innovadores. Este concurso divídese en dúas categorías: profesionais e afeccionados. Os concursantes deberán preparar unha receita que conteña un produto gourmet galego e dous produtos de calidade da lista que se achega a continuación. Poderase participar a título individual...


05-02-2015 - Xantar 2015 promóvese na VII Feira do Porco e Delicias de Sarrabulho en Ponte de Lima

Ponte de Lima celebra este fin de semana a súa festa gastronómica dedicada ao prato por excelencia da vila máis antiga de Portugal, a VII Feira do Porco e Delicias de Sarrabulho; e como non, Xantar estará aí presente para promover a súa edición de 2015. Na inauguración estarán presentes o delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez,  o presidente de Expourense, 


04-02-2015 - Vila de Cruces promocionará a súa gastronomía en Xantar

O concello de Vila de Cruces volverá a estar presente un ano máis en Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, para promocionar a estrela da súa gastronomía: o galo de curral. O concello estará representado cun restaurante no que os visitantes do salón poderán degustar diferentes formas de cociñar esta xoia da gastronomía galega. Ademais contará cun stand promocional no que presentará os seus recursos turísticos.Vila de Cruces coñece os segredos do galo de curral, e dende o ano 93 compárteos a través dunha cita gastronómica que inclúe,...


03-02-2015 - O informativo de Radio Turismo dedica un espazo diario a falar sobre as novidades de Xantar 2015

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, conta cun espazo diario no marco do programa "España a las ocho con Maito" e tamén en “La Hora del Autónomo”, da emisora Radio Turismo.Este espazo, cunha duración aproximada de 5 minutos, ofrece información sobre as últimas novidades que rexerán nesta décimo sexta edición do Salón: menús, actividades sinaladas, programa de animación, actos especiais, promoción do salón noutras feiras e cidades...Ademais desta información diaria, Juan Manuel Madrigal, “Maito”, director...


02-02-2015 - Castela e León, comunidade convidada en Xantar, estará representada por Puebla de Sanabria

Castela e León participará un ano máis como comunidade invitada en Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, e un ano máis estará representada por Puebla de Sanabria. Desta localidade zamorana procede o restaurante, "A Casona de Sanabria", que ofrecerá o menú degustación que recolle algúns dos pratos máis tradicionais, autóctonos e de calidade da rexión veciña como é o caso da chacina de León ou o Cordeiro de Leite (Lechazo) de Castela. Este menú adoita ser un dos máis demandados polos visitantes a Xantar.A participación de Castela...


29-01-2015 - Presentación de Xantar en FITUR

FITUR - MADRID, 29/01/2015.- Os destinos gastronómicos baseados nunha cociña sostenible e saudable serán os protagonistas de Xantar 2015, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que terá lugar en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo próximos. A elección do país invitado e a organización das actividades profesionais desta 16ª edición estarán orientadas a conseguir este obxectivo. Costa Rica será o país invitado e participará para promocionarse como ?destino gastronómico único, diferenciable, amigable e sostible, tal e como explicou o ministro de Turismo deste país,...


27-01-2015 - O ministro de Turismo de Costa Rica, país invitado en Xantar, participará na presentación do Salón en FITUR

Xantar presentará a súa edición de 2015 en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebrará en Madrid este mes de xaneiro. Este acto terá lugar o xoves 29 ás 16.30 h. no posto de Galicia (Pavillón 9-9 C 05/9 C 07) e contará coa participación do ministro de Turismo de Costa Rica, Wilhelm von Breymann Barquero, que presentará a participación...


26-01-2015 - X-Pinner Water, a esencia, calidade e pureza de Costa Rica en gotas de auga

Costa Rica será o país convidado en Xantar 2015, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará en Expourense do 4 ao 8 de marzo. Participarán para promocionarse como “destino gastronómico único, diferenciable, amigable e sostible” e para elo presentarán no salón o mellor da súa gastronomía e da súa natureza como é o caso da auga “X-Pinner”, provinte das montañas vírxenes costarricenses e que poderá ser degustada tanto acompañando ao menú do restaurante coma  no stand de Costa Rica.A participación de Costa Rica como...


24-01-2015 - Costa Rica, país invitado en Xantar 2015

Costa Rica será o país convidado en Xantar 2015, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará en Expourense do 4 ao 8 de marzo. Participarán para promoverse como "destino gastronómico único, diferenciable, amigable e sostible", algo que coincide cun dos principais obxectivos da próxima edición de Xantar.A participación de Costa Rica como país invitado en Xantar 2015 materialízase a través do impulso da empresa de auga mineral "X-PINNER WATER" que conseguiu a colaboración para participar neste evento da Cámara Costarriqueña de...


23-01-2015 - O prestixioso pasteleiro Miguel Sierra recibe o Premio Excelencias Gourmet 2014

O prestixioso pasteleiro asturiano, Miguel Sierra, acaba de recibir o Premio "Excelencias Gourmet 2014" na categoría de Chef Pasteleiro, un galardón que recollerá o próximo mércores 28 de xaneiro no marco de FITUR e que entrega o Grupo de Comunicación Internacional Excelencias.Miguel Sierra participou en varias edicións de Xantar ofrecendo talleres de repostaría para profesionais ou exhibicións de pastelaría con produtos como o Marron Glacé ou innovando como co "Turrón da Mar" ou o "Turrón de Pisco".Coñecido por formar parte...


21-01-2015 - Porto e Norte involúcrase activamente con Xantar 2015

Logo do éxito da participación da Entidade de Turismo de Porto e Norte na última edición de Xantar, esta rexión portuguesa volverá participar como convidada do Salón Internacional de Turismo gastronómico reforzando aínda máis se cabe a súa presenza activa nesta cita que terá lugar en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo. O xoves 5 de marzo será ademais o Día Adicado a esta rexión durante o que se contará coa visita de distintos representantes institucionais e de veciños da rexión.Porto e Norte promoverá a gastronomía das diferentes Cámaras Municipais...


20-01-2015 - Xantar 2015 aposta pola profesionalización

Ourense, 20/01/2015.- Xantar 2015 profesionalízase e medra o número de actividades con marcada compoñente formativa orientadas a empresarios, traballadores e estudantes do sectores da hostalería, gastronomía e turismo, que supoñen dende hai varias edicións máis do 35% do total de visitantes ó salón. Este foi o tema sobre o que xirou a reunión do comité asesor de Xantar celebrado esta mañá en Expourense no que foi perfilado o programa de actividades da vindeira edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar no recinto feiral ourensán entre o 4 e o 8...


19-01-2015 - Presentación de Xantar 2015 en FITUR-Madrid, o xoves 29 de xaneiro ás 16.30 h. no stand de Galicia

Xantar presentará a súa edición de 2015 en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebrará en Madrid este mes de xaneiro. Este acto terá lugar o xoves 29 ás 16.30 h. no posto de Galicia (Pavillón 9-9 C 05/9 C 07).Estarán presentes representantes do Goberno Galego, do Concello de Ourense e das comunidades e país invitado, ademais de membros do Comité Asesor de Xantar e do Padroado de Expourense. A este acto están invitados todos os profesionais do turismo gastronómico e medios de comunicación.O Salón Internacional de...


