Existen varios xeitos de participación na Feira:

Participación como Restaurador: en Xantar instálanse un gran número de restaurantes e os visitantes acoden á feira para gozar dos menús que se publicitan. Consulte aquí as tarifas.


Participación como Colaborador: os colaboradores figuran na páxina de colaboradores do Libro da Feira, ademais de figurar en material publicitario que se entregará ao longo da feira e nos tótem que se despregan, ademais de contar con información na web oficial. Consulte aquí as tarifas.


Participación como Partner: os patrocinadores de Xantar 2017 dispoñerán dun espazo de ata 30m2 en Feira, figurarán en anuncios nos medios de comunicación e en revistas especializadas, así como en todo o material publicitario que se edite. Consulte aquí as tarifas.


Participación como Expositor: Xantar é unha xanela aberta para que institucións, padroados de turismo, rexións turísticas, e concellos poidan promocionar as súas festas gastronómicas e atractivos turísticos e culturais para atraer a novos visitantes. Así como tamén empresas do sector turístico e gastronómico aproveitan o salón para promocionar os seus produtos e servizos. Consulte aquí as tarifas.


Participación no Catálogo da Feira: os expositores ou empresas interesadas poden contratar un espazo publicitario no Catálogo que se publica con motivo dá feira. Este Libro ten un gran alcance xa que se distribúe en moitos lugares. Consulte aquí as tarifas.

 

 

Se ten calquer dubida, póñase en contacto co noso Departamento Comercial no +00 34 988 36 60 30 ou enviando un mail a info@xantar.org 

 

 

 

 

 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017