O labor de promoción da gastronomía galega, así como do sector turístico e do fomento da calidade na hostalaría, realizada nestes dezaseis anos por Xantar ten merecedora de diversos recoñecementos.

O último destes recoñecementos foi o outorgado pola Asociación Día de Galicia en Asturias que premiou a traxectoria de Expourense na dinamización da actividade empresarial de Galicia e destacou a relación de cooperación xurdida entre a Fundación e distintas entidades empresariais de Asturias a raíz da participación desta comunidade en Xantar.

 

 

Outro recoñecemento foi o outorgado pola Confraría Gastrónomos del Yumay, de Avilés (Asturias) distinguiu como Comensal de Honra "Álvaro Cunqueiro" a Alejandro Rubín, en calidade director do Salón Xantar.

 

 

 

 

No 2012 tivo lugar o nomeamento do director de Xantar, Alejandro Rubín, como Cofrade de Honra do Queixo Manchego. Este acto tivo lugar durante o XV Gran Capítulo da Confraría do Queixo Manchego celebrado en Cidade Real o pasado mes de outubro. Asistiron ademais veintinove confrarías gastronómicas de Francia, Portugal e España, representantes á súa vez de outros tantos produtos de calidade recoñecida.

 

 

Tamén durante 2012, Xantar foi investido embaixador da Orde do Melindre do concello coruñés de Melide. Un recoñecemento que recolleu o seu director e que trae consigo o compromiso de exaltar a calidade do Melindre, a súa pota en valor como produto autóctono e motivación turística e a promoción dentro e fóra de Galicia.

 

 

Outras distincións foron concedidas polas Confraría de Gastrónomos das Azores, que tivo lugar en Ponta Delgada, e da Confraría do Viño de Tenerife, en Canarias. Estas mencións representan para o certame a valoración de colectivos de profesionais do sector que constitúen importantes grupos de opinión.

A Federación Española de Confrarías Vínicas e Gastronómicas, FECOES, que quixo recoñecer a labor de Expourense a favor da promoción da gastronomía facéndolle entrega a Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, do Premio Nacional FECOES 2008.

O Libro de Xantar foi nominado ós Premios do Turismo e a Gastronomía, HG&T-AGAXET (Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo), liderada dende o xornal "Hostelería Galega & Turismo" que puxo en valor o papel do "Libro de Xantar" introducíndoo na categoría de Mellor labor de divulgación turístico-hostaleira.

Unhas das últimas distincións concedidas a Xantar corresponde ó galardón entregado na rexión portuguesa de Douro pola Confraría dos Enófilos, con motivo da celebración do 250 aniversario da Rexión Vitivinícola Demarcada e Reglamentada máis antiga do mundo. Esta Confraría, integrada por empresarios do sector do viño en Portugal, e outros expertos enólogos, xornalistas e persoalidades do país luso premiaron a exaltación que o salón realiza dos caldos de calidade, entre outras accións a través da cata comentada realizada no marco do Encontro de Confrarías Gastronómicas e Enófilas de España e Portugal, que celebrará a súa sexta edición o xoves 4 de marzo en Expourense.

Outra distinción foi a concedida por parte confrarías gastronómicas de Portugal, en recoñecemento á difusión e promoción da gastronomía ibérica. O galardón consistiu no nomeamento do Director Xerente de Expourense como Confrade de Honra por parte da Confraría da Panela ao Lume na cidade de Guimaraes.

O Salón estivo presente na Mostra Nacional de Gastronomía celebrada no Hotel Ritz de Madrid, na que se promocionaron distintos productos autóctonos de Galicia entre numerosos empresarios e xornalistas nacionais de turismo e gastronomía. O conselleiro de Turismo de Navarra tamén coñeceu a especial proposta que presenta Xantar en Expourense.

A promoción das festas históricas tamén foi recoñecida co Premio de Gastronomía de Galicia 2005, entregado no decurso da sétima Gala, celebrada o 28 de Xaneiro en Lalín (Pontevedra) e organizada polo Concello de Lalín e maila Asociación de Amigos da Cociña Galega.

A promoción do sector turístico a través dunha "moderna oferta ferial" foi merecedora dunha distinción para a revista de tirada nacional, Viajes y Turismo, que despois de coñecer o Salón de Xantar e difundilo nunha ampla reportaxe a través do seu medio, seleccionou a Expourense como a "Mellor Institución Feiral".

A Gala de Hostalaría Galega, celebrada na localidade ourensá de Monterrei o 18 de marzo de 2002, tamén premiou a Xantar na figura do seu director, Alejandro Rubín, polo traballo realizado a prol da gastronomía da terra.

 

 

Fundación Feiras e Exposicións Ourense C.− Finca Sevilla S/N 32005 − Ourense Tl. − +0034 988 366 030 info@xantar.org Cómo llegar   Aviso legal − 2017