16-01-2015 - Xantar contará cun Túnel do Viño para difundir a cultura vitivínicola de Galicia

Unha das novidades de Xantar 2015 será o Túnel do Viño, un espazo que ten o obxectivo de potenciar o consumo do viño de calidade producido en Galicia entre os visitantes profesionais que cada ano chegan ata Expourense procedentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como das comunidades limítrofes, ademais de contar coa participación de prensa especializada e blogueiros gastronómicos de toda a Península Ibérica.A principal motivación daqueles que visitan o Salón Internacional de Turismo Gastronómico é a busca dunha experiencia gastronómica,...


16-01-2015 - Parada de Sil promocionará en Xantar a gastronomía, o viño e o patrimonio natural da Ribeira Sacra

O concello ourensán de Parada de Sil repite un ano máis a súa presenza en Xantar para promocionarse activamente ante os milleiros de visitantes como o corazón da Ribeira Sacra. Contará cun restaurante que ofrecerá un menú composto por produtos autóctonos e de calidade como a castaña, a bica ou os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Ademais, o concello terá un stand dende o que promocionar os seus recursos turísticos e onde ofrecerá degutacións. A participación de Para de Sil completarase con algunha presentación dalgunha campaña ou...


15-01-2015 - Cafés Lisboa confirma a súa presenza na 16ª edición de Xantar.

Cafés Lisboa, un dos clásicos do salón XANTAR, continuará participando activamente na feira ofrecendo durante a próxima edición de 2015, diversas degustacións de café. Esta empresa ourensana, é un dos patrocinadores máis emblemáticos do Salón, pois durante os 5 días ofrece café de modo gratuíto a todos os visitantes e subministra a todos os restaurantes da feira.Edición tras edición, o stand de Cafés Lisboa convértese nun dos máis visitados configurándose como punto de encontro entre expositores e visitantes, e chegando a servir máis de 20.000...


15-01-2015 - Xantar 2015 reserva un espazo para os pequenos produtores de Galicia

Un dos obxectivos de Xantar 2015 será a posta en valor,a través das distintas actividades organizadas, dos produtos autóctonos, sostibles, saudables e innovadores de Galicia, ademais de continuar fomentando o turismo de proximidade e a competitividade no sector da gastronomía e hostalería.Para acadar este obxectivo, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo vindeiros, reservou un área destinada aos pequenos produtores de Galicia para que teñan a o oportunidade de, a un custo moi reducido, promocionar...


14-01-2015 - Xantar contará cun área de cervexas galegas artesás

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, incluirá unha área reservada ás cervexas artesás elaboradas en Galicia. O auxe da producción deste produto na nosa comunidade e a boa aceptación por parte do público levaron á organización do salón a reunir neste espacio a todas aquelas marcas de cervexa artesana que queran aproveitar a oportunidade de promocionarse ante milleiros de visitantes durante 5 días, do 4 ao 8 de marzo, en Expourense.Trátase dunha das novidades desta edición e xa cerraron a súa participación dúas marcas, Áncora e Menduiña,...


13-01-2015 - Xantar 2015 convoca o V Concurso de Cartaces de Festas Gastronómicas de Galicia

A décimo sexta edición de Xantar, que terá lugar en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo de 2015, xa abriu o prazo de inscrición para o quinto Concurso de Cartaces de Festas Gastronómicas de Galicia.Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico inaugurará o calendario das máis de 300 festas gastronómicas celebradas ao ano en Galicia, prestando especial atención a aquelas declaradas de Interese Turístico.


12-01-2015 - Aberto o prazo de inscrición para participar no XI Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas de Xantar

Xa está aberto o prazo de inscrición para o Encontro Internacional de de Confrarías Gastronómicas e Enófilas que este ano cumprirá a súa 11ª edición en Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo. Coma sempre, esta cita terá lugar o xoves do salón, é dicir, o 5 de marzo de 2015.Este encontro, coordinado un ano máis polo importante colaborador do movemento asociativo cofrádico, Carlos Guardado,  ten o obxectivo de repetir o éxito da edición anterior na que reuniu a máis de 40...


09-01-2015 - Xantar 2015 fomenta a cooperación transfronteiriza promocionándose en Ponte de Lima

Ponte de Lima, 09/01/2015.- Fomentar a cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal a través da gastronomía como motivación para dinamizar o turismo de proximidade. Con este obxectivo, Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, participou esta tarde na presentación oficial da campaña promocional para o 2015 da cámara municipal portuguesa de Ponte de Lima. Xantar e Galicia estiveron representadas polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, do presidente da Cámara de Comercio de Ourense e do comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada,...


07-01-2015 - Xantar ratifica o seu Selo de Internacionalidade para a edición de 2015

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, ratifica a súa consideración de "Feira Comercial Internacional" para a súa edición de 2015, segundo a resolución da Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España, adoptada o pasado 19 de decembro de 2014 e publicada no Boletín Oficial do Estado o luns 29 de decembro.Esta resolución outorga á feira a internacionalidade por segunda vez consecutiva e recoñece a traxectoria de Xantar incorporando edición tras edición a participación de novos países....


17-12-2014 - Xantar 2015 incidirá na gastronomía sostible e saudable

Ourense, 17/12/2014.- Poñer en valor, a través das distintas actividades organizadas, os produtos sostibles, saudables e innovadores, ademais de continuar fomentando o turismo de proximidade e a competitividade no sector da gastronomía e hostalería. Estas foron as principais conclusións ás que chegou o comité asesor de Xantar, integrado por distintos axentes sociais públicos e privados vinculados á gastronomía e ó turismo que se reuniron en Expourense para definir o programa de actividades da vindeira edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar no recinto...


15-12-2014 - Xantar 2015 promociónase no Festival de Chocolate e Vinho do Porto

Xantar 2015 estivo presente esta fin de semana no III Festival de Chocolate e Vinho do Porto, que este ano se desenvolveu na cidade de Peso de Règua Douro en Portugal. A presentación da nova edición do Salón internacional de Turismo Gastronómico correu da mán do delegado de Xantar en Portugal, António García, quen a súa vez contou coa colaboración de Francisco Guedes (Douro Wonderfull Events) e Pedro Sigurelho (Douro Bombons | Pastelaria Fonte).Por terceiro ano consecutivo, o Festival de Chocolate e Vinho do Porto combinou o sabor do doce co sabor deste...


01-12-2014 - Xantar 2015 se promocionó en la Feira do Artesanato e a Gastronomía de Vila Real, en Portugal

Xantar continúa a promoción da súa vindeira edición, a celebrar entre o 4 e o 8 de marzo de 2015. Nesta ocasión, o salón Internacional de Turismo gastronómico promocionouse ante o público portugués na 17ª edición da Feira de Artesanato e Gastronomía da Regiao celebrada en Vila Real, unha das citas dO sector máis importantes do país veciño e que concluiu onte. Trátase dun evento organizado pola NERVIR (Asociación Empresarial de Vila Real), e que conta co apoio da Cámara Municipal de Vila Real, cidade que está hermanada coa de Ourense.Xantar contou...


28-11-2014 - Xantar promociona a a sua edición de 2015 en INTUR, Feria Internacional de Turismo de Interior, en Valladolid

Xantar continúa a promoción da súa edición de 2015 en INTUR, a Feria Internacional de Turismo de Interior que se celebra ata este domingo 30 de novembro en Valladolid. A 16ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico tendrá lugar en Ourense do 4 ao 8 de marzo próximos. Aqueles que se acerquen hasta INTUR podrán recibir información sobre Xantar no stand da Axencia Galega de Turismo.Xantar 2015 puxo en marcha diversos paquetes turísticos que teñen o obxectivo de fomentar o turismo interno e de cercanía estimulando ao público final a visitar...


31-10-2014 - Xantar 2015 presentouse na cita das Fins de Semana Gastronómicas que se celebrou en Braga

Durante a inauguración dos “Fins-de Semana Gastronómicos 2014 | 2015”, se presentou onte en Braga a edición de 2015 da Feira Internacional de Turismo Gastronómico Xantar. Esta iniciativa, organizada polo ente Turismo Porto e Norte, está orientada a fomentar o turismo gastronómico na Eurorregión do Norte de Portugal e Galicia. Entre o 7 de novembro de 2014 e o 31 de maio de 2015 estas rutas visitarán cada fin de semana un pobo do norte de Portugal no que se poderá desgustar un menú diferente en cada ocasión, e que estará elaborado con produtos...


30-10-2014 - Xantar 2015 participó en la fiesta de la Animación de Lousada

O municipio portugués de Lousada formou parte este martes 28 das ‘Rotas Gourmet’, que se realizan ao longo do ano organizadas polo Ente Turismo do Porto e Norte de Portugal. Coincidindo coa celebración entre os días 28 de outubro e 2 de novembro do Festival da Animación de Lousada participou a nova edición de Xantar 2015,  a Feira Internacional de Turismo Gastronómico.Esta iniciativa gastronómica, que conta xa  con sete anos de percorrido, se dedica a promocionar a gastronomía da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal e en todos estos anos...


27-10-2014 - Porto e Norte volverá ser protagonista en Xantar 2015

O pasado venres, a direccion de Xantar e os representantes da entidade Turisimo Porto e Norte, a Dra. Cristina Mendes e Nuno Ferreira, reuníronse en Expourense  para comentar os detalles da presenza desta rexión portuguesa na Feira Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará entre os días 4 e 8 de marzo de 2015. Tratouse dunha reunión preparatoria da súa participación en Xantar 2015, onde promoverán a gastronomía dos diferentes municipios do Norte de Portugal, tanto coa promoción turística coma cun completo programa de degustación, showcooking e catas de viños...


21-10-2014 - Xantar convocará o 2º encontro de Bloggers Gastronómicos 

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrará en Expourense entre os días 4 e 8 de marzo de 2015, prepara para a súa nova edición un novo capítulo gastronómico dirixido aos blogueiros. Despois do éxito da pasada edición, con máis de dez blogueiros nacionais presentes, Xantar promoverá este ano o segundo encontro de bloggers gastronómicos cun día adicado especialmente a eles, con iso Xantar se propçon volver a romper récords de visita e de participación este vindeiro ano.Os blogs actuais sobre gastronomía, xa non só se limitan...


18-08-2014 - Xantar representou a Galicia como convidada especial no Festival Gastronómico Bife de Espadarte en Praia Vila de Áncora, en Portugal

Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, participou como convidado especial representando á gastronomía galega no Festival Gastronómico do Bife de Espadarte, en Vila Praia de Áncora, en Portugal, inaugurado o pasado 14 de agosto e organizado pola Entidade de Turismo Porto e Norte, estreito colaborador do salón promovido por Expourense. O secretario de Estado de Alimentación e Investigación Agroalimentaria do Goberno Portugués, Nuno Brito, presidiu a inauguración deste Festival...


14-08-2014 - Xantar co Bife de Espadarte en Praia Vila de Áncora

Representación de Galicia -14 de Agosto | 19:30Xefe de cociña Mónica Cernadas (Profesora de Cociña no Instituto de Formación Profesional Vilamarín da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e colaboradora do programa de TV "Cousas de Comer" - emitido por Telemiño e Santiago TV)Antonio Aguarón Turrientes | Representante do Governo Galego – Agência Galega de Turismo Alejandro Rubin | Presidente da Asociación Galega de Feiras e Eventos Emma...


16-07-2014 - O director de Xantar, Alejandro Rubín, declarado Hóspede Ilustre e Visitante Distinguido da Municipalidade de Carabayllo, en Perú

O director do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, Xantar,Alejandro Rubín Carballo, foi declarado Hóspede Ilustre e Visitante Distinguido da Municipalidade Distrital de Carabayllo, na provincia de Lima, en Perú. Esta distinción foille entregada na sede da Municipalidade por parte do rexedor Rafael Álvarez Espinoza que estivo acompañado por outros membros da corporación.Esta distinción vén a estreitar as relacións de colaboración existentes entre Expourense (recinto feiral que organiza Xantar) eCarabayllo que comezaron fai xa varios anos...


02-06-2014 - A Universidade de Anáhuac, en México, interésase por Xantar como produto turístico innovador

Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, espertou o interese da Universidade de Anáhuac, en México, por ser un produto innovador que logo de 16 anos se converteu en motivación turística per se sendo o único salón celebrado en España que promove o turismo a través da gastronomía e que se converteu nunha plataforma para o sector primario galego a través da hostalería de calidade.Así llo fixo saber o director da Facultade de Turismo e Gastronomía da Universidade de Anahuac, Francisco Madrid, ó director de Xantar, Alejandro Rubín,...


21-05-2014 - Xantar e Estrella Galicia no Centro Español de Quito, Ecuador

O director xerente de Expourense e director de Xantar, Alejandro Rubín, visitou o Centro Español de Quito, a capital de Ecuador, acompañado polo presidente da Cámara Oficial Española de Comercio e Industria, Rafael Roldán. Alí foi recibido polos responsables deste centro no que non podía faltar unha das bebidas emblemáticas de España, Estrella Galicia, unha empresa galega que é estreita colaboradora do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo.A presenza de Estrella Galicia en Ecuador é cada vez maior grazas a campañas como o patrocinio,con...


19-05-2014 - O director de Xantar, Alejandro Rubín, entronizado como Cofrade de Honra da Orde do Patrimonio Inmaterial e Gastronómico Ibérico

Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, a través da figura do seu director, Alejandro Rubín Carballo, foi entronizado como Cofrade de Honra da Orde do Patrimonio Inmaterial e Gastronómico Ibérico no acto de constitución desta nova cofraría. Este primeiro capítulo celebrouse no marco do Encontro Europeo de Cofrarías, un dos actos paralelos ao evento Expo Saúde e Termalismo en Paços de Ferreira.Neste Encontro abordouse o futuro do movemento cofrádico en Europa e nel participaron representantes de ordes de España, Francia e Portugal


12-05-2014 - Festa do Melindre de Melide, declarada recentemente de Interese Turístico Galego, nomeou aos novos embaixadores

A Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra de Melide tivo lugar no día de onte acolleu a centos de visitantes que quixeron probar e mercar os doces típicos de Melide: ricos, melindres e amendoados.Participaron seis casas reposteiras de Melide que se situaron na praza do convento a maiores de máis de vinte stands con outros produtos de calidade da zona, xunto con representantes chegados do norte de portugal que achegaron a súa música ademais dos seus licores, biscoitos e outros doces da súa terra. O pregoeiro, Federico Pérez, foi...


24-03-2014 - Falece Luciano Sánchez Calvo, membro do comité asesor de Xantar e presidente de AGATUR

A organización de Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, mostra o seu pesar polo falecemento o pasado venres de Luciano Sánchez Calvo, membro do seu comité asesor (tamén o era do de Termatalia) e estreito colaborador deste evento a través do seu cargo como presidente da Asociación Galega de Turismo Rural (AGATUR). Tiña 62 años, estaba casado e con dous fillos. Expourense quere transmitir o seu apoio á familia de Luciano nestes difíciles momentos. O funeral terá lugar o mércores 26 de marzo ás 17.30 horas na igrexa de Santo Domingo, en Ourense.Luciano...


17-03-2014 - A BTL de Lisboa reúne de novo a Xantar e a Ponte de Lima

O director de Xantar, Alejandro Rubín, coincidiu na BTL de Lisboa co concelleiro de Turismo da Cámara Municipal de Ponte de Lima, Paulo Barreiro de Sousa. Durante este encontro ambos valoraron a participación desta cidade, por primeira vez, na última edición de Xantar e comentaron os bos resultados desprendidos da súa participación no salón, o que lles levou a comentar a posible presenza de novo en 2015. Ponte de Lima presentou en Xantar a súa campaña “Em Época Baixa, Ponte de Lima em Alta”, que se basea na promoción e dinamización de Ponte...


12-03-2014 - Xantar serviu de punto de encontro entre a Escola de Hotelería do Douro e o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra que agora intercambian proxectos de formación transfronteriza

Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, é un punto de encontro profesional no que coinciden distintos axentes sociaiss vinculados a estos sectores. No marco da edición de 2014 coincidiron en Expourense a Escola de Hotelería e Turismo do Douro e o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra que, tan só unhas semanas despois, puxeron xa en marcha proxectos de intercambio e cooperación transfronteriza.Estos días profesores e alumnos do centro pontevedrés visitan en Lamego é Escola de Hotelería do Douro e onte mesmo celebraron un “Almorzo galego” elaborado...


03-03-2014 - O director de Xantar, Alejandro Rubín, exerceu de pregoeiro na II Festa da Berza e foi nomeado primeiro cofrade da recén creada Confraría da Berza

O director de Xantar, Alejandro Rubín, exerceu de preoneiro na II Festa da Berza celebrada o pasado sábado 1 de marzo en Marín (Pontevedra). Ademais da súa participación como pregoeiro e defensor das bondades e usos desta verdura de fama universal “que tardou demasiado tempo en ser exaltada nunha festa”, o director do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo foi condecorado coa medalla de primeiro cofrade da Confraría Gastronómica da Berza, constituída tamén durante esta xornada. Entre os que recibiron a medalla de primeiros cofrades está o presidente da orde, Antonio Reguera;...


26-02-2014 - O Grupo Más Costas lanza un paquete especial de Semana Santa en Azores con voo directo de Santiago de Compostela a Illa de San Miguel

As accións profesionais organizadas durante a última edición de Xantar, salón Internacional de Gastronomía e Turismo, celebrado a principios de mes en Expourense comenzan a dar xa os seus frutos. Despois de que as Azores se presentasen durante esta cita coma destino turístico cercano e sostible a axentes de viaxes e prensa especializada, o Grupo Más Costas, un dos principais operadores da península, acaba de lanzar un paquete vacacional especial para Semana Santa que inclúe voo directo dende Santiago de Compostela a la Illa de Sao Miguel. Esta oferta inclúe voo e estancia de 4 días...


24-02-2014 - O director de Xantar, Alejandro Rubín, pregoeiro da II Festa da Berza de Marín

O director de Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, será o pregoeiro da II Festa da Berza de Marín que terá lugar o vindeiro sábado de Entroido, día 1 de marzo. Alejandro Rubín foi o elixido pola súa traxectoria a fronte dun evento, agora internacional, que leva 15 anos defendendo a calidade da gastronomía galega e que promociona as máis de 300 festas gastronómicas celebradas ó ano na nosa comunidade e á que hai pouco se ten engadido esta nova. Trátase da segunda edición dun evento cuxo obxectivo é enxalzar este tradicional produto gastronómico e o seu gran...


18-02-2014 - Entréganse os premios "Comensal de Honra" Álvaro Cunqueiro

A Confraría de Gastrónomos do Yumay organizou como cada ano as “xornadas de polbo” na sidrería Yumay de Avilés, que se encheu onte de aroma galego. O ambiente era o propicio ademais para facer entrega dos "Nomeamentos de comensais de honra Álvaro Cunqueiro" cos que se rende homenaxe ao literato e á gastronomía de Galicia.Nesta ocasión os premiados foron a pulpeira Aurora Baranda, natural de Carballiño (Ourense), Ramón Carballo, subdelegado do Goberno en  Lugo e José María Vilabella, escritor gastronómico lucense residente en Oviedo.Fai...


11-02-2014 - A cociña para celíacos, unha das protagonistas en Xantar 2014

O programa de actividades Xantar 2014 incluiu tanto conferencias de expertos coma exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustación incluídas no chamado “Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde” que afrontou a súa 9ª edición.  En total máis de 130 actividades que estiveron seguidas por máis de 6.000 profesionais.Dende estas actividades abordouse a nutrición dende unha perspectiva multidisciplinar, prestando especial atención a aspectos coma os beneficios para a saúde da Dieta atlántica e tamén a aquela dirixida...


09-02-2014 - Xantar pecha a súa primeira edición como cita internacional recibindo a 20.000 visitantes

Xantar pecha esta tarde as portas da súa decimoquinta edición, a primeira como cita internacional, logo de cinco días de intensa actividade durante os que os profesionais do sector e o público xeral volveron mostrar a súa fidelidade con esta cita conseguindo que o salón manteña o seu número de visitantes, sobre 20.000, e a cifra de comidas e ceas ofrecidas polos 18 restaurantes, ó redor das 17.000.O conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, presidiu esta mañá a clausura oficial do salón no día adicado aos patrocinadores e colaboradores de...


08-02-2014 - Xantar entrega os premios especiais con motivo da internacionalidade

Xantar afronta a cuarta xornada da súa 15ª edición, a primeira como feira internacional, celebrando o día adicado ó Camiño de Santiago  e tamén á  Provincia da Coruña, Viana do Castelo, Dão-Lafões, ó Entroido, Asociacións de Veciños de Ourense e Fundación Amigos de Galicia, contando para elo coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, do Vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, Antonio Cañás, do Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, do Presidente...


07-02-2014 - O cooperativismo móstrase en Xantar como fórmula empresarial para afrontar a crise

Xantar afronta o ecuador da súa 15ª edición, a primeira como feira internacional, celebrando o día adicado ó Turismo e tamén ó Cooperativismo, contando para elo coa presenza da directora xeral de Turismo, Nava Castro, do director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, e coa directora xeral de Comercio, Sol Vázquez. Tamen foi o día adicado a Ponte de Lima, á Mancomunidade Turística Terras do Avia e ó concello de Parada de Sil.Durante a súa intervención a Nava Castro resaltou a importancia da actividade cooperativizada para o desenvolvemento...


06-02-2014 - Xantar congrega a máis de corenta confrarías gastronómicas de España, Portugal e Francia

A segunda xornada de Xantar 2014 estivo protagonizada polo Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas que celebrou a súa décima edición e que congregou a máis de corenta colectivos integrados por expertos e prescriptores de opinión de toda España, Portugal, Francia e Ecuador. Hoxe tamén foi o día adicado ó Medio Rural e Mar, a Turismo Porto e Norte e a Oviedo e contou coa visita da conselleira Rosa Quintana quen aproveitou para felicitar a Xantar por ter acadado a internacionalidade e por medrar e mellorar os seus resultados ano tras anos. Durante a súa intervención...


05-02-2014 - Xantar potencia a gastronomía como impulsor da economía e nexo cultural

Xantar abriu hoxe as portas da súa 15ª edición, a primeira delas como internacional avalada polo Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España. Esta cita pon en valor o papel que xoga a gastronomía como impulsor da economía, como creadora da imaxe de marca da calidade galega no exterior e como nexo cultural entre pobos, como é o caso das relacións con Cuba, país convidado desta edición. O acto inaugural estivo presidido polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, o alcalde de Ourense, e polo cónsul de...


03-02-2014 - Xantar, plataforma internacional de promoción da gastronomía galega

Esta mañá tivo lugar a presentación en rolda de prensa de Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, que se celebrará en Expourense do 5 ao 9 de febreiro de 2014. No acto estiveron presentes Rogelio Martínez, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Agustín Fernández, alcalde da cidade, Ovidio Fernández, presidente da Federación de Empresarios de Hostalaría e Alejandro Rubín, director de Xantar.XANTAR chega así á súa 15ª edición estreando o Selo de "Feira Comercial Internacional" que outorga a Secretaría de Estado de Comercio...


03-02-2014 - Xantar sortea unha viaxe a Madeira

Co obxectivo de estimular a participación das parellas, e dada a proximidade do Día de San Valentín, a organización de Xantar puxo en marcha un sorteo especial dunha viaxe de 6 días / 5 noites a Madeira para dúas persoas con voos e estanza en hotel de 4 * en réxime de aloxamento e almorzo.Todas as parellas que acudan a Xantar a comer ou cear, poderán solicitar, sen custo adicional, o seu Bono San Valentín que lles permitirá participar directamente no sorteo da viaxe.Para máis información ou para reservar previamente o Bono San...


01-02-2014 - Xantar, protagonista na presentación da campaña "Em época baixa, Ponte de Lima em alta"

Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, estivo presente no acto de lanzamento oficial da campaña promocional "Em época baixa, Ponte de Lima em alta".O acto da localidade lusa tivo lugar en Expolima, con motivo da inauguración da "III Feira do Bacalhau de Cebolada" e contou coa presenza, entre outras autoridades de Victor Mendes, presidente da Cámara Municipal de ponte de Lima, Rogelio Martínez, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Alejandro Rubín, director de Xantar, Jorge Magalhães, vicepresidente de Turismo de Porto...


31-01-2014 - Urbanos de Ourense habilitará unha liña especial de autobuses para Xantar

Xantar, o Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, abrirá as súas portas en Expourense entre os días 5 e 9 de febreiro de 2014. Por diante quedan cinco días de intensa actividade onde 18 restaurantes ofrecerán máis de 30 menús tanto á hora da comida como da cea.Por iso, tendo en conta as necesidades dos visitantes, especialmente daqueles que quedan a gozar do ocio nocturno que ofrece o salón, Urbanos de Ourense pon a disposición de Xantar unha liña de autobús nocturno. Así, a empresa de transportes facilitará o traslado ata o recinto feiral a...


30-01-2014 - A conferencia inaugural de Xantar 2014 correrá a cargo de Alberto López, Conselleiro Principal de Cooperación Técnica da FAO

Entre as novidades da décimo quinta edición de Xantar destaca a conferencia inaugural "Seguridade Alimentaria e a colaboración público-privada no desenvolvemento dos agronegocios" impartida polo conselleiro principal de Cooperación Técnica da FAO (Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), Alberto López García-Asenjo que analizará como afrontar os grandes retos relacionados cunha alimentación saudable e nutritiva, xa que a pesar dos avances, aínda hoxe preto de 870 millóns de persoas no Mundo sofren desnutrición.O presente...


29-01-2014 - Dão-Lafões presenta o mellor da súa gastronomía en Xantar

Dão-Lafões presentou a súa participación en Xantar nun acto que tivo lugar no Complexo do Restaurante das Piscinas - Mata dá Nossa Senhora do Castelo, en Vouzela e que contou coa presenza do director da EPV (Escola Profissional de Vouzela), José Lino, en representación da Cámara Municipal de San Pedro do Sul, Antonio Casais, o presidente da Cámara Municipal de Vouzela, Rui Ladeira, o presidente da Asemblea Xeral da Asociación Empresarial de Lafões, Armando Bento, o Delegado de Xantar para Portugal, Antonio García e o vicepresidente da AEL, José Correia.Antonio...


29-01-2014 - Xantar convida aos coruñeses a gozar dunha xornada gastronómico-termal en Ourense

A Deputación da Coruña participará un ano máis no Salón Internacional de Gastronomía e Turismo “Xantar” que se celebrará entre os días 5 e 9 de febreiro en Expourense. A participación da provincia no salón foi presentada esta mañá nun acto no que participaron o vicepresidente do ente provincial, Antonio Cañás, e o director xeral de Expourense e director de Xantar, Alejandro Rubín. O deputado insistiu na relevancia de formar parte deste evento que serve de “escaparate” ás distintas localidades da Coruña, resaltando un dos maiores atractivos de Galicia, a comida. “É...


28-01-2014 - A hostalaría e as confrarías de Asturias implícanse en Xantar

Xantar presentouse esta mañá no Centro de Formación de Hostalaría de Asturias, en Oviedo, para dar a coñecer a participación de Asturias como comunidade invitada no Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebrará en Expourense entre os días 5 e 9 de febreiro. Numerosos profesionais da hostalaría asistiron a este acto no que participaron Miguel Ángel de Dios, vicepresidente de Hostalaría de Asturias e Confrade Maior da Confraría do Desarme, Carlos Guardado, coordinador do Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas e Emma González, director...


28-01-2014 - Radio Turismo adica un informativo diario a Xantar 2014

Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, conta cun espazo diario no marco do programa "España a las seis", da emisora Radio Turismo.Este espazo, cunha duración aproximada de 5 minutos, ofrece información sobre as últimas novidades que rexerán nesta décimo quinta edición do Salón: menús, actividades sinaladas, programa de animación, actos especiais, promoción do salón noutras feiras e cidades...Ademais desta información diaria, Juan Manuel Madrigal, “Maito”, director de Raio Turismo, estará presente en Xantar...


27-01-2014 - Xantar na axenda gastronómica de Saborea España

Xantar converteuse nun dos salóns de visita recomendada pola Asociación Española de Destinos para la Promoción del Turismo Gastronómico "Saborea España" froito da adhesión o pasado mes de decembro da cidade de Ourense á mencionada rede turística. E é que ademais dos atractivos gastronómicos da cidade termal, outro dos motivos de peso para formar parte desta rede foi a celebración cada ano do Salón Xantar, que a finais do 2013, obtiña a consideración de "Feira Comercial Internacional".No marco de Fitur, Feira Internacional de Turismo,...


24-01-2014 - Coren, 15 anos apoiando a Xantar

Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, celebra en Expourense entre o 5 e o 9 de febreiro de 2014 a súa décimo quinta edición adicado á promoción da gastronomía de calidade. Quince anos que son posibles grazas ao apoio de grandes marcas do sector agroalimentario como é o caso de Coren.Así, Xantar conta un ano máis co patrocinio dunha das cooperativas agroalimentarias máis importantes do panorama nacional.Un dos obxectivos do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo é fomentar o desenvolvemento económico a...


23-01-2014 - Xantar sorteará ceas no C.C. Ponte Vella e no Carrefour

Xantar 2014 comezará este venres 24 de xaneiro a promoverse no Centro Comercial Ponte Vella e no Carrefour Planet de Ourense. Durante as dúas próximas fins de semana, o Salón Internacional de Gastronomía e Turismo contará cun stand informativo dende o que se darán a coñecer as actividades e os menús que se ofrecerán en Expourense entre o 5 e o 9 de febreiro. O horario será os venres de 18:00 a 22:00 e os sábados de 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:30.No caso do Carrefour Planet, a acción prolongarase durante o luns e o martes, 3 e 4 de febreiro respectivamente,...


22-01-2014 - Xantar, única feira internacional turístico-gastronómica de España

Xantar estreouse esta tarde en Fitur como Feira Internacional nun acto celebrado no stand de Galicia que contou coa presenza da Directora da Axencia de Turismo de Galicia, María Nava Castro, o Ministro de Turismo da República de Cuba, Manuel Marrero Cruz, o Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, o embaixador de Cuba en España, Eugenio Martínez Enríquez, o vicepresidente da Cámara de Comercio de Ponta Delgada (Azores), Horacio Franco, o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Francisco González e o Director xeral de Expourense e director...


21-01-2014 - Telefónica mostra un ano máis o seu apoio a Xantar

Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, contará como vén sendo xa habitual, co apoio de Telefónica que se suma así ás grandes empresas provedoras de servizos para o sector da hostalaría, que apostaron polo Salón, converténdose así en patrocinador do mesmo.Deste xeito, Telefónica cederá as liñas que posibilitarán o uso dos TPV por parte dos restaurantes presentes na feira, co obxectivo de que os visitantes que acudan a almorzar ou cear a Xantar poidan realizar os seus pagamentos a través de tarxeta, gozando así dos mesmos...


20-01-2014 - O Camiño de Santiago, protagonista do Día Adicado ao Turismo en Xantar

Co obxectivo de promover o turismo a través da gastronomía, a presente edición de Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, centrarase na promoción da gastronomía do Camiño Mozárabe ou Vía da Prata, a través da presenza dalgunhas comunidades polas que atravesa, incluíndo ademais o Camiño Portugués, e aquelas outras rutas nas que a cidade de Ourense exerce o seu papel de porta de entrada a Galicia.O Salón adicará a xornada do sábado, día 8 de febreiro ao Turismo, e en especial, á promoción do Camiño de Santiago. Así, a Vía da Prata...


20-01-2014 - Vila Real participa por primeira vez cun restaurante en Xantar

O municipio de Vila Real será unha das protagonistas da próxima edición de Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, que se celebrará, en Expourense (Ourense - Galicia), entre o 5 e o 9 de febreiro, cumprindo quince anos adicados a promover o turismo baseado na calidade da gastronomía e a hostalaría. A través da súa Cámara Municipal, Vila Real contará por primeira vez cun restaurante propio que ofrecerá dous completos menús que recollen os produtos con DOP e DOC máis típicos da zona como o aceite Transmontano, a carne de tenreira Maronesa ou o viño espumante e...


17-01-2014 - Ponte da Lima presenta en Xantar a súa nova campaña turística

A Cámara Municipal de ponte da Lima participará en Xantar para promover, entre os miles de visitantes que recibe o salón, a súa nova campaña turística "En temporada baixa, Ponte da Lima en alta " que reúne todas as actividades que este municipio poñerá en marcha dende o 25 xaneiro ata o 9 de marzo.A participación de ponte da Lima pechouse onte en Expourense durante a reunión mantida entre o representante da Cámara Municipal, Paulo Barreiro, e o director de Xantar, Alejandro Rubín, que asinaron un convenio de colaboración que inclúe a...


16-01-2014 - As cooperativas galegas presentarán os seus produtos en Xantar

O Consello Galego de Cooperativas (COGACO) súmase aos patrocinadores do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, aportando o sabor de Galicia co valor engadido da economía social. As cooperativas galegas expoñerán en XANTAR 2014 froitos da terra e do mar, obtidos con todo o coidado dos métodos artesáns, mellorados con procedementos innovadores e envasados coa tecnoloxía máis actual. Todo isto realizado por empresas nas que o seu principal activo son as persoas, e o seu maior resultado, o beneficio social. O stand promovido pola Consellería de...


15-01-2014 - O Comité organizador de Xantar ultima o programa de actividades

O comité organizador de Xantar, integrado por distintos axentes sociais vencellados á gastronomía e ó turismo,  reuniuse hoxe en Expourense para perfilar os detalles da vindeira edición do salón que terá lugar no recinto feiral ourensán entre o 5 e o 9 de febreiro e que se estreará como cita internacional. A participación de Cuba como país convidado será unha das principais novidades xunto a un completo programa de máis de 50 actividades orientadas a profesionais e afeccionados que por vez primeira será de carácter gratuíto. ActividadesO...


14-01-2014 - A Confraría do Viño da Rioxa súmase ao X Encontro Internacional de Confrarías

O X Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas, que se celebrará os días 6 e 7 de febreiro de 2014 no marco de Xantar, contará por vez primeira coa presenza da Confraría do Viño da Rioxa, unha das máis prestixiosas e importantes a nivel nacional.Esta Confraría naceu como Asociación o 30 de xuño de 1984 no Mosteiro de Yuso de San Millán de La Cogolla, despois de ser inscrita na Dirección Xeral de Política Interior do Ministerio do mesmo nome, con data de xullo de 1982. Entre os seus obxectivos principais destaca a exaltación da importante...


13-01-2014 - Reunión de coordinación entre Cuba e a dirección de Xantar

A Directora de Turismo de Cuba para España e Portugal, Dulce Mª Sánchez Morales, o Cónsul Xeral de Cuba en Galicia, José Antonio Solana, xunto ao Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda e directivos de Expourense reuníronse no recinto feiral ourensán para programar os detalles da participación de Cuba como país convidado na decimoquinta edición de Xantar.Os eixes principais sobre os que se asentará a participación do país no "Salón Internacional de Gastronomía e Turismo" serán, por un lado, a gastronomía que...


10-01-2014 - O Botelo, produto estrela do menú do Barco en Xantar

Xantar contará un ano máis coa participación do Concello de Valdeorras que estará presente cun restaurante onde se poderán degustar os produtos típicos da comarca, representando, deste modo, a filosofía deste salón singular, que cada destino promova os produtos gastronómicos que lle identifican e diferencian.No caso do Barco, o referente gastronómico por excelencia é o "Botelo". Un embutido feito co estómago ou intestino groso do porco, recheo de costela de porco picada e adobado con allo, pemento e sal, e despois curado. En Valdeorras, o botelo acompáñase...


09-01-2014 - A gastronomía de Castela e León repite en Xantar 2014

Castela e León repite como comunidade invitada en Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, que se celebra, en Expourense entre o 5 e o 9 de febreiro próximos participando cun restaurante que presentará un menú composto por diversos produtos típicos con Indicación Xeográfica Protexida, entre os que cabe mencionar a Táboa de Chacina ou o Cuarto de Cordeiro Leital de Castela. O restaurante que representa na feira aos produtos de Castela e León será La Casona de Sanabria, situada en Puebla de Sanabria.A participación de Castela e León responde...


08-01-2014 - A Chaîne des Rôtisseurs celebrará un capítulo especial

A Sociedade Gastronómica Internacional Chaîne des Rôtisseurs celebrará durante os días 7 e 9 de febreiro de 2014 un capítulo especial no marco da décimo quinta edición de Xantar, en virtude do convenio de colaboración entre Expourense e o Bailiato Nacional de España, presidido por Amable Prieto.Este capítulo especial inclúe un acto solemne que se celebrará o venres, día 7 de febreiro, no que terá lugar o nomeamento de novas damas e cabaleiros procedentes de diferentes puntos da Pensínsula Ibérica.A Chaîne des Rôtisseurs...


07-01-2014 - Os detalles da 15ª edición de XANTAR desvelaranse en FITUR

Xantar presentará a súa edición de 2014 en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebrará en Madrid este mes de xaneiro. Este acto terá lugar o mércores 22 ás 17.00 h. no stand de Galicia (Pavillón 9-9 C 05/9 C 07).Estarán presentes, entre outras personalidades, María Nava Castro, Directora de Turismo da Xunta de Galicia, Alejandro Rubín, director de Xantar, así como representantes de entidades como o país invitado, neste caso, Cuba, ou o Concello de Ourense.O Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, cuxa 15ª...


04-01-2014 - Cuba, país invitado en Xantar 2014

Cuba será o país convidado de Xantar 2014, o Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, que se celebrará en Expourense entre o 5 e o 9 de febreiro estreando o Selo de “Feira Comercial Internacional” que outorga a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España. Xantar convértese así nunha das cinco citas internacionais de turismo celebradas en España (dúas das cales organiza Expourense).Cuba estará presente en todas as accións previstas para esta 15ª edición de Xantar  promocionando a súa...


03-01-2014 - Abril, a marca de aceite de oliva galego, estará presente en Xantar 2014

Esta empresa ourensana recollía o pasado mes de novembro o "Premio Líder en Calidade" no sector da alimentación, no marco da celebración da Xornada de Exaltación da Calidade organizada, como cada ano, pola Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense.Así mesmo, o pasado outubro Aceites Abril presentaba o Calendario Gastronómico, “Galicia 2014” que contou tamén coa presenza do director do Salón Xantar, Alejandro Rubín. Trátase da quinta edición deste almanaque no que se mostran as posibilidades da gastronomía e os produtos galegos.Aceites...


02-01-2014 - Xantar pasa a ser unha das 5 feiras internacionais de turismo de España

Unha das citas máis relevantes do calendario feiral de Expourense, neste caso XANTAR, o Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, adquire a consideración de "Feira Comercial Internacional", segundo a resolución da Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España, adoptada o pasado 16 de decembro de 2013 e publicada no Boletín Oficial do Estado o mércores 25 de decembro.Esta resolución converte por primeira vez en internacional a XANTAR, que ademais de contar coa presenza de Portugal dende a súa primeira...


27-12-2013 - Xantar contará un ano máis, co sabor inconfundible de Estrella Galicia

O Grupo Hijos de Rivera confirmou un ano máis a súa presenza na décimo quinta edición de Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, no que de novo os miles de visitantes que acudan á feira poderán degustar a gran variedade de produtos de que dispoñen: auga, cervexa, sidra, sangría, tinto de verano…Actualmente, o Grupo Hijos de Rivera dirixe o seu plan de expansión cara ao mercado internacional dende o ano 2012. A cuarta xeración deste Grupo empresarial abre novas e grandes frontes comerciais. Os máis destacados son a filial "Rivera-Shanghai"...


26-12-2013 - Grupo CEPSA estará presente en Xantar 2014

A Compañía Española de Petróleos volve a mostrar o seu apoio a Xantar converténdose un ano máis en patrocinador do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebrará en Expourense do 5 ao 9 de febreiro de 2014.Deste modo, Cepsa continúa formando parte do grupo de empresas que participarán neste salón e que coinciden con el na defensa e promoción da calidade da gastronomía galega.Ademais, o Grupo involucrarase activamente no Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, asesorando sobre os diversos produtos e servizos que poñerán...


23-12-2013 - Viana do Castelo presenta o seu patrimonio cultural e gastronómico

Viana do Castelo é a cidade atlántica mais ao Norte de Portugal, que destaca pola riqueza do seu patrimonio natural, monumental e histórico e os seu excelentes equipamentos culturais, deportivos e sociais e como non pola súa rica gastronomía.A cidade ten, tambén, unha boa capacidade hoteleira, para acoller aos turistas.Tal e como ven sendo habitual nos últimos anos, este muncipio, manterá entre as súas estratexias de promoción coa presenza neste Salón singular,Xantar.A riqueza da etnografia...


20-12-2013 - A Deputación de A Coruña promoverá os atractivos turísticos da provincia en XANTAR

A Deputación Provincial da Coruña participará en Xantar cun stand institucional dende o que darase a coñecer a oferta turística e gastronómica da provincia.O obxectivo da institución a través da súa presenza no Salón é contribuir ao desenvolvemento económico da provincia, prestando apoio aos equipos técnicos dos gobernos locais mediante a implementación de modelos territoriais que xeren riqueza, fomenten o emprego, e melloren a calidade de vida dos cidadáns da provincia.A promoción turística articularase ao redor dos seguintes...


19-12-2013 - A gastronomía do Douro poderá degustarse en XANTAR

Esta rexión portuguesa estará representada polo restaurante Garçon Douro, que foi un dos máis valorados na última edición, e que contará cunha proposta de menú moi variada.O Douro promoverá ante miles de visitantes, os pratos e os produtos máis típicos da gastronomía duriense entre os que destacan: o xamón de Lamego, afumados, queixos rexionais variados, ensaladas de bacallau e orella, fígado encebolado, fritos de bacallau, rojõezinhos Douro, tenreira... acompañados de viños e sobremesas rexionais.O restaurante Garçon Douro...


18-12-2013 - Xantar contará un ano máis coa participación activa de Cafés Lisboa

Cafés Lisboa, un dos clásicos do salón XANTAR, continuará participando activamente na feira ofrecendo durante a próxima edición de 2014, diversas degustacións de café.Esta empresa ourensana, é un dos patrocinadores máis emblemáticos do Salón, pois durante os 5 días ofrece café de modo gratuíto a todos os visitantes e subministra a todos os restaurantes da feira.Edición tras edición, o stand de Cafés Lisboa convértese nun dos máis visitados configurándose como punto de encontro entre expositores e visitantes, e chegando a servir máis...


17-12-2013 - A Consellería de Mar e Medio Rural participará en Xantar 2014

A Consellería de Medio Rural e Mar da Xunta de Galicia promoverá, durante a décimo quinta edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, os diferentes produtos agroalimentarios e pesqueiros de calidade galegos.A Consellería que dirixe Rosa Quintana estará presente no salón cun stand institucional e promoverá diferentes actividades, entre elas un showcooking diario, dende o mércores 5 ata o sábado 8 de febreiro, ás 13.00 horas na Aula Gastronómica de XANTAR.O SECTOR PESQUEIROO sector pesqueiro...


16-12-2013 - Xantar promóvese na Feira de Autónomos de Galicia

Xantar estivo presente en FEMAGA 2013, a Feira de Autónomos de Galicia, que se celebrou en Expocoruña do 4 ao 8 de decembro e na que o salón internacional contou cun stand no que se informou da que será a décimo quinta edición de Xantar, en especial, do paquete turístico que xa se está a comercializar.Polo stand de Xantar déronse cita miles de visitantes, entre os que cabe destacar a presenza dalgunhas autoridades públicas como foi o caso de Carlos Negreira, alcalde da Coruña, que se achegou ao stand interesándose pola programación xeral da feira, en...


14-12-2013 - Xantar promoveuse na Feira de Artesanía e Gastronomía de Vila Real

Xantar estivo presente na 16ª edición da FAG, a feira de artesanía e gastronomía máis importante da rexión, que tivo lugar en Vila Real, Portugal, do 29 de novembro ao 1 de decembro 2013, organizada pola NERVIR (Asociación Empresarial de Vila Real) e que contou co apoio da Cámara Municipal de Vila Real, cidade coa que Ourense está irmandada dende hai anos.Expourense vén traballando dende hai xa tempo coa NERVIR en proxectos de cooperación transfronteiriza para facilitar un espazo de intercambios comerciais entre empresas e tamén no que respecta ao sector...


08-12-2013 - Xantar comercializa o seu paquete gastronómico termal en FEMAGA

Xantar, o Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, que celebrará a súa décimo quinta edición do 5 ao 9 de febreiro de 2014, comezou xa a promover e a comercializar o seu paquete gastronómico termal.Este paquete, denominado "Paquete Xantar" ofrece tarifas especiais de aloxamento no Hotel Carrís do centro da cidade e no Balneario de Augas Santas. Outro dos paquetes que pronto se comezarán a comercializar será o Avant que ofrece a posibilidade de realizar unha excursión dun día a Ourense dende A Coruña e Santiago, incluíndo a visita á ribeira termal...


24-11-2013 - Xantar e o Festival de Chocolate e Vinho do Porto compartirán promoción

Francisco Guedes, responsable de Douro Wonderful Events e Alejandro Rubín, director de XANTAR, asinaron un acordo que abre o camiño para a divulgación e promoción dos respectivos eventos que se van realizar proximamente. O "Festival de Chocolate e Vinho de Porto" que será a próxima fin de semana na cidade de Régua en Portugal e Xantar 2014, que se celebrará do 5 ao 9 de febreiro en Expourense.Esta fin de semana tivo lugar en Expourense un acto de presentación do II Festival de Chocolate e Vinho do Porto. Pedro Sigorelho, xefe de cociña pasteleiro e responsable...


18-11-2013 - Reúnese o primeiro comité de Xantar 2014

Con motivo da preparación da que será a décimo quinta edición de Xantar, que terá lugar en Expourense do 5 ao 9 de febreiro do ano próximo, reuniuse en Santiago o Comité Asesor da feira.Este primeiro encontro estivo presidido por María Nava Castro, directora da Axencia Galega de Turismo, que estivo acompañado por Alejandro Rubín, director da feira, e Francisco González, presidente do Clúster de Turismo de Galicia. Ademais, estiveron presentes, entre outros, Alberto Otero, Director do IES de Vilamarín, Emilio Cuiña, Técnico de Turismo do Concello de...


31-10-2013 - Galicia promóvese no Festival Nacional de Gastronomía de Portugal

Galicia participou un ano máis como "país invitado" no Festival Nacional de Gastronomía de Portugal, celebrado en Santarém a través do convenio mantido coa organización de XANTAR.Galicia contou cun “día adicado”, o xoves 31 de outubro. A participación neste certame foi coordinada por Expourense en representación de XANTAR, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, e contou co patrocinio da Axencia Galega de Turismo e coa colaboración do Concello de Ourense.As accións arrancaron cunha presentación de Galicia como destino...


18-10-2013 - Día de Galicia no 33º Festival Nacional de Gastronomía de Santarém

•Galicia e Ourense  promocionaranse como destino gastronómico no 33º Festival Nacional de Portugal• O día de Galicia terá lugar o XOves 31 de OutubroA celebración do Día de Galicia , no33 Festival Nacional de Portugal terá lugar o Xoves 31 de Octubre e entre as accións destacadas estará a presentación a prensa, de Xantar 2014, 15ª Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebrará en Expourense do 5 o 9 de Febreiro do 2014.A celebración do Día de Galicia incluirá ademáis...


04-07-2013 - Recoñecemento á Municipalidade de Ate pola súa labor en Xantar 2013

Alejandro Rubín Director Xerente de Expourense fai entrega a Óscar Benavides, alcalde de Ate, o recoñecemento pola súa profesionalidade e súa labor en Xantar, Salón de Gastronomía e Turismo que celebrou a súa 14º edición no mes de marzo en Orense. Nesta edición pasada contaba con Perú como país anfitrión, para promocionar a súa gastronomía, turismo, artesanía e productos agroalimentarios.Perú conta co aval internacional recoñecido pola revista World Travel Awards de 2012, onde sitúano na cabeza da lista como o mellor...


11-03-2013 - Xantar 2013 mantiene la cifra de más de 20.000 visitantes

Xantar 2013 cerró las puertas de su decimocuarta edición el pasado 10 de marzo, después de cinco días de intensa actividad, durante los que los profesionales del sector y el público general volvieron a mostrar su fidelidad con esta cita consiguiendo que el salón mantenga su número de visitantes, más de 20.000, y aumente la cifra de comidas y cenas ofrecidas por los 19 restaurantes, superando las 17.600. Las más de 150 actividades del programa, con una media de dos por hora de duración del salón, fueron seguidas por más de 6.000 participantes, en su...


04-03-2013 - Xantar 2013 dinamizará o turismo enogastronómico de proximidade en España e Portugal

Ourense, 04/03/2013.- XANTAR chega a súa 14ª edición co obxectivo de dinamizar o turismo de proximidade coa gastronomía de Galicia como principal motivación. A creación de distintos paquetes turísticos e accións de promoción ten a finalidade de que, entre o 6 e o 10 de marzo, veñan ata Ourense visitantes de toda Galicia, Portugal e comunidades limítrofes.O salón foi presentado esta mañá nun acto celebrado en Expourense no que participaron o presidente do Comité executivo de Expourense e da Cámara de Comercio de...


 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